Poesía salvaxe para políticos domésticos
Cultura-Política: creadores, mediadores, formadores, estratexias, funcións, sectores, espazos, publicacións, federacións, obxectivos,... finalidade? Ao servizo de quen? Representantes de que?
"A poesía é demasiado seria para que se administre tecnocraticamente".
A arte non domestica. Entendemos a cultura como a institución onde profesionalizamos aos salvaxes e os vestimos de funcionarios. O curro onde os domamos.
Nestes tempos domesticamente crueis e racionalmente estratéxicos dádelle unha volta á cabeza e lembrade a última vez que escandalizarades ou berrarades de EMOCIÓN. Cuestionamos a razón poética do noso traballo político? Actuamos segundo o gran deus da estadística? Porque non camiñaremos por terras liberadas, mentres pensemos estratexicamente no asfalto. A liberación como é a cultura, se senten simplemente coma se sente o poema.
De ser a túa pel como a tona da auga
E o liño para os teus dedos
Estenderte ao clareo
Á roupa
Ó sol
Ó pan da casa
Para morderche a lingua que me falas
Con días de fame atrasada
E correrte como se corre o risco
De estar á vida
Como se está á morte
Salvaxemente.
Semana da poesía salvaxe en Ferrol (do 27 ao 30 de abril)
Enamais...