O epistemicidio na Galiza
Con motivo do 75 aniversario do “Sempre en Galiza” tivemos a oportunidade de debater sobre a vixencia desta obra en Ferrol na presentación do “Sermos” que recollÃa esta conmemoración.
Vai alá 75 anos da súa publicación, mais tamén 35 da de “Castelao, contra a manipulación” que a Federación de Asociacións Culturais Galegas tirara como resposta ao intento de asimilación deste autor, quen -coa traÃda dos seus restos- algúns pretendÃan facer pasar por avalista do réxime do 78 no que Galiza e o nacionalismo galego quedaban fóra de xogo.
Coincidimos con algúns dos autores daquel traballo, Pilar GarcÃa Negro ou Francisco RodrÃguez, na actividade da S.C. Medulio que sinalamos. Autores que xa daquela situaban o pensamento de Castelao no seu sitio e apuntaban a potencialidade que este autor tiña para inaugurar unha liña produtiva de pensar a propia realidade desde esta mesma realidade, sen rexeitar participar na conversa universal, senón precisamente para esixir que ninguén fale por nós e que se nos permita expresar o que temos que dicir coas nosas palabras. Compre lembrar que houbo un espistemidicio frustrado e que non só se cinguiu a obra deste autor senón que se pode estender todos os escritores e pensadores propios. Fronte a iso foi preciso un traballo inmenso desde fóra da academia, como o que representa este libro ou outras obras que a través da AS-PG, A Nosa Terra, a Semana de FilosofÃa, e de diversos proxectos de base do paÃs se estaban a levar a cabo. Grazas a iso logrouse impedir que este tipo de saber subalternizado non fose liquidado tal como se pretendÃa.
Mais como non foi posÃbel exterminalo, moi pronto, o poder se veu na obriga de tentar apropialo. Aquel libro sobre o autor do “Sempre en Galiza” tiña un elenco que -mesmo contando co primeiro catedrático de lingua e literatura da universidade galega, ou precisamente por quen era Carvalho- podemos afirmar que estaba á marxe da “oficialidade”. E lembro o impacto na nosa xeración: É posÃbel un Castelao vivo que aÃnda nos ten moito que dicir. AsÃ, nas asociacións culturais, nos institutos, na universidade, e sobre todo nos pubs e tabernas, discutÃase sobre esta obra. Por iso, cando chegou o Congreso Castelao do ano 86 xa era imparábel a enxurrada de mocidade que Ãa participar nel con achegas novas na liña da fenda aberta polos autores destes textos do 84. Falo da xeración dos que contábamos entón cuns vinte anos e que considerábamos que tiñamos algo que achegar ao respecto. Eramos máis atrevidos que sabios, e fóramos aguilloados a pensar por nós propios por acontecementos como a devandita obra. Só do meu concello intervimos no congreso un grande número de rapaces que viñamos de saÃr do Instituto (quizais non sexa casualidade que nel estivese un dos asinantes dos traballos referidos, Francisco RodrÃguez, como profesor). Mais que pasou entre o 84 e o 86 para que houbese ese empuxe a falarmos de Castelao? Pois pasou o 85. No 85 houbo o centenario de RosalÃa. E asistimos á morte da RosalÃa morta que traÃan a ombreiros tamén os que seguimos a chamar “oficialidade”. E presenciamos o florecer da RosalÃa viva que desde habÃa algúns anos tiñan resucitado precisamente quen colaborara na obra colectiva que lembramos aquà sobre Castelao. E alà estaban unhas institucións académicas e culturais que sabÃan que se tiñan que redefinir para lexitimarse e non verse arrastradas coa defunción da versión da “santiña choromiqueira” que xa non se sostiña por ningún lado. E contemplamos en vivo no Congreso RosalÃa como desde aquelas cátedras universitarias vedadas ao nacionalismo usurpaban a terminoloxÃa e as análises dun Francisco RodrÃguez sen citalo, e moitos que estabamos na sesión do edificio do Concello de Vigo lembramos a intervención de Pilar GarcÃa Negro reclamando un recoñecemento da autorÃa destas teses que se viñan combatendo até que finalmente, diante da derrota intelectual que supoñÃa darlle a razón, non se lle ocorre mellor cousa que expropialas para atribuÃrse o mérito.
E isto foi un revulsivo para lanzarnos a intervir coas nosas propias análises, sen agardar a sanción administrativa ou o parabén de ningunha autoridade académica que perderan -ao noso xuÃzo- toda credibilidade. O saber institucionalizado non achegaba nada novo, era un freo ao coñecemento e só respondÃa ao interese de xustificar o seu propio status como un xeito de acreditar a validez das súas teorÃas no feito de que proveñan dunha canle oficial e non polo peso e probas da súa argumentación. Descatalogaban aos que estaban fóra do cÃrculo do poder pola súa militancia: se eran activistas, eran parciais, xa que logo, non eran cientÃficos. Pero nós sabÃamos doutros paÃses onde a ciencia militante tiña prestixio, sabÃamos dun Jean Paul Sartre, dunha Simone de Beauvoir, e sabiamos de que a anomalÃa tiñámola no noso paÃs. Todo iso fixo que o diletantismo e as carencias de todo tipo que a nosa xuventude nos impuña non freara aquela ousadÃa de ler directamente a Castelao no seu centenario e tirar as nosas propias conclusións.
Era unha batalla pola xustiza cognitiva (en termos de Boaventura de Sousa Santos). Un combate contra o epistemicidio (en termos de Catherine Walsh). Unha contenda na que nos xogamos a autoconciencia. Por iso hoxe, como hai 35 anos, como hai 75 anos, temos que seguir a facer un chamado a saber de nós, a escorrentar tanta autoignorancia inducida e de asumir a febleza que representarÃa construÃr a propia liberación desde o descoñecemento da propia experiencia intelectual e social que nos achegaron quen nos antecederon no uso da palabra, e do terreo no que nos movemos, isto é, de Galiza.