Somos nacionalistas galegos


Como explicar un sentimento, unha sensación. Ser nacionalista non é simplemente ter unha ideoloxía concreta. É sentir que o eres, sentir que pertences a un pobo. Os que así o sentimos vémolo sinxelo máis como explicarllo a alguén que non o comparte.

Esta tarefa padecina nun debate na madrugada do 24 de xullo nunha cidade do norte do país, do cal saquei conclusións multiples.

Argumentos a parte eu sinto que pertencemos a unha nación non só por historia ou por unha análise estalinista da historia, como ben desenvolve o noso Castelao no Sempre en Galiza, senón porque así o cremos. E sí consideramos que hai diferencia entre a Galiza e España ou Portugal ou a comunidade autónoma de Murcia.

Tamén cremos que pertencemos a un Pobo: o Pobo galego; e que as xentes de Valladolid poden ser unhas persoas extradinarias pero non sentimos que formen parte deste noso pobo.

Porque nengámonos tamén a asumir os derroteiros da historia que nos condearon a ser unha nazón sen estado ou un pobo colonizado. E non debemos ter medo a expresalo e argumentalo nestes termos porque é a realidade histórica que padecemos. Tamén debemos deixar de lado o vitimismo para aferrarnos á realidade que hoxe por hoxe vivimos e loitar contra ela dende a coraxe non dende a tristeza.

Cabe dicir, que a culminación do proceso de autodeterminación non busca unha separación exclusionista, senón que trata de chegar a poder xogar ó mesmo nivel co resto de nacións do estado. Non buscamos poñer unha barreira que nos exclúa do mundo máis sí diferenciarnos dentro deste para que as nosas relacións sexan de igual a igual e non de colonizador a colonizado.

Porque económicamente é máis rentábel para os galegos ser independentes do estado español. Cousa que é facilmente demostrábel, simplemente cos presupostos xerais do estado e os impostos directos e indirectos que pagamos todos e todas as galegas.

Razóns lóxicas hai mil: ciéntificas. O noso deber coñecelas xa que a primeira liña de defensa é o debate e para iso hai que estar ben armado.

Ser nacionalista galego require de algo máis, tal vez sexa ese sentimento romántico ou esa sensación de formar parte de algo que para nós ten unha importancia máis que singular: lingua, terra, pobo...

Explicarllo a alguén é relativamente sinxelo, mais quen llo vai a facer sentir?