O Apalpador


Hoxe é día do Nadal,
vai meniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

A tradición cultural contribuirá á formación da conciencia dun nosoutros sempre que sea unha realidade actual e viva. O patrimonio cultural distintivo e propio, é sempre algo que se vive dende o presente. Dende esta óptica a tradición debe ser restaurada. Recrear a tradición, aumentala e actualizala, empregando os elementos que á identifican. Os nosos referente familiares e sociais constitúen certezas para a identificación do propio e a construción do futuro. Os nosos soños infantís, as nosas fantasías, pertencen, sen dúbida algunha, ao espazo referencial da nosa cultura e con este propósito é rescatado do olvido polo investigador José André López González, a figura do Apalpador. Este personaxe volta a aparecer timidamente nas nosas vidas : un ser fantástico, xigante, de profesión carboneiro, que polas festas de nadal baixaba das montañas de Lugo a visitar aos nenos e nenas para comprobar que estaban alimentados. Palpaba as barrigas e deixáballes castañas quentes.Moitas asociacións deste país fixeron súas a labor de recuperación da figura do Apalpador: Madia Leva de Lugo, a ourensán A Esmorga, a viguesa Revolta, Aguilhoar de A Limia, A Revira, de Pontevedra ou a fundación Artábria de Ferrol. Todas cun mesmo obxectivo a defensa e recuperación dos nosos referentes culturais dende o presente. Faise necesario por unha banda implicar a administración para a defensa e promoción das tradicións galegas como necesario é recrear esta figura dende unha actitude revisionista do noso sistema de valores: " que algún día chegue os fogares de todos os nenos galegos o Apalpador a darlle as festas de Natal un compoñente menos materialista e consumista".

Mais si necesario é recuperar personaxes fantásticos necesario é potenciar esas fantasías: o pobo galego foi que de crear os seus propios xogos ao tempo que tivo a capacidade de transmitir esas creación ás novas xeracións: " malia a termos un grande número de xogos en común con outras culturas do noso contorno, temos tamén as suficientes creacións orixinais para significar a nosa singularidade nas creacións lúdicas. Segundo investigadores como Moreno Palos, Galiza aparece, só despois do País Vasco e Navarra, no segundo grupo de comunidades autónomas españolas polo seu número de xogos e deportes tradicionais, e mesmo polo seu nivel de preservación e vixencia."
Os xogos populares son creados para satisfacer unha necesidade lúdica inevitablemente marcada polo xeito de vida do pobo creador. Os xogos populares galegos están sempre plenamente enraizados no medio, pero unha das súas virtualidades esenciais é que permiten ser recreados e modificados constantemente, cultivando, xa que logo, a creatividade. Os xogos tradicionais conservan as tradición e coñecemento dos aspectos históricos relevantes para a configuración da nosa sociedade. Posibilitan a construción do propio xogo dando maior nivel de independencia aos propios nenos e nenas pois a construción do xogo é un xogo en si. Ofrecendo unha mellor resposta afectiva e de relación cos compañeiros xa que como no traballo, no xogo tradicional é necesaria a participación do grupo.Que vos trae o Apalpador? Que ides traer Apalpadores e Apalpadoras? Enamais...