Outra vaca no millo
Durante toda a semana os telexornais abriron ou fecharon coa nova de que un toureiro sufriu unha grave collida. Levamos dende decembro presenciando o debate no Parlamento Catalán sobre a prohibición ou non das corridas de touros, logo de que fora presentada unha iniciativa lexislativa para vetala. O representante deste toureiro foi un dos convidados a defender "la fiesta de los toros" neste Parlamento. Políticos, artistas, o presidente do goberno español, fixeron declaracións de apoio ao estado de saúde do toureiro. Os titulares e as declaracións de moitos políticos definíano como heroe. A intervención mediática nos posicionamentos do debate non deixa lugar a dúbidas.
O argumento principal utilizado polos antitaurinos é a crueldade que sofre o animal. Os defensores de "la fiesta" rapidamente contestan valorando os distintos graos de sufrimento aos que podemos someter a outros seres e a finalidade deste sufrimento: sofre pouco, moito, moito menos que, sofre para que? Para que nós alimentemos, nós divirtamos, desafoguemos,....
Mentras que os defensores din que "la fiesta" é a propia "fiesta", é dicir, o espazo de diversión que como cidadáns-traballadores merecemos para relaxarnos e seguir producindo tranquilamente, e a apartación económica que esta supón para os concellos e ganderías.
Este debate caeu nun sen sentido de argumentos falsos dirixidos cunha dobre finalidade: aproveitando que foi o Parlamento Catalán quen o aceptou para dirixir a súa critica aos nacionalistas e ocultar o sistema de valores que rexen a sociedade.
A gran portavoz e defensora de "la fiesta" saíu ao rodo atacando aos nacionalismos e proclamando as corridas de touros como ben de interese cultural . A Lei do Patrimonio Histórico contempla a posibilidade de outorgar esta cualificación a feitos culturais de relevancia e significado, isto supón que os concellos que a aproben están obrigados a colaborar coa súa protección e se trasladará as aulas elaborando programas escolares divulgativos. Formando cidadáns.
A nosa moralidade non depende das cousas que queremos, senón do principio pola cal as queremos. Que principios morais implican as corridas dos touros? Dentro deste "sistema democrático de dereitos universais", o sentimento que implican e potencian este tipo de "celebracións" é o da crueldade : capacidade de gozar do sufrimento alleo e da súa situación de debilidade. Evidentemente democratizado, xustificado e legalizado dentro dunha amplía xerarquía de poderes. Naciches para.. , serves para...
O sistema capitalista soubo disfrazar esta xerarquía de poderes a través dos espazo: espazo de ocio, público, privado, laboral, espazos para presenciar o sufrimento dos demais durante unha hora e poder dirixir e controlar, deste xeito, os nosos instintos de poder e sometemento. Podemos falar de putas ou de touros, é o mesmo..., democraticamente permitidos para liberarnos, divertirnos...
Como nacionalista e de esquerdas son antitaurina como consecuencia. A consecuencia de crer nunha sociedade asentada nun sistema de valores que entenda a moral non como un poder facer senón un deber facer para a sociedade: o deber de poñerse no lugar do outro, da outra...
E máis nada...