Os Seráns: Que foi das nosas verdadeiras festas?

Os Seráns: Que foi das nosas verdadeiras festas?

Na provincia de Pontevedra, nos concellos de Pontecaldelas, Soutomaior e Pazos seguen a celebrar, aínda que xa está rematando a tempada, Os Seráns. Chamabase nesta zona, ás festas relacionadas cos traballos agrarios, desde o século XVII a finais do XIX. Os seráns comezaron como un espazo de comunicación e diversión das mulleres, logo ou mentres fiaban e preparaban o liño. As mulleres cantaban, bailaban e tocaban a pandeireta. As mulleres, recollina e compoñan as pezas.Creaban, tamén o espazo da diversión.

Pouco a pouco foi integrándose na comunidade como celebración a que acudían os homes e os nenos a celebrar o fin do traballo. Ben, a finais do s XIX trasládase a festa a un espazo público e se cobrar por asistir: xa se fala do baile, mais tamén podemos comezar a concibir o espectáculo. Aparece o espectador, o público. Ate o de agora era a propia comunidade, quen creaba, organizava e desfrutaba. A principios de século se presenta a dualidade público-artista ou no seu caso imitador.

Sen pretender aportar datos históricos rigorosos, os bailes en todo o período de entreguerras pertenceron a burguesía galega e a espazos foráneos. Época de cambios, prensa, emigración, radio, educación... foi dando lugar a entrada de América, ritmos americanos e os bailes salón onde se contrataban a orquestras que os reproducían máis ou menos como soaban na radio.

Ben, conto todo esto cun só pretexto: reflexionar sobre as nosas festas. Quen as organiza? Como as celebramos? A quen pagamos?

As festas non se organizan en comunidade senón que existe unha representación máis ou menos institucional. Celebrámolas pagándolles a orquestras que falan en español e imitan aos artistas tamén españois que saen nos 40 principales. O papel das mulleres neste caso pasa de organizar e crear a converterse nun obxecto sexual semidesnudo que se columpia no escenario e canta máis ou menos ben. E lle pagamos todos e todas, que para eso somos moi tradicionais. Independentemente de cal sexa a nosa crenza ou descrenza, celebramos canto santo e santa nos impuxo a tamén santa madre igrexa.

As concellarías de festas soen contar cun orzamento moi superior ao de cultura. Poderían non ser incompatibles e me pregunto eu porque non o mesmo. É dicir un mesmo chiringuito no que tivera cabida a creación e o festexo. Porque nos empeñamos en divertirnos con imitadores e enterrar ou afogar os valores creativos que nos identifican? Falo dos artistas galegos que tamén serven para festexar e non so para fechalos nun auditorio, falo das tradicións populares onde todo un pobo se prepara para cantar e bailar o día da festa e se organizan para celebralo e convidar aos de fora a comer e bailar con eles. Falo do constante abandono que están a sufrir os modelos que nos identifican como pobo. Se ben queda moito camiño por andar no eidos da cultura e da lingua debemos estar atentos/as a moitos outros espazos que pouco a pouco permitimos que desaparezan.

Pero nada non temos para pan e si para espectáculos Carlitos?