Os escritos de Moncho Reboiras

Os escritos de Moncho Reboiras

Non é nova a preocupación do movemento do que Reboiras formou parte en divulgar a súa contribución doutrinal, en dar a coñecer a súa entrega a loita nacionalista e en dignificar e manter viva a súa memoria. Quixemos que o noso compañeiro non correse a mesma sorte que moitos dos que o precederon no martiriolóxico nacionalista, por iso acudimos todos os 12 de Agosto a Imo e a Ferrol desde o ano posterior a súa morte, a renderlle homenaxe e a lembrar o seu exemplo. Conscientes do intento de manipulación, instrumentalización ou asimilación da súa figura, pretendemos achegarlle ás galegas e aos galegos diversas pinceladas biográficas que impedisen o seu esquecemento ou unha visión deformada do noso compatriota. Limitados polas dificultades que impón o particular libro de estilo da clandestinidade para rescatar os seus textos políticos, non renunciamos a que a súa obra este presente no Terra e Tempo para que o seu pensamento chegue aos galegos e as galegas de hoxe sen intermediarios.

Inaguramos esta sección que a nosa publicación lle dedica a Reboiras, precisamente o 10 de Marzo, cun texto da súa autoría, no que informa sobre a represión que sofre Galiza en 1972 como consecuencia das mobilización obreiras ferroláns. Nel o noso camarada, presentásenos como un xornalista obreiro, que pretende dar testemuño dos fitos daquela loita e da posterior resposta do réxime, ao mesmo tempo que saca conclusións para seguir a traballar politicamente. Ne mellor tradición de todos os revolucionarios, centrase no que é nuclear, dándolle a súa escrita un carácter instrumental que a par que informa, fundamentalmente axita e organiza. En definitiva a obra dun patriota galego, nun momento no que todo estaba por facer, e que pretende dotar de ferramentas teóricas a un movemento que tiña que actuar nunha realidade hostil.