Alfoz do Castro do Ouro o longo da historia

Alfoz do Castro do Ouro o longo da historia

E un dos municipios que forman o Val do Ouro. O outro e Valadouro.

Sobre a división do dito Val, dixo o P. Flórez no tomo XVIII da España Sagrada, Cap. III, as seguintes verbas: “Divídese el Valle en dos jurisdiciones, una del Alfoz y otra de la tierra llana. La Voz Alfoz significa territorio y varias veces se dice en privilegio que conceden tal cosa con su Alfoz; donde significa la jurisdicción que tienen sobre sus pertenencias, las cuales van agregadas a lo principal en tal privilegio. En el caso presente no se extrae de aquel significado: pero como Alfoz se contrapone a la tierra llana, denota aquel lo dependiente de estas en las faldas de los montes que la cercan como territorio dependiente del otro”.

Conclusión errada pois “Alfoz” nunca foi dependente do Valadouro, nin o territorio do Alfoz e, ou foi, o das ladeiras do Monte que cercan o Val, senón o mais chan e céntrico do dito val.

No século XIII, aparece nomeada por vez primeira a verba “Alfoz” e foi no privilexio que Alfonso IX, o dez de abril de mil douscentos vinte concedeu os poboadores do Ourio o famoso foro de Benavente no que se dí: “Concedo etian ei, Alfoz quod eis (populatoribus) Martinus Episcopus predictiloci populatoribus quantum habet intermino de Ourio pro Alfoz exceptis ecclesiies cum suis hereditatibus”.

Pouco tempo despois comezaron as desavenencias sobre o sentido deste privilexio. Estas foron arranxadas entro o bispo Xoán II e o concello e alcaldes do Castro do Ouro, mediante a cesión por parte do bispo o concello de Alfoz das freguesías de Bacoi, Carballido, Adelán e Lagoa e a mesma vila do Castro e a metade da freguesía de San Pedro de Mor, “eum omnibus directuriis de San Pedro de Mor; exceptibus hereditatibus capituli et prestimoniis canonicorum”. O Concello e alcaldes tiñan que dar o bispo ó ano, no mes de Xaneiro, douscentos soldos en moeda usual “pro collecta de villa el de alfoz”.

O Concello non se deu por satisfeito con esta concesión e pretendeu anexionarse todo o Val. Recurriron ó rei, Afonso XI, a quen lle mostraron unha carta aberta do rei Afonso, ó seu avó, confirmatoria da concesión que lles fixera o bispo D. Martín, de certos terreos do Val do Ouro. Estes terreos eran as freguesías de San Vicente de Lagoa, Santa Cruz, Sta. María de Vilacampa, San Martín da Veiga, Recaré, Santo Tome, Santa Eulalia de Frexulfe, o Cadramón, San Esteban de Oirán e San Martín de Figueiras.

Estas desavinzas traducíronse en guerras e fechorías. Estas resolvéronse con un novo acordo entre o bispo Don Álvaro e o concello e os alcaldes do Castro do Ouro.

Neste acordo o bispo comprometeuse a non demandalos por as débedas que os veciños do Val do Ouro tiñan contraídas con el.

Pouco despois o Bispo D. Rodrígo leva a contenda ante o rei Fernando IV, e estando se celebrando as cortes de Valladolid o bispo chega a dicir: “que o Castro doro con su alfoz que era suya”.

Esta nova disputa arranxouse con unha avenencia que foi outorgada o doce de setembro de 1309.

A consecuencia dela o concello outorgou unha carta no trinta de Novembro de mil trescentos trece, nunha das súas cláusulas di: “Et outros y sub á pena et jurmento sobredito nos o concelle; juy alcalles sobre ditos, por dar ajuda manteer esa postura daqui endeante de non consentir que en todo nosso alfoz lauren meesteyraes de ferraría, nin de carniceria, nin doutros menesteres que sson necesarios para ajuda da aprobaçon da villa, nin aia y taverna de vino nin de pan seno neno corpo da villa sobre dita do castro douro. Et esto facemos porque esta villa ffoy desprovada et metida en gran perda por ningoa de provadores”.

Nos tempos do Rei Pedro os veciños foron condenados por sentencia do adiantado maior D. Andrés Sánchez de Gres dada en Ribadabía o dezanove de Nadal de mil trescentos cincuenta e seis a pagar 20.000 maravedises polos danos ocasionados na cerca de defender e amparar Alfoz”.

O século XV, aparece chea de diferenzas xurisdicionais ata a chegada do mariscal Pardo de Cela.

En 1550 a escribanía do Castro valía dous mil maravedís.

No século XVI, o bispo continuo elixindo o xuíz a proposta dos veciños. Esta costume foise consolidando co nomeamento por parte do bispo de dous alcaldes ordinarios. Un a proposta dos veciños, este era elixido polos veciños cerca do castelo nunha data próxima o San Xoán e outro polo estado nobre.

No século XVI, a recadación dos tributos pertencentes o bispo e do Deán de Mondoñedo.

Alonso Pedrosa e Saavedra, rexedor perpetuo da cidade de Mondoñedo e veciño de Adelán ostentaba este dereito e por outra D. Lourenzo Basanta Saavedra e Miranda, Capitán da milicia da compañía da xurisdición da vila e Alfoz do Castro do Ouro na “boz de lo yxosdalgo de la casa de Adelán”.

Durante o século XVIII sucedense os enfrontamentos entre o bispo e os veciños de Alfoz. Era alcalde ordinario da xurisdición da vila e Alfoz do Castro do Ouro D. Rosendo Villapol e Cordido e estaba formado polas parroquias de Iago de Adelán, Sta. María de Bacoi, San Salvador do Castro do Ouro, San Sebastián de Carballido, San Vicente de Lagoa, San Pedro de Mor, San Mamede das Oirás e Santa María do Pereiro.

Dentro da parroquia de San Pedro existía o Coto de Villagabe de reducidas dimensións e escasos veciños. Pertencía o cabido da Catedral de Mondoñedo. No político e administrativo dependía do Castro, tendo xuíz propio, solo para as causas criminais. En setembro de 1742 era xuíz da xurisdición D. Xoan Basanta Osorio.

En 1800 a renda do Pereiro que debía pagar a Mitra Mindoniense era de 174.000 maravedises. Nun caderno da dignidade episcopal dise: “Castro de Oro y Pereiro es la metad del diezmo de ambas parroquias y cada vez.º del Pereiro 6 ferrados de voto y por cada uno que muere y tenga bienes medio celemín y el mejor pajel de lutuosa y mostrenco”.

No ano 1820 a antiga xurisdición do Alfoz do Castro do Ouro pasou a constituírse coas oito parroquias que a formaban o novo concello de Alfoz. E estaba integrado no partido xudicial de Mondoñedo.

Por R. D. do 23 de xullo de 1835 figura o concello de Alfoz co engadido de “Castro do Oro”, completando o nome.

En 1840 a xunta provisora do Goberno da provincia de Lugo, na circular do nove de Outubro dese ano publica no Boplu, n.º 84 do 18 do mesmo mes a disolución do concello de Alfoz do Castro do Ouro, creando un novo chamado “Valle de Oro”.

A idea da xunta do Goberno era facer dos axuntamentos do Alfoz do Castro de Ouro e “Tierra llana del Valle de Oro” un só chamado “Valle de Oro”.

O dous de Marzo de mil oitocentos corenta e cinco no n.º 26 do BOPLU co motivo do repartimento da paga e utensilios, aparece unha lista co nome das parroquias polas que estaba formado o Concello de Alfoz. Estas son: San Salvador do Castro do Ouro, Santiago de Adelán, San Sebastián de Carballido, Santa María de Bacoi, San Pedro de Mor, San Vicente de Lagoa, San Mamed de Lasoiras, Santa María do Pereiro.

Esta relación sería modificada coa segregación da parroquia de Reirado (eclesiasticamente non existe) da de San Pedro de Mor.

Ademais adoptaron se os nomes a toponimia galega, sendo o cambio mais significativo o de San Mamed de Lasoiras por San Mamede de Oiras.
Con este nome figura na relación do Concello publicada no BOPLU en novembro de 1840.

Este cambio durou pouco tempo xa que nunha relación do axuntamento que se publica no BOPLU o sete de Novembro de 1841 non parece o concello del “Valle de Oro” e si os concellos de “Alfoz del Castro de Oro” e “Tierra llana del Valle de Oro”.

Ata 1900 a capitalidade municipal estaba encravada na Torre (parroquia do Castro do Ouro). En 1900 pasa a Correlos (parroquia de San Pedro de Mor). En 1910 pasa novamente a torre, cambiando o nome polo do Castro en 1930 e volvendo a Castro de Oro en 1940.

O último cambio de capitalidade producese en 1990 xa que por el D. 326/1990 de 31 de Maio da Xunta de Galiza, se aproba o cambio de capitalidade do Castro parroquia do mesmo nome o da Seara, parroquia de San Pedro de Mor.