29 de Setembro: Folga Xeral
Ecoloxismo e dereitos sociais
Estamos xa ás portas dunha xornada de mobilización europea contra dos recortes sociais que no Estado Español coincide cunha convocatoria de folga xeral contra do recorte das pensións e os recortes salariais na función pública, contra do recorte de dereitos laborais fundamentais que as Cortes do Estado veñen de referendar, e contra dos plans do Goberno Central de retrasar a idade de xubilación e reformar o sistema de pensións.
Ante unha semellante política de recorte dos dereitos sociais e laborais e da continuada degradación das condicións de vida da cidadanía, é evidente que sobran razóns para a convocatoria dunha folga xeral e para, todas e todos, traballarmos na procura dun seguimento masivo da mesma por parte do conxunto da poboación:
-trátase, en primeiro lugar, de expresar a irritación de todas e todos nós por unha política económica e social que quere recuperar o nivel de beneficios da especulación financeira á costa dos salarios de traballadores e traballadoras, á costa das pequenas e medianas empresas e á costa das condicións de vida das clases populares;
-trátase, en segundo lugar, de expresar a nosa indignación pola docilidade con que este goberno de Zapatero, de palabrería progresista, se ten sumado ás mesmas consignas do Fondo Monetario Internacional que, en África, Asia e América Latina, teñen provocando a miseria xeralizada das clases populares e a expoliación irracional e incontrolada do seu medio ambiente e de todos os seus recursos naturais, conducindo, con elo, a resultados absolutamente catastróficos tanto social como ambientalmente;
-e trátase tamén, por descontado, de, -fronte aos intentos de querer converter a crise económica nunha especie de catástrofe natural contra a que non caben máis alternativas que as que recomenda o Fondo Monetario Internacional e a Banca Mundial-, ofrecer alternativas que respecten o poder adquisitivo e os dereitos socio-laborais das clases traballadoras: a recuperación dunha banca publica que promova a inversión produtiva e social fronte á especulación da banca privada; a recuperación do emprego e da empresa publica para asistir aos sectores estratéxicos da economía atendendo máis á rendibilidade social que á económica; unha política fiscal progresista que, en lugar de impostos indirectos, persiga o fraude e grave as grandes fortunas e os enormes beneficios do capital especulador e, por suposto, iniciar as bases dun cambio de modelo que antepoña o interese social ao negocio privado. Trátase, en definitiva, de avanzar en medidas que nos acerquen a un modelo económico, político e social que poña as plusvalías ambientais e do traballo ao servizo, non do crecemento especulativo, senón dunha maior calidade e nivel de vida do conxunto da sociedade.
Dende o ecoloxismo social, -que sabemos que a depredación dos recursos naturais, do patrimonio natural e do medio ambiente é a mesma depredación que o capital practica sobre as plusvalías que xeran traballadores e traballadoras-, temos razóns a maiores para comprometérmonos coa convocatoria desta folga xeral. É o momento de explicar ao conxunto da cidadanía, empezando polo sindicalismo de clase e os partidos políticos, que a crise económica e a crise ambiental son a mesma crise e que, polo tanto, no actual contexto deste modelo neoliberal globalizado, non vai ser posible superar cada unha delas por separado: se ao final da Idade Media o ouro e a prata e demais recursos naturais das colonias do Novo Mundo fixeron posible o nacemento do capitalismo; se máis tarde os recursos de ferro e carbón fixeron posible o nacemento da Revolución Industrial; se finalmente a explotación do petróleo e dos recursos enerxéticos dos ríos ,-grazas as infraestruturas do transporte, á universalización da electricidade e ás novas tecnoloxías da comunicación-, fixeron posible a globalización deste modelo económico neoliberal, non hai hoxe recursos naturais na Terra, -como ata agora-, permitan aliviar a explotación de traballadores e traballadores deste noso primeiro Mundo sen poñer en grave risco a mesma supervivencia da vida no planeta e a supervivencia de nós mesmos e do noso nivel de civilización e sen, ao fin, agravar aínda máis as miserias e conflitos nese Terceiro Mundo ao que cada vez todos nos acercamos máis.
Dende esta primeira premisa os ecoloxistas galegos, e o nacionalismo no seu conxunto, ten que saber reivindicar deste goberno (ausente) do Sr. Feijóo e ten que saberlle explicar á cidadanía que:
- sen abandonar as pretensións de querermos imitar o modelo agro-industrial doutros países e sen volvermos a un sector agrario económica e ambientalmente sustentable, con base nos recursos da terra;
- sen recuperar e preservar do lume e da especulación do monocultivo forestal os tradicionais servizos medioambientais do monte, -e moi especialmente dos montes en man común-, no relativo á conservación dos recursos hídricos do solo, á conservación da biodiversidade e riqueza forestal;
- sen apostar con firmeza pola defensa dos recursos e valores naturais, ambientais, sociais, culturais e paisaxísticos dos nosos espazos protexidos (e do territorio en xeral) fronte a todo tipo de especulación e/ou de explotación irracional;
- sen defender a sustentabilidade dos recursos do mar en beneficio dos mariñeiros; sen frear a súa sobreexplotación por parte dos monopolios pesqueiros e sen poñer coto á irracional demanda dos parques en terra de tecnoloxía alimentaria;
- sen defender a vida, a paisaxe, a historia, a cultura e a identidade dos nosos ríos fronte á especulación dun negocio hidroeléctrico que ten máis que sobreexplotados os nosos recursos fluviais;
- sen cambiar o actual modelo de xestión de residuos apostando realmente pola redución, a recuperación e a reciclaxe en lugar de seguir defendendo a insalubridade e irracionalidade, ambientalmente insustentable, da incineración;
- sen devolver os recursos eólicos ao dominio público e sen seren estes explotados con criterios de sustentabilidade ambiental en beneficio da propiedade do monte e da economía da zona;
- sen un plan de mobilidade que recupere e potencie os camiños de ferro e o transporte colectivo fronte ao insustentable crecemento do parque de vehículos e a súa insaciable demanda de máis e máis grandes infraestruturas de transporte por estrada;
-sen, en fin, nada de isto dificilmente poderá Galiza e poderán os nosos labregos e labregas, os nosos mariñeiros e mariñeiras, os nosos traballadores e traballadoras, as nosas pequenas e medianas empresas, recuperarse dos efectos desta crise económica.
Nesta folga xeral xogámonos que o modelo neoliberal poda seguir afondando na explotación das clases populares e na expoliación da natureza ou que, en cambio, poda representar o inicio dunha loita, firme nos principios e decidida nas accións, en defensa doutro modelo económico e social.
Nesta folga xeral, non pode o ecoloxismo ficar mudo.