Un libro que ten por nome "Atán"

Un libro que ten por nome "Atán"

Alí, nas ladeiras do monte Faro, ergueuse con sona na Gallaecia, Plantada. Din que este foi o chamadoiro antigo do que hoxe dicimos Chantada. Algo tivo que ter este lugar de vida e patria, cando foi capaz de que o sangue das videiras enterradas nas fecundas terra da Ribeira Sacra, mimadas polas augas do Miño e Sil, treparon pola terra até alumear o cume do Faro, lugar de asembleas dos galaicos da época. En reciprocidade o Faro, tornou dos perigos as terras das ribeiras, para que fermentaran devagariño, os caldos que viaxarían polo mundo, a antiga roma, e con anterioridade a outra terras. Caldo saídos das fabricas adegueiras do coto de Atán.

Achegueime, vivín e coñecín Atán, grazas as lecturas dun dos libros do escritor Lois Diéguez. O “viaxe as terras encantadas de Lemos”. Baixar desde Ferreira de Pontón ao mesmo, é unha aventura perigoso, si se pensa no fallo dos freos do coche. A baixada polo monte Cervarii a Atán é perpendicular, ou así foi a nosa sensación. Para que falar da subida.

Cando agarimosamente pisamos as terras do lugar. Agatuñaron pola nosas peles até invadirnos todo o corpo, milleiros de historias do lugar, así coma a sensación de pertencer a mesma desde o comezo da historia da Galiza. Alí, de seguro, as pedras, as vides, os castaños e cereixos, os valados, as ponlas das maceiras e os peros, as gloriosos terras vitíferas; murmúrannos aos nosos ouvidos a historia da Patria e recórdannos con insistencia, a obriga do compromiso coa terra, coma fixeron xeracións pasadas. Atán da proba do que somos. Alí, con certeza, podedes verificalo coa vosa presenza, a terra mándanos cumprir coa nosa obriga de galegos e galegas. Atán, dános conta, si é que temos dúbidas, da nosa diferenza con outros pobos. Da nosa singularidade, da nosa histórica, dos trunfos e fracaso dos galegos e galegas ao longo dos tempo. Atán, ensínanos a aprender dunha maneira sabia os camiños a percorrer, as ideas a defender. Atán fainos patriotas, si ollamos se prexuízos a súa historia, a nosa historia.

Atán, para que o queira ver, é un libro aberto para un aprendizaxe útil, da nosa historia, das nosas ideas e de nos mesmos. É o libro que todo bon galego debe ler.

Fagamos logo, unha lectura brevísima de Atán. Fixemos o comezo da súa historia nos pobos anteriores ao cristianismo. Naqueles pobos que sacan os toneis de viños nas barcas que navegan polo Miño ou Sil para chegar ao mar. Naqueles galegos que teñen os castro como fortalezas de defensa, pero ao tempo viven en lugares como as terras de Atán. Así construirían o primeiro edificio do lugar. Con canteiros galegos, cos materias da zona, coas simboloxías que utilizaban xa nos castros, algunhas das cales, como veremos logo chegan aos nosos días. Como a concatenación das cousas, tamén da historia formou o noso ser. Con seguridade os período do reino dos suevos e o movemento priscilianista, teñen moito a ver coa primeiras edificación de Atán. Quizás foxe un refuxio certo para os priscilianistas que foron perseguidos con saña pola igrexa oficial? Quizá isto nos explique que non quede nada das primeiras edificacións en pe? A practica de derruír lugares que servían de confronto cos poderes de turno é algo habitual na historia. Os mesmos Reis Católicos van aplicar isto con fortaleces e castelos na Galiza mediante diferentes ordes. Os símbolos ergueitos, materiais ou inmateriais, meteron sempre medo, e ségueno a meter aos que negan a liberación desta nación.

As noticias escritas en papiros son dos ano 747, as escritas polos canteiros nas pedras, moitísimo máis antigas. Témonos que chegarnos ao ano 747, cando Odoario, nun testamento afirma que o fundou. Atán é continuador dun edifico prerrománico, xa existía antes de Odoario. No 1996 unhas catas veñen a confirmar que parte da igrexa “esta erguida sobre restos de estruturas mais antigas, que podería corresponder cun nivel prerrománicos. No 1998 os arqueólogos localizan restos da igrexa prerrománica. Mostra clara da concatenación das cousas e feitos.

Todo o que existe, ten un predecesor. Nas manifestacións artísticas do noso pobo isto é ben visíbel, a pouco que ollemos con ollos proprios. Mais Atán ten que pasar por moitos avatares, ao igual que a nosa historia. Dise que é destruído polos musulmás no 841, cousa estraña para nós, abonamos a teoría dunha destrución promovida por sectores da igrexa. Porque tantas disputas de Atán coa catedral de Lugo? De Atán falan os Reis Galegos,entre outros, Fernando II e o seu fillo Afonso VIII confirmando diferentes doazóns aos mesmo, aló polo 1182 .

Polos anos 1.500, cando ocupa a sede episcopal de Lugo, Pedro de Ribera, que paso o tempo en asuntos relacionados cos Reis Católicos, o abandono de Atán é manifesto, así se confirma por unha inspección, nos anos 1564, que realizan os mestres canteiros e carpinteiros, cando manifestan que hai que reedificar as adegas caídas, as cubas e lagares estragados.

Atán recolle parte da simboloxía, utilizada con anterioridade nos castro e rochas dos petróglifos na Galiza. En especial as celosías do trisquel calado que xa o temos en Castromao e onde se inspiran as fiestras de Atán. As rosetas e arcos de ferradura que son perforador para permitir a entrada da luz, os circos tan abundantes nos castros e petróglifos. As rodas.... Os mestres pedreiros que traballan nos castros, agora danlle paso aos seus alumnos que realizan os seus traballos nos mosteiros e casas. Non ler Atán como unha sucesión de obras humanas e técnicas diferentes, leva a que algúns estudosos da historia da arte, non teñan clara a súa clasificación, negando así a existencia dun mosteiro, anterior ao románico. Chamoso Lamas, entre outros, falan das tres celosías da época prerrománica. A certeza é que a igrexa románica esta asentada sobre outra prerrománica.