Vilachá: as adegas ledas
Convén que a cabeza deixe as néboas, porque son estas perigosas hoxe e necesitamos manter a esperanza. E para iso, darlle gusto ao corpo tamén como respiro deste caos. Buscar aqueles momentos que foron, ledos ou tristes pero sempre humanos, os que hoxe temos cargándolle isto, a festa, a feira, a alegría ou o gozo como bandeira necesaria sen a cal o caos non terá alternativa.
Por iso hoxe queremos voar a Vilachá, e o domingo estar alí pisando a terra dos devanceiros que levaban a uva mencía desde as costas precípitas baixando as congostras do Sil, todo ao lombo, trebellos e culeiros cargados de negros e tintados acios para encher despois as arcas e pisalos nós, os nenos (as nenas non), e pasalos axiña en baldes á cuba limpa e fresca xa.
En Liñares miña nai, coas mulleres, na cociña, preparando o caldo e o polo, alimentos gorentosos preferidos. O arrecendo que saía ao patio e á adega poñía contentos a quen gobernaban os outros labores do viño. E o tío Luís tratando de embebedar os homes, os mozos, co viño tostado do ano anterior en copos cumpridos. Fascinábanme a min, nos preparativos inicias, os acios pendurados das trabes do corredor e doutros cuartos, ir comprobando como se ían engurrando pero mantendo o liquido dourado que enchería o pipote. Néctar de deuses, alimento medido da alegría e o pracer.
A paisaxe conforma as xentes na súa personalidade propia. A paisaxe, os traballos, a relación coa palabra compartida, o viño ou o caldo, por así dicir. Comprobei arreo, pasados os anos, que as terras de viño acostuman ser máis ledas e comunicadas que as que non o cultivan. Enriquécense contos e lendas, e parece como se se multiplicasen fronte a culturas sen tal produto. Esas formas de ver as cousas con máis optimismo, quizais disposición ao risco. Interesante sería, de ter outro espazo, falar dos países de Oriente e Occidente a cabalo do viño e as súas consecuencias. Penso agora en Shiraz, cidade do viño, das rosas e dos poetas, aló polas terras dos persas, iranianos hoxe. A xente vai en masa aos mausoleos dos poetas a ler os seus versos e mesmo aínda conservan a Sorte do Paxariño que che pode dar un poema de Hafez, Omar Kaián ou Ferdusi. Aquí xa se perdeu hai anos.
E Vilachá, corazón humilde e fermoso do Val de Lemos, onde a arte popular soubo construír e conservar o colectivo en harmoniosas adegas de pedra baixando suavemente ao pé dun regato e baixo a sombra respirada de castiñeiros e carballos, outro monumento. Nas altas temperaturas do verán ou da primavera, tomar un viño no seu frescor natural pode ser un deses momentos felices máis intensos. Simplemente, un viño das ribeiras do Sil, aquí polo Val de Frades ou o Piago, a ser posíbel cunha freba de xamón ou queixo, e xa o mundo xirará doutra maneira, e a esperanza contra o caos poderá coller o verde tenro que agora mesmo vai vestindo os castiñeiros. Despois, un paseo deica o Mirador da Capela, en distancia apropiada e camiño chairo.
Ábrese a feira do Viño de Vilachá con forzas renovadas este ano. Bo traballo o do concello da Pobra do Brollón para ter todo a punto e con variadas actividades. Mais o mellor será a comunicación e o paseo polas adegas, as roscas de Sober, os viños das diferentes adegas, a cerámica de Gundivós, os produtos da zona valega, as empanadas de Monforte, a música dos gaiteiro e gaiteiras alimentando esa sensación do completo. Se algo distingue esta Feira fronte ás outras, polo espazo e o escenario das adegas, é esa familiaridade de sentirse como unha familia grande na que todos e todas podemos participar. Esta é a xoia. Conservalo, ao meu parecer, con tal calidade, convértese no verdadeiro reto. Chin chin e adesfrutar.