OUTEIRO e COUCEIRO: Diferente recorrido de dous enxebres apelidos galegos
OUTEIRO
Deste apelido sairon os OTERO que inzan como apelido dunha morea de cidadáns no noso País.
Os dous diptongos “OU” e “EI” eran delatores de máis da orixe dos seus poseedores.
A castrapación foi moi asumíbel, pois daba nun OTERO, que era tamén intelixibel na lígua castelá.
En español por OTERO enténdese, un lugar alto desde onde se enxerga o horizonte.
Ainda que o OUTEIRO galego tamén ten ese significado, nós ousamos albiscar que, se cadra, usado como apelido, mais que de lugares altos, débese á procederen dunha casa que tiña un andar superior.
Na toponimia, atopamos lugares como OUTEIRO DE ORRACA en Allariz, ou OUTEIRO FERNANDO en Ponteareas ou OUTEIRO DE MILLÁN que nos están informando que a casa da tal Orraca, do Fernando ou do Emiliano; non eran casas térreas, senón que tiñan un andar superior, ou sexa eran SOBRADOS.
Conforme SOBRADO vén de SUPERATUS (a parte superior); OUTEIRO procedería dun ALTARIUS co mesmo significado, sendo que casa de SOBRADO E casa d´OUTEIRO, serian sinónimos.
“ E vendo miña casa co seu OUTÓN e o seu mago” , reza un antigo documento pontevedrés.
Entendemos que o OUTÓN é a parte da cima da casa ou o fallado, e o MAGO, debía ser o RESÍO ou campo que a rodeaba; un MAGOELO, ainda se fala en Cangas por unha horta de variada producción.
Proceder dun OUTEIRO ou casa “sobrada”, daba unha certa categoría ao seu posesor, pois non viña dunha modesta cabana térrea.
Daí que o apelido OUTEIRO abunda tanto na nosa Terra.
Explícame un amigo apelidado de OTERO, que ainda é quen de verificar nos vellos documentos familiares, que aparecen alí notados como OUTEIRO ou D´OUTEIRO.
Cando se produciu a mudanza? En moitos casos por iniciativa do clero que rexistraba.
Hoxe que, xa é legalmente posíbel recuperar o chamadeiro orixinal; é polo que animamos aos OTEROS que nos len, que fagan o pequeno esforzo de reclamar o seu prístino e belo nome de OUTEIRO.
COUCEIRO
Este apelido loce os dous diptongos que caracterizan o noso idioma: OU e EI.
Así como no apelido OUTEIRO, que tamén explicita os mesmos diptongos, foi relativamente asumíbel a castrapación para os OTERO, que hoxe inzan polo País adiante; no caso do COUCEIRO, era peor o remédio que a enfermidade (cozero ?).
É por iso, que o apelido ficou intacto, locindo a sua beleza e enxebrismo, en todo o seu esplendor, se cadra, moi a pesares dos seus utentes. Matinemos na posíbel orixe deste apelido :
Nun magnífico traballo de Alberte Reboreda a lor dos foxos de lobos; ao pé dos oficios de MONTEIRO e LOBEIRO, aparece o de COUTEIRO. “… execute el COUTEIRO “, lemos nas Ordenanzas de Cotobade do ano 1595.
Nese mesmo traballo coloca o nome de COUSO como sinónimo de FOXO DE LOBOS.
Estes dados levánnos a pensar que o nome de COUSEIRO, como o de MONTEIRO, sería un posto para designar ao que levaban a encomenda de xestionar os COUTOS reais, e as suas cautelas, CAUTIARIO > COUCEIRO.
Eran aqueles cargos como os de : PORTEIRO, ESCUDEIRO, PERTIGUEIRO, XUGADEIRO ou BESTEIRO ( BAESTEIRO )…., ao que agora ousamos engadir o de COUCEIRO,como un MONTEIRO do Rei.
Postos demandados polos DONEGOS, ou sexa xente que aspiraba a ascender do mundo labrego a unha posición social onde serían tratados de “DON”.
Non é extrano que xente con estos apelidos, ainda sexan hoxe os proprietarios, herdeiros desde a antigüidade de moitas “casas grandes” e pazos galegos.