Cando os peloteros están fóra de xogo
“Por as víctimas da violencia de xénero non se gardou ningún minuto de silenzo, e non estou disposta a gardalo por un maltratador” non se pode ser máis coherente e consecuente en menos palabras coas que Paula Dapena xogadora do Interrías de fútbol feminino se dirixeu ao mundo. Esta rapaza mostrou máis sensatez e razón que toda a masa de xente do sin sentido da hipocrisía que eleva á divinidade a un futbolista de conducta máis condenable que reprochable. Non entendo como alguén que na súa época de groria que lle daba ben a un balón o exonere do resto, do detestable que era como persoa fóra do terreo de xogo. Intendible.
Sinto ferir susceptibilidades pero é que estes días as redes sociais foron máis bipolares do habitual e atopar sendas contradiccións con este tema, por una banda moitos se derretían en versos e lamentos románticos coa figura dese señor o día da súa morte, e por outro lado moitos dos mesmos apoiaban a Paula polas ameazas recibidas por exercer o seu dereito á liberdade de expresarse.
Leín un artigo que eu o resumiría como o estalinismo emocional onde poñía; “a irmandade e a homoafectividade que se produce entre homes sempre será tan forte como o patriarcado imperante, o respecto e a lealdade que teñen os homes con outros homes é inquebrantable” “o romanticismo e a nostalxia, o compadreo , a irmandade e o amor entre eles é tan forte que é ampliamente comprobable a pouca vergoña que sinten ao falar de outros, homenaxealos e recordalos aínda sabendo que lles fixeron ás mulleres en vida os homenaxeados.”Quero pensar que é una tendencia moi humana o de idealizar e amar ídolos de barro, que todos cometemos erros, pero de aí a que neste país haxa políticos que din considerarse ferventes feministas se atreveran a decir/tuitear que Maradona era un gran ser humano e profundamentesensible ¿¿?? Comprometido coas causas xustas dos nosos povos irmáns. Que viña de abaixo e que sempre loitou contra os poderosos…iso non é eximente de nada, pero con Maradona si porque era zurdo e ten fotos con Fidel Castro e como era bastante de esquerdas xa é suficiente para merecer una bula que o exime de todo o demais…
Hai quen merece ser recordado e quen merece ser olvidado, sexa no mundo do fútbol, como en calquer deporte (menos acaparador) ou como en calquer profesión do planeta. Sexas Maradona ou sexas o panadeiro do teu barrio, así de sinxelo.
Moitos falan de que Paula tivo o seu minuto de groria mais moitas outras pensamos que nese minuto houbo máis dignidade que nos lamentables anos de vida do futbolista. As inxustizas non son patrimonio das feministas mais non acado a comprender que tanto molesta que una persoa non mostre repecto por alguén que non respectou a quen creía que eran seres inferiores.
Nun mundo tan de homes, una persoa como Paula con eses valores sí nos representa na vida, no fútbol, e no deporte en xeral.