Invenio, empanada xacobea e pandemia

Todo quisque sabe que estamos no ano 2021 e en Galiza, esta pandemia, patrocínaa o Ano Santo Compostelán ou Xacobeo. Como se dunha empanada galega se tratara, con zaragallada diversa á que lle vai ben... de todo!
A masa empeza pola Invenio ou a tradición cristiá feita historia
Segundo a biblia, Xoán é irmán de Santiago “fillos do trono”-que non de Thor- (Marcos 3, 13-17)A tradición di que ven a Gallaecia a predicar Santiago o maior, outras din que polo Ebro ata volver a Xerusalén onde Herodes Agripa I córtalle a cabeza a principio dos 40 (Feitos 12, 2). E véñeno a enterrar aquí os seus discípulos Atanasio e Teodoro nunha barca de pedra ata que o ermitán Paio afirma ver luces oito séculos despois. Vai contarlle a invenio ao bispo Teodomiro e o príncipe azul deste conto, o monarca das Galicias Afonso II no S. IX é dos primeiros en falar do sepulcro do apóstolo Santiago. Pero o primeiro promotor da peregrinación foi Diego Xelmírez non a Xunta, que quen lle dera!
O papa Calixto II S. XII instaura o Ano Santo que xunto co Códice Calixtino apuntan á oportunidade político-relixiosa do momento. Compostela entra nos grandes fitos de peregrinacións mundiais e co camiño a Santiago arranca pois un indiscutible fenómeno de carácter político, social, cultural, ideolóxico e económico de enorme magnitude. Poucas persoas saben das pegadas da nosa historia, do reino de Galiza ou dos máis de 12 mapas que sitúan con claridade, no noroeste peninsular, a Galiza medieval, sinal de conexión co resto de territorios europeos e do resto do mundo comparable con hoxe Internet.
Pero as malas colleitas, peste, protestantismo, ...a perda do poder galego a finais da I.M. apuntaban a outra orde europea na que mingua considerablemente a peregrinación a Santiago. A bula do papa León XIII en 1884 re lanzando o sepulcro e afirmando que trala fachada barroca se atopan os restos de Santiago, Anastasio e Teodoro sen un poder político galego non devolven aquel esplendor do invento ou descubrimento.
O Xacobeo, a parte de arriba da empanada, a que se ve.
Desde aquel documentado peregrino Gotescalco do S. X aos 347.511 do pasado ano 2019 sen pandemia, foron moitas almas as que chegaron a Compostela, iso si, cada quen buscando a súa propia “indulxencia”. Escasa repercusión nas arcas autonómicas.
Viñeron por moitas vías. O camiño francés, por antonomasia, partiría como tal dun primitivo por terras do norte peninsular. Pero acoden hoxe tamén polos denominados ingleses, do interior e os costeiros dos portugueses, o do norte, o portugués, a vía da prata, o camiño a Fisterra e o do mar de Arousa.
Baseándose no libro 3º do Liber Sancti Jacobi Liber de translatione corporis sancti Jacobi ad Compestellam faise o primeiro remonte do 1965 pola ría de Arousa rememorando a translatio. Época da que datan uns 17 cruceiros polo Ulla arriba. Concellos aos que se lle suman outros a través da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. É así como no 1993 Vázquez Portomeñe impulsa o ano xacobeo coa declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Trala mascota de Luis Carballo fasto, boato e moderna liturxia de espectáculos pechando Un canto a Galicia con Julio Iglesias ante 20.000 personas. Retranca nas tabernas xacobeo, saco cheo, pero para quen?! Era cando naquela insulsa galeguidade estaba ben visto ser daquí, de onda o sepulcro, claro está, diluíndo a idea de que puidera ser o corpo de Prisciliano o da Santa Apostólica e Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela; chegaba o bispo integrista Guerra Campos para combater só coa toponimia, unha hipótese que arrancara no 1900.
Recordo un ano santo anterior, o de 1976. Eu non puidera ir á Compostela de Suquía coa escola unitaria de Bexo porque seica me tiñan que quitar as amígdalas -o otorrino perdooumas!- pero a operación de miña nai resultou un éxito, para que non fora o seu fillo único -coma sempre- de excursión. Nos esperanzados meses do 82 en BUP formándonos, e un tanto ignorantes no versallesco 1993 do Pelegrín, transubstanciación olímpica galega de Portomeñe, Fraga e Xunta bendicida polo señorío dos de Vilalba: Villares, Rouco e Fraga.
Pero quen non pregunta de que é a empanada?
Toda a masa parece agochar que o PP desde o goberno da Xunta a través do único que sabe, propaganda do facemos que facemos, continúa as ensinanzas do fundador. As súas campañas para perpetuarse no poder coa prensa e a televisión pública ignorando a realidade en directo, por exemplo, da adquisición do pazo de Meirás polo Estado e sorprendendo coa retransmisión da toma de posesión de Biden. Só interesa a parte de arriba da empanada con arrós: o escaparate para o mundo tratar ben aos demais, asegurar aos de afora. Cunha igrexa medieval cómplice para redimir a todo o sector patrio ao que só podemos aspirar. Así o Turismo é a gran revelación para os diferentes itinerarios confluíndo noutro errado Ben i dorm.
E alá van e aí veñen empresas, asociacións, fundacións querendo arrepañar algo baixo o patrocinio lícito e lóxico da promoción institucional: inversión no xacobeo 2021 de máis de 247 millóns de euros. Casas de turismo rural, hospedarías, albergues,... xorden á beira dos camiños, vilas e parroquias inzadas xa non só de peregrinos. Agora son roteiros, son runners, turistas con poucos cartos, paseantes encomendados a Decathlon e outras firmas. Pero mentres, non ven o agro, paisaxe e urbanismo esquecido e sen sentido. Ven caleadas as casas para que contemplen o decorado camiñantes forasteiras, como emulando así as visitas de Franco cando ía ao señorío dos Bendaña a ver o pazo do marqués da pernada en Vigo-Dodro, arrincado despois perpiaño a perpiaño para Meirás.
Pois debaixo da masa xacobea está tapado o que sempre necesitou e ten Galiza. Nestes tempos revélase importantísimo. Coma o fume dos eucaliptos as mascotas xacobeas tapan máis o feito relixioso e o desenvolvemento do agro, do mar, da industria e outros sectores dun país rico e non subordinado envexando os millóns de euros da empanada xacobea. Mentres zonas como a de Ferrol abatidas polas contínuas reconversións, cambios de mans no motor da Mariña luguesa afeitos xa a que desde un conde de Ence, perdón, de Fenosa ata a actualidade chuchen a nosa enerxía para outros territorios a cambio de termos, por exemplo, unha ben boa factura. A luz é máis cara no que se empeña unha e outra vez o noso desgoberno. Se fora así de perseverante coas competencias propias!
Tampouco vén de fóra remedio ou esperanza. A UE, máis de intereses económicos das políticas que a sustentan que no falso escaparate da igualdade ignorando os pobos, percíbese como un múltiplo de administración para os estados que parece que nin sabe nin quere negociar as vacinas para esta pandemia con outras latitudes.
Non hai pandemia máis grande que ter ingredientes de primeira calidade: Hª, lingua e cultura, ensino, sanidade,... e que non teñamos cociñeiro para amasar ben Galiza, país das empanadas en palabras de Cunqueiro.