Ribadeo, ano 1861, traida de augas da vila e construcción de varias fontes

Ribadeo, ano 1861, traida de augas da vila e construcción de varias fontes

Manuel Antonio López, secretario do concello de Ribadeo: O 25 de abril certificou que o señor alcalde presidente someteu a consideración do Concello a necesidade de levar á poboación as augas encanadas das fontes chamadas do Lobo que veñen o descuberto e forman un regato que atravesa esta poboación servindo só para subministrar auga ós lavadoiros e outros usos comúns.

O concello despois de tomar todo en consideración e vendo como se atopa de escaseza a vila de augas potables, que os veciños teñen que facer uso dos pozos acorda que se procede a instruír dita obra. Para elo teñen que recoñecerse as fontes e terreo por onde han de vir as augas e o sitio que se a de edificar na poboación as fontes para o servicio dos veciños.

Recoñecidas as fontes o un de maio, chamadas Lobo o terreo por onde conducilas a esta poboación e os sitios onde colocar a fonte ou fontes necesarias para o surtido do pobo. Din que de aqueles caudais pode recollerse auga suficiente para unha ou dúas fontes que atendan as necesidades da poboación. A calidade e propiedades das augas “nada dejaran que desear, llegado el caso de ser examinadas por inteligente ya por la clase de terreno de que procede y ya por el buen gusto y ligera que han tenido ocasión de observar en ellas al tiempo de reconocimiento”.

Que estas atópanse a unha altura de mais de corenta metros sobre o nivel desta poboación e a unha distancia de 3 ou 4 km. con un descenso que non chega ó 6 % na maior pendente podía conducirse a auga no primeiro tramo polo seu tramo que o de mais pendente, as súas paredes faranse de cachotería, cubertas de lousas do grosor suficiente e o fondo de cuarzo. O resto cuxa pendente e mais suave por medio de tubos de barro ou ferro colocado para que puidesen sufrir a presión suficiente ó elevar a auga nas fontes da vila a altura que conveña. Que a fonte principal débese colocar na praza de arriba ou campo e as demais que se crean convinte e necesarias na poboación.

Calculan que o presuposto de dita obra non pasaría dos 100.000 reais.

As condicións da puxa para facer dita obra serían: A puxa constará dun só remate que haberá que verificarse ante este concello no local que se celebran as sesións, no día e hora que se marque. Só se admitirán as proporcións que se fagan en sobres pechados. O entregar cada licitador coa folla coa súa proposición acreditará haber depositado na caixa do Concello de depósitos do Concello a cantidade de 2000 reais acompañando a carra de pago ou documento legal que o xustifique como garantía. Rematado o prazo para recibir as puxas o Sr. Presidente procederá o remate escoitando as preguntas que se fagan e resolvendo as dúbidas que se lle ocorran ós poxadores e acto seguido se abran os sobres descartando os que non cumpran as condicións. O remate non se considerará rematado ata que recolla na aprobación superior. O importe da obra ten que satisfacerse nos termos que se expresan nos anuncios da publicación da puxa. As condicións facultativas, planos e modelos estarán na Secretaria do Concello durante 30 días. A fianza ou depósito será devolto ós propoñentes quedando retida soamente a do gañador da poxa e esta ascendera o dez por cento do remate. Si o rematante non cumprise coa presentación da fianza no termo de un mes terase por nulo o contrato. O tipo para a subasta son o importe do presuposto elaborado polo arquitecto provincial. A Ribadeo 2 de maio de 1861.

Fonte de Goimaran
Ano de 1877. O señor alcalde fixo presente o abandono e estado de deterioro en que se atopa a fonte de Goimaran e sendo de moito servicio para unha boa parte dos veciños deste pobo e da parroquia de Vilaselán, tendo en conta ademais a escaseza de augas que se sinte na localidade non podía por menos de interesar coa maior urxencia se fagan as obras a fin de utilizar o maior caudal posible das augas de dita fonte. O Concello acorda que a comisión de Fomento asociada da persoa que considere mais intelixente practique unha visita sobre o terreo e propoña a corporación cando a seu xuízo sexa preciso para o seu amaño.

Feita a visita pola comisión na compaña do mestre Ramón Bugallo a fonte de Goimaran, aparece que o depósito principal atopase completamente obstruído e crendo de urxente necesidade a súa reparación tan so na parte que se refire o citado deposito para que poida subministrar augas ás xentes do lugar, deixando para mais adiante o trasladar a fonte despois de que se faga a rúa ó muelle. O presuposto presentado foi: un e medio de barriles de Calhidraulica 30 reais , catro varas de baldosa, 5 reais, cinco xornais dun canteiro, 16,25 reais, nove xornais de poñer 13,50 reais, petroleo para alumar 1,50 reas s, importe dos xornais das escavacións para o recoñecemento 7,75 ptas, facendo un total de 74 ptas.

O 11 de agosto de 1877 pagouse a Ramón Bugallo polos traballos feitos na dita fonte 52 reais , Remigio Prado 21 reais, José Lindin 18 reais e N. Loveras 30 reais por tres xornais.

A David por dous xornais e medio 25 reais. Os materiais 124 reais.
Segunda reparación: Ramón Bugallo 26 reais, Remigio Prado 14 reais e materiais 19,50 o que fai un total de 329, 50 reais.
O pago a Ramón Bugallo faise o 28 de outubro das 82 pesetas.

Fonte de Rinlo.
O alcalde pedaneo, D. José Fernández o 31 de agosto de 1887 pon en coñecemento do Concello que a Fonte que subministraba auga ós veciños de Rinlo, atopase arruinada polos cimentos, así que despois de ser unha fonte que abundaba en auga os veciños deste pobo si non a outros tantos veciños se atopaba moi faltosa de auga e sen ter a onde recorrer solicitan a súa reparación: Compoñer a fonte de aquel lugar por atoparse arruinada e que sexan os propios veciños os que se encarguen da reparación e conservación.

Ano 1890- Composición da Fonte da “Virgen Blanca” de Rinlo.
Os veciños do barrio de Rinlo diríxense á corporación expoñendo que dito barrio carece de augas potables e as únicas que veñen utilizando son as augas desta fonte que se atopa completamente arruinada e pode conseguirse a súa reparación con s unhas 60 pesetas. O concello acede a tal petición o 19 de xuño: “Se acuerda por el Ayuntamiento que persona inteligente pueda componer dicha fuetne psentando la cuenta de materiales y jornales para su abono con cargo al presupuesto municipal”.