A igrexa de Santiago de Foz no século XIX

A igrexa de Santiago de Foz no século XIX

As campás da Parroquia de Santiago de Foz.


As dúas campás da parroquia se mandaron facer a D. Francisco Haza Palacios por outubro de mil oitocentos sete. Trouxéronse en lancha desde o porto de Viveiro, polo gremio de Mareantes de Foz o primeiro de agosto de mil oitocentos oito. Así como todo ferro traballado para encepalas e todos os materiais para a colocación delas na Torre. A maior pesa 28 arrobas e 8 libras “castellanas” e a menor 15 arrobas e 15 libras. Tiveron un custo de 9.274 reais. O mestre carpinteiro Narciso de Lage, a quen se lle encomendou o traballo e buscar o ferro, que pasou de 400 libras, que se me contaron para encepar as dúas campás, madeira e viaxe que fixo a Viveiro a esta para colocalas con perfección e seguridade na torre. Este cobrou 1407 reais. O custo das dúas campás foi de 10.681 reais, máis as dúas campás vellas.

Obras na Igrexa nesa época.

Nas contas que da Baltasar Nicolás Silva Pardo, para la obra de frontis, torre, elaboración do corpo da mesma igrexa e o mais en ela feito e traballado. Foi elixido recadador dos efectos e caudais D. Antonio Fernández Ramos. E compoñen todos os recibos 5.788 reais.

250 reais que se pagaron o P. Fr. Guillermo de Cossio, enxeñeiro polos dous viaxes que fixo desde o Convento de Vilanova para recoñecer a igrexa e formar “dos mapas de la Torre y frontis”, por saír a primeira con moito custe.

25 reais polos dereitos de papel, selo e dar fe con Bernardo Ceses. Este comprometíase arrancar a cantería necesaria e poñela no porto de San Ciprían, onde os barcos a poderán tomala.

21 reais e 12 mrs. pola escritura de remate de obra acordo o plan, incluso o papel que da fe dito escriban.

189 reais da pía bautismal que se fabricou de novo, sendo esta moi fermosa, coa súa cuberta de madeira e porta, como así mesmo outra porta para subir á torre e tribuna coas fechaduras e ferraxe.

381 reais, fabricar a cantería para igualar co altar maior “y a la Romana los dos pies e más los colaterales de ambos lados”, cubrilos de táboa e as tarimas deles. Estes foron aportados polos devotos de Nosa Señora das Dores 210 reais e 171 pola fábrica da igrexa.

160 reais Dous confesionarios novos e pechados e se repararon tres vellos con as súas portas e rellas.

A obra da torre, elevarse todo o corpo da igrexa para maior capacidade e fermosura, non só poñerlle arcos de cantería, atreches con que se aseguraban vigas para a súa armazón. Tamén fabricar ó longo do cruceiro e parte do corpo unha capela con arcos de cantería onde se colocasen os colaterais, un deles dedicado o Apóstolo San Andrés e outro de María Santísima del Rosario que estaban ocupando o corpo da igrexa. Para isto foi preciso cortas ás casas da fábrica para deixar oco para as procesións arredor da mesma igrexa e despois renovar e pechar ditas casas, que todo tivo efecto aumentándose de renda das propias casas da fábrica outros 100 reais.

Axustouse co mestre Barros pagarlle de salario por cada día 6 reais e comer de medio día a mesa do cura e toda a obra incluída a “losa y losones” para cubrir e cerrar a igrexa, condución de algunha delas, mestres, xornaleiros que axudaron, a porta da nova capela co seu ferraxe, madeira e cravación 14.575 reais. Dentro disto non se incluíron os gastos de “refrescos, comidas e a principal da conclusión da torre”.

A obra dura 328 días, incluso os festivos en que mantiven o mestre Barros sen diferenza algunha o que axustaramos. A comida diaria se regulou en 3 reais, sendo un total de 984 reais.

Se encepou de novo o esquilón da Igrexa, substituíndo a madeira, 22 reais e medio.

A porta principal e maior da igrexa debe ser de “madera castaño” e que os “pitones donde han de colocar las visagras” han de estar “puestas y emplomadas” en la cantería e así mesmo que en unha das súas follas han de deixar un postigo suficiente que tanto os postigos como as dúas follas principais han de ter e coller toda a folla que han ter o groso correspondente.

Na ventá da tribuna a de estar posta a “vidriera” que necesita de “vidrios” de visión cristalina, ben colocados con os seus chumbos e mais necesario, todo ben asegurado.

Debíase lastrar e arranxar toda a tribuna e bóveda do coro. A escaleira de madeira para subir o Coro, dende aco sube outra escaleira de cantería que sube o alto da torre. Revocar toda a torre a “llana e pobeta” con dúas maos de branco tanto por dentro como por fora excepto onde aiga cantería.

Foi fiador da obra D. Miguel González Mañón e Osorio.

Dos xornais da obra nova quedaron debendo ó dito mestre Barros 117 reais por abono do que lle resta de cumprir e outros 25 rs.do resto do axuste da torre.

Quedaron algunhas fanegas de cal para empregar que se atopan na caseta da igrexa e que se empregarán en dar cal e branquear as paredes da igrexa.


,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.