Xosé Chao Rego, grazas pola tua labor

Xosé Chao Rego, grazas pola tua labor

Saíu a luz, o Día da Patria, un libro editado pola Fundacións Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas que recolle 24 estudos detallados da obra e persoa de Xosé Chao Rego. É de certo unha satisfación e orgullo para todos nós, o amosar o aprezo ao multidisciplinar escritor Galego. Que priviléxio ser lectores de tan magnifico escritor. Pero cando os homes e mulleres, deste pais, que cunha preocupante e constante esforzo, nos dan a coñecer as nosas realidades, dunha forma rigorosa e científica, terán entrada no sistema educativo galego, e serán lidos dunha forma maioritaria por os galegos?

Chao Rego é un deses homes que co seu traballos na investigación e no ensaio, en múltiples facetas, eleva as nosos artes e universaliza a nosa cultura dunha maneira eterna. Ben sabe Chao, que sen esforzos por analizar a nosa realidade, nada podemos construír para o presente e moito menos para o futuro, con sólidas raíces. Chao deunos raíces fundas con seus escritos e contribución, dunha forma inigualábel, para achegarnos a certas materias; como é o priscilianismo, a muller, a igrexa popular e mesmamente a homoxesualidade. Que ben sabe encadear os diversos aspectos da nosa sociedade, nese espazo xeográfico da pátria.

Aconséllovos a lectura deste libro, que analiza as diversas materias sobre as que traballou Chao. E no que participan destacados escritores e estudosos do noso. Pero para perceber a súa obra hai que lela. A moitos pasounos que as lecturas dos seus libros, fixeronnos mais conscientes da nosa realidade; máis nacionalistas. Coñecer un pouquiño máis o noso cada día e vacinarnos contra a opresión da España oligárquica. Como di el mesmo, renacemos mais galego. Así que a mellor homenaxe que lle podemos tributar todos e lendo os seus libros.

Aquí recollo un anaco do seu texto, publicado agora.

" Os amigos defínenme como "animal relixioso" e pasei media vida querendo acumular graza e chegar a santo. O graciómetro non funcionaba malia o idealismo voluntarista da miña mocidade. Estudaba para santo e sempre fun quedando para setembro. Ata que me fun convencendo de cambiar de carreira, pois nunca daría chegado a tal fazaña canónica; propúxenme aprender a ser simplemente humano, relativizando e aprendendo a sorrir da propia pouquidade.

A conversión étnica foi algo serodio de máis. Era coma ese pito cairo, que cantou Manuel María, e que non daba chegado a capón. Logo andei os pasos debidos: que lle debía tanto á propia conciencia coma aos estímulos dos bos e xenerosos, para renacer galego, aos que me fun achegando.

Agradezo a súa xenerosidade, da que é moi sonora proba esta homenaxe; agasallo dos que xa en 1963 madrugaron co canto do galo. Coma quico novicio que ergue a crista para subir ao poleiro, brindo cun aturuxo, que ha de ser un modesto agradecido quiquiriquí.

Grazas"