Un escravo en Ribadeo


Don Pedro de Oviedo e Oñez, Bernardo Rodríguez de Arango, Dn. Joseph Trapaga de Rozas, Don Domingo Alejos Fernández Cotarelo e D. Francisco de la Vega e Acevedo, todos eles veciños de Ribadeo, eran armadores no ano 1744 contra os enemigos da Coroa España da Fragata Corsaria, nomeada "Nuestra Señora del Carmén". Era Capitán do barco o veciño do Porto de Figueiras (Asturias), D. Caetano Blanco.

O 25 de xuño de 1744, apresaron un navío chamado "Ana", pertencente a mariña Inglesa. O seu capitán era Guillermo Foulen e viña de Jamaica.

No navío viña un neno negro, duns catorce anos e desde ese ano estivo o servizo de D. Pedro de Oviedo, na casa principal de Villasamil, feligresía de San Andrés de Serantes, Concello de Castropol.

O 27 de Nadal de 1744, despois de haber sido instruído nos Sacramentos e principais Misterios de Ntra. Sta. Igrexa Católica e doutrina Cristián, bautizouno Don Pedro Sordo Saavedra, Cura de Ribadeo, poñéndolle de nome "Juan", sendo o seu padriño don Eugenio de Oviedo.

No ano 1751, D. Pedro Oviedo e demais propietarios fan escritura de liberta para o referido "Juan negro y esclavo" desde agora e para en todo tempo. Pónselle como condición que a de residir a trescentas legua de distancia, e no prazo de corenta días seguintes o do otorgamento da escritura de liberdade, debe de sair do principado de Asturias e do bispado de Mondoñedo, non cumprindo este requisito, esta escritura de liberdade non teña validez algunha.

Días mais tarde o 24 de Setembro deste mesmo ano faise nova escritura de liberdade ante o escríbano Luis Fernández Cordido onde se cambian as cláusulas e condicións, establecendo as seguintes:

A primeira é que o mencionado Juan a de "permanecer y residir fuera de los dominios desta dicha Coroa de Hespaña que tiene en la Europa y lo pueda hacer en los de las Indias y ottros reynos de distinttas naciones para donde podia caminar cada y qdo. quisiera, contal q ha de salir fuera de dhos Dominios de Hespaña dentro de doscienttos días..."

A segunda e que dentro dos doce días seguintes a comprobación da copia, que desta escritura se lle dera para su resgardo alla de ausentarse y saír deste principado e do Reino de Galiza.

A terceira e que o mencionado Juan, no se poida vender, nin enaxenar en modo ni maneira algunha que sexa e o contrario facendo que as ventas e enaxenaciones que del se fixeran sean declaradas nulas, pois os otorgantes queren e á súa vontade "siempre use de su persoa en liberta y poder servir voluntaria y no forzosamente".

E a cuarta e que si se atopara indisposto ou non lle "provase" ben o país o parte en onde residira e permanecera, poida participarsela os otorgantes por carta ou conduta certa para que si fose vontade súa darlle licenza para volverse hasta a casa do mencionado, D. Pedro Oviedo, ou onde residira nese intre, cuia licenza sempre que se poida a ser por escrito y su firma, poñendo su "sello" al píe del de los escríbanos. Todo esto sempre e cando a xustiza lle deixen pasar libremente e sen impedimento.

En caso de que o mencionado Juan non cumpra coas condicións establecidas, a xustiza o poida arrestar e prender dando parte os otorgantes, para que dispoñan del á súa vontade.