Historia negada


Desculpen que hoxe presente este artigo tan longo mais necesario (para min). Levo tempo intentando, como outros compañeiros, que exista Xeografía, Historia e Arte nas programacións do ensino secundario e bacharelato. E claro está as propias materias. As barreiras son tan grandes e bárbaras como o Gaiás. E as ameazas xa non digamos. Temos un autogoberno tan potente que podes saír catedrático de Xeografía sen saber quen é Otero Pedrayo. Púideno comprobar, unha vez máis, hai pouco tempo. Agora que está para aprobarse esa aberración de lei do ensino que chaman LOMCE poderán comprobar como este artigo longuísimo ocupa moito máis espazo que o asignado a Xeografía, Historia e Arte do noso País.