Peregrinos a Ortigueira!
Arranca Ortigueira! Os musulmáns diríxense á Meca e nos dirixímonos a Santa Marta. Quen lle diría a Escola de Gaitas de Ortigueira alá polo 1978 cando decidiron levar a cabo este proxecto que chegaría a cumprir vinteseis anos de vida. A Praia de Morouzos convertese todos os anos na oitava capital galega i e que, Ortigueira foi medrando con todos nós e nós medramos con Ortigueira. A Ortigueira foron chegando músicos de todos os puntos do planeta celta e foron facendo deste festival unha cita ineludible para os seguidores da música e da boa festa.
Arranca Ortigueira! Os musulmáns diríxense á Meca e nos dirixímonos a Santa Marta. Quen lle diría a Escola de Gaitas de Ortigueira alá polo 1978 cando decidiron levar a cabo este proxecto que chegaría a cumprir vintecinco anos de vida e seguir sumando. A Praia de Morouzos convertese todos os anos na oitava capital galega i e que, Ortigueira foi medrando con todos nós e nós medramos con Ortigueira. A Ortigueira foron chegando músicos de todos os puntos do planeta celta e foron facendo deste festival unha cita ineludible para os seguidores da música e da boa festa.
Admirado e valorado fora das nosas fronteiras o festival conseguiu os galardóns de Festa de Interese Turístico Nacional concedido polo Ministerio de Economía de 2003 ao que se lle sumou en 2005 o título de evento de Interese Turístico Internacional .
Recordo a primeira vez que cantei en Ortigueira colaborando con Susana Seivane. Ante os meus ollos había miles de persoas que expresaban un sen fin de emocións e aos que a música que alí escoitaban arrincaba sorrisos, palmas, bailes...diversión. Poucos anos despois fixen a miña primeira parada con Fía na Roca e alí, coñecín aos meus admirados músicos de La Bottine Souriante; entre bambolinas propuxéronme participar no seu filme de 25 aniversario que estaban rodando por varios festivais europeos; nese intre comprendín a maxia de Ortigueira, un lugar onde conflúen sensacións, onde calquera escusa é boa para facer novos amigos, onde poder sorprenderse coas propostas dos artistas que pisan o escenario, onde ficar abraiada ao mencer cunha imaxe de Ortigueira calma onde horas antes a enerxía fluía por cada pedra da vila. Voltei por última vez no ano 2008, pechamos a noite do sábado e a aquela xente aínda lle quedaban gañas de cantar e bailar. Por qué será que Ortigueira nunca é igual? Será pola xente de Ortigueira que ve como a súa vila revive dun xeito casí impensable para alguén que nunca estivo nela, será polos músicos que aí estamos ilusionados e felices de aterrar no festival, será polos forasteiros que chegan e síntese nativos por uns días, será pola cervexa que nos fai estar felices, será pola boa música que agradecen os oídos ou será porque como Ortigueira non temos outra? Para comprobalo non hai mellor maneira que disfrutalo. Peregrinos a Ortigueira! Longa vida ao Festival de Ortigueira!