37.300 persoas despedidas inxustamente no 2009

37.300 persoas despedidas inxustamente no 2009


Para poder despedir a unha persoa o empresario ten que demostrar causas imputables ao traballador/a ou causas obxectivas, si as causas non son reais ou non son demostrables, é dicir si o despedimento é inxusto, o empresario elixe entre readmitir ou pagar unha indemnización. Tres de cada catro despedimentos en Galiza durante o 2009 responden a esta fórmula. A nivel do estado os despedimentos inxustificados eleváronse a cincocentos mil.

O goberno Aznar excluíu a tutela xudicial efectiva en caso de despedimento, xa que  cando o empresario recoñece que este é improcedente consignando a correspondente indemnización acabouse o conto. Practicamente ninguén recorre xudicialmente nin sindicaliza os despedimentos (a CIG na Banca si) cando o que podes conseguir é unha indemnización que xa tes na man. É o chamado despedimento express.

Non é lóxico que ante un acto inxustificado do empresario sexa este o que elixa entre readmitir ou pagar, a elección debería recaer na vítima do despedimento. Mais absurdo é que na contrareforma laboral o PSOE abarate a indemnización dos despedimentos nestes casos e incluso que unha parte da mesma vaia por conta do FOGASA, órgano da administración que se nutre das cotizacións empresariais pero tamén de diñeiro público.

Sería lóxico que unha multa de tráfico fose pagada a medias entre todas as persoas con permiso de circulación e facenda?, evidentemente sería un absurdo, como absurdo é que paguemos entre todos e todas os despedimentos inxustos dos empresarios. Un bo motivo para ir a folga o 29 de setembro.