22-M: por unha política patriótica e de esquerdas
Está en causa ben máis que a composición das cámaras municipais, está en causa frear en seco a deriva dereitista e antidemocrática dun bipartidismo estatal
Unha política patriótica e de esquerdas. Iso é o fai falta neste momento histórico, o que faz falta é dar poder á malta, o que faz falta, que diría o Zeca, ou, en linguaxe moderna, empoderar ao pobo, interpelalo para que, desde a consciencia do seu poder, decida tomalo na súa man e exercelo, sen agardar a que outros resolvan por el os seus asuntos. Unha política patriótica e de esquerdas é o que faz falta aquí, na Galiza, e tamén en Portugal, agora que o país irmao está a piques de se tornar nunha sorte de protectorado do gran capital europeu transnacional (transnacional, si, pero de inequívoca matriz alemá).
Estamos a poucos días das eleccións municipais e o que está en cuestión é se seremos quen ou non de frearmos as políticas de dereita. En Galiza dicer políticas de dereita é tamén dicer políticas españolas e/ou unionistas europeas. Aquí o problema xa non é tanto o neoliberalismo, considerado este como unha doutrina concreta que nun dado momento impulsiona o proceso globalizador, senón o propio desenvolvemento do capitalismo na súa fase post-industrial. Neste estadío o capital financeiro (derrotado xa o capital produtivo) quer todo supeditado a si, ás súas necesidades vitais de expansión. E aí non hai limites: lánzanse programas masivos de privatización (véxase o Reino Unido con Cameron), intervéñense Estados pseudosoberanos como se estivésemos na Latinoamérica dos 80 (Grecia, Irlanda, Portugal), atácase con saña o movemento obreiro (coa cumplicidade dos quintacolumnistas de quenda) e mesmo como estrambote se reivindica a monarquía dos Windsor como unha forma de goberno máis moderna que a propia República (lido na imprensa francesa de xinea pretensamente progresista!).
Que fique claro: as políticas de dereita non son só as políticas do PP. Son as políticas inspiradas nos designios do capital, as políticas que valeiran de contido as institucións parlamentares de representación popular, as políticas que se traducen en que finalmente as decisións non se toman nos consellos de ministros, mais si en despachos de altos edificios acristalados, o poder político convertido nunha sección máis do European Bank Party, con sede en Berlín, of course.
Unha abrumadora maioría dos eleitores do Estado español recusan a contrarreforma das pensións perpetrada polo goberno social-liberal presidido por Zapatero e vicepresidido por Rubalcaba. Pois ben, só 8 dos 350 deputados e deputadas -dous deles do BNG- votaron en contra dela no correspondente debate parlamentar. Ítem máis: unha recente enquisa dun meio de ámbito estatal revela que a porcentaxe de cidadáns do Estado que repudian a intervención militar española en Libia é ben maior que a dos que a adiren. Que pasou cando se votou no Congreso? Que só tres representantes da vontade popular votaron conforme a esta, dous deles tamén do BNG. Estamos a un paso dunha crise de lexitimidade do sistema de representación político nunha democracia que, arquitecturada en boa parte polos herdeiros do fascismo, sempre foi de baixa intensidade.
Hai, pois, unha estratexia do capital para impor determinadas políticas, hai tamén uns partidos (PP e PSOE) que se pregan a esa estratexia e logo hai toda unha estrutura de poder (desde a xudicatura até o aparato mediático pasando pola propia lei eleitoral) que blindan o statu quo e fano aparentemente invulnerábel, sen importarlles absolutamente nada que para tal fin se converta en papel mollado o adxectivo "formal" con que os clásicos cualificaban as tamén chamadas democracias burguesas.
DEPENDENCIA AGUDIZADA
En Galiza as políticas neoliberais son devastadoras. Son as responsábeis de que Galiza vise agudizada a súa estrutural situación de dependencia nas últimas décadas. Estancamento económico, declinio demográfico, esganamento da estrutura produtiva, emigración de mozos e mozas ben formados, son algunhas das secuelas dun intenso tratamento de choque que ten levado ao noso País a un estado de absoluta emerxencia nacional.
O CAPITAL DESTRÚE TRABALLO: 250 MIL DESEMPREGADOS
As políticas de dereita son as responsábeis de que no Estado haxa neste momento 5 millóns de parados e na Galiza a cifra se sitúe nun récord histórico, en 250 mil desempregados. O capital destrúe traballo para colocarse nunha mellor situación a medio prazo, para reatar o proceso de acumulación de acordo coa súa conveniencia. A destrución é implacábel con Estados soberanos -a triada Grecia-Portugal-Irlanda-, así que é evidente que en colonias interiores como Galiza os danos son aínda máis profundos (porque mesmo careces dun aparato de Estado que eventualmente podas resgatar para o pór ao servizo das maiorías sociais).
O 22 de Maio o corpo eleitoral galego debe decidir, en definitiva, se mantén a súa confianza no proxecto elitista, neoliberal e antipopular do bipartidismo español -o que soergue as políticas de dereitas- ou se decide xogar a única carta galega, patriótica e de esquerdas que concorre ao proceso electoral, a carta do nacionalismo galego.
Está en causa ben máis que a composición das cámaras municipais, está en causa frear en seco a deriva dereitista e antidemocrática dun bipartidismo estatal que xa no seu delirio hexemonista é quen de conculcar dereitos fundamentais (desde Bildu até a candidatura nacionalista en Arzúa) con tal de transmitir con clareza a idea de que son moi quen de aniquilar o adversario político. Por empregar unha expresión utilizada por Guillerme na Convención eleitoral do BNG, está en xogo pararmos as divisións pánzer da dereita española que, unha vez conquistada a Xunta de Galiza, se apresta agora a asaltar vilas e cidades para continuar o espolio do patrimonio público, para o entregar en bandexa de prata ás súas empresas amigas (así son os neoliberais, utilizan o sector público non para acrecentar o benestar colectivo, senón para transferir a renda da maioría aos petos das minorías).
ASPIRAR A ESPAZOS DE LIBRE DECISIÓN
A única alternativa é aspirar a espazos de libre decisión sobre os que o Deuschtbank non teña mando. Así están as cousas neste momento. Deste lado, os que acreditamos na democracia como poder do pobo. Daquel outro, os que pronuncian a palabra democracia pero pensan na palabra plutocracia (ou quizá tal vez no vocablo cleptocracia). O continuismo coas receitas do bipartidismo español levan a Galiza a un beco sen saída, á súa lenta extinción. Non podemos continuar así nin un minuto máis se non queremos ver comprometida a propia existencia de Galiza como un país minimamente viábel do ponto de vista económico e demográfico. Os nacionalistas galegos temos de impulsar un gran cambio histórico -que o País rache cos que defenden a súa dependencia política e económica- e facelo xa. E iso só se pode facer coa participación dos miles de compatriotas que se senten galegos e de esquerdas. O 22-M é unha excelente oportunidade para encetar a mudanza que Galiza precisa.