O mar
-----------------------------------------------------------------
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do "Editorial" ou de "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez" que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]
-----------------------------------------------------------------
As liñas costeiras apresentan unha especial configuración de abeiros, favorecen a mestura de praias abranguidas polo verde que se afunden na auga salgada; grandes sucesións de rochas onde ao seu abrigo semellan que se descolgan ata o mar.
Agochos naturais aproveitados dende sempre, dende o comezo dos tempos polos seus moradores, feitos polos ventos e mareas favorecendo a erosión, modelan o seu entorno.
O mar inclinado a dar, a recompensar con largura as labouras de pesca pola súa fertilidade. Somentes había que saber escoitala e entendela, querela, para ser parte dela. O mar convertíase en algo moi especial, nel dábanse as condicións precisas para unha terra farturenta.
Os peixes formando a fauna mariña dunha inmensa diversidade, especies de animais que son os donos das augas. Augas, apresentando as condicións favorábeis para unha boa crianza: vexetación peculiar, extensas fragas de algas e pradeiras de herbas mariñas botando as raiceiras nas pedras, correntes de auga que viñan de moi lonxe traendo nutrientes, ofrecen as condicións de reprodución e vida, atopando alimento e protección.
,As circunstancias favorecedoras de reprodución non eran xerais, se non que nalgúns anos eran mellores nuns mares que noutros. Dado a diferenza que separa unha marea de pouca pesca a outro de moita.
Á conquista dun medio que era totalmente alleo, os mariñeiros apercibíanse do estilo de vida e costumes dos peixes, comprender a vida no mar, aumentar o coñecemento da vida mariña, pescudar que dinámicas rexen as súas vidas no seu hábitat natural: o mar e os seus segredos. Sabían moi ben da súa distribución, reprodución e xeitos de pescar en lugares totalmente diferentes e diferentes condicións de vida, a estrutura ecolóxica claramente diferenciada: uns vivían nas pedras, outros nos fondos areosos, outros móvense de continuo, poboacións inmensas de peixes viaxando, van e veñen co fluxo e refluxo das mareas.
A maxia; Terra, Lúa e Sol póñense en liña sumándose as forzas que producen as mareas e resultan as mareas vivas, amosando unha gran diversidade de vida, explotando tódolos xeitos para sobrevivir. Enorme masa de auga salgada. Medio no que se daban as condicións variables que determina a existencia dos seres que alí habitan.