O apelido “Tenreiro” : posibilidades de interpretación
Deixamos de barallar a posibilidade que a orixe deste apelido se deba a un “terneiro” ou “ternero ” catelán pois nunca foi esa a denominación galega do animal.
Varios nomes galegos segundo a zona, se barallan para os fillos novos do gando bovino : BECERRO, XUVENCO, VITELA, CUXO,…..pero non “terneiro”. Temos que procurar outros camiños,…
A primeira idea xurdiu-nos cando andabamos á explicación do apelido CADERNO, que aparece polas terras do Carballiño.
Entendemos que CADERNO , procede do latino QUATERNO, indicando o fillo nascido en cuarto lugar.
Os romanos non eran moi imaxinativos para asignar nomes aos fillos, e así ao que nascia de primeiro chamabán-lle PRIMUS, ao seguinte SECUNDUS,…
e así temos ainda hoxe actuantes como nomes ou apelidos , os de: PRIMO, SEGUNDO, TERCEIRO, QUINTO, OCTAVIO ou NUNO.
Así o expresa o P. Sarmiento : “Entre los romanos se distinguían los hijos por el orden numeral de su nacimiento, v.g.: SECUNDUS, QUARTUS, QUINTUS, SEXTUS, OCTAVUS, etc.Las hijas, siendo niñas, se llamaban con diminutivo: QUARTILLA,QUINTILLA, SEXTILLA, y de DÉCIMA, DECIMILLA, y de UNDECIMA, UNDECIMILLA, de lo que hay inscripción romana…”
Para o fillo número tres, ainda se usa o apelido TERCEIRO no noso País; pero aquí é onde pensamos puido ser utilizado tamén o nome de TERNO, co mesmo feitío que CADERNO por cuarto.
Daí sairía tamén o apelido español TIERNO ( Tierno Galván ), que nada tería a ver coa “ tenrura” e todo coa serie numérica filial.
Aí é onde matinamos se o noso TENREIRO, il non procedería dun fillo TERNARIUS > TERNEIRO, e por unha posíbel metátese, sairía o TENREIRO actual.
Unha segunda posibilidade xurde se pensamos que aos fillos nascidos antes de tempo chamáronse de, TEMPOREIROS. De un TEMPOREIRO, podería sair ( ainda que difilcutosamente ) a traveso de TEMP´REIRO, o noso TENREIRO.
Finalmente, a teoría que máis me convence , xurdiu cando consultamos a antiga documentación portuguesa, onde chaman de TEMPREIROS aos templarios, ou monxes da Orde do Templo de Xerusalén.
A sua presencia nas terras coruñesas está acreditada pola situación da sua Bailía ao pé da Ponte do Pasaxe, e a existencia do lugar que ainda loce o nome de TEMPLE.
Así teríamos : TEMPREIRO > TEMP´REIRO > TENREIRO, onde o proceso sería ben doado e esperado.
Seica era costume de vestir aos mociños coa roupa dos monxes e dos relixiosos ficando-lles o apelativo para toda a vida.
Ise é a orixe de moitos distes apelidos.
Lembramos na nosa infancia, a un rapaz que vestian coa roupa dos relixiosos, e ainda hoxe se lle coñece polo nome de, “ O Curiña”.
Lemos no Viterbo: “ FRADE. Antigamente se intitulavam muitos seculares com iste alcunho; ou por que haviam entrado em alguma religiao, em que nao permaneçeram; ou porque sendo meninos, andaram vestidos como frades, por devoçao dos seus pais,….”
E ainda: Estes meninos ( moçocos) como adidos ao serviço da Igreja, e participantes dos seus emolumentos e benesses, foram chamados MÓSSINHOS, MONGINHOS, MONACILHOS e MOÇOCOS……..
Así o apelido TENREIRO estaría á par doutros moi semellantes que circulan hoxe polo País, como : FREIRE, MONXE, ABADE ou FREI.