O mercado é quen máis ordena

O mercado é quen máis ordena

O mercado é quen máis ordena

Os mercados pedían unha reforma da Constitución Española, e a modo de deus superior ao que hai que cumplimentar todas as demandas, múdase un texto constitucional que PP e PSOE sacralizaron até o punto de que, cando desde o nacionalismo se falaba do dereito de autodeterminación ou de amparar na Constitución a lingua galega, estas peticións eran tachadas de innecesarias, imposibeis e radicais.

Pero agora quen solicitaba esta reforma eran "os mercados", e lonxe de procurar que o poder político controle, dirixa e someta aos mercados e a economía, PP e PSOE sacralizan o déficit, que non é máis que unha ferramenta da política. Deste xeito as políticas a favor das maiorias sociais ilegalízanse no estado español, no cal as políticas neoliberais van ser as únicas posibeis.

As formas coas que levaron ao Parlamento Español esta reformada constitucional o PP e o PSOE foi lamentábel. Sen posibilidade de referendum (pois a reforma xa estaba prometida aos "mercados" e había que evitar a incertidume dunha decisión democrática), e cun trámite nas cámaras menor ao de calquera lei.

Cal vai ser a próxima demanda dos "mercados" que o PP e PSOE van ter que complacer? Porque o monstruo do capitalismo non se sacia nunca, xa que o seu fin é acumular máis e máis riqueza, aumentando cada ano o seu crecemento e beneficio.

Teremos privatizacións da sanidade e do ensino, porque os "mercados" queren ese negocio en exclusiva. Eliminarase o dereito a manifestación e a protesta pública, porque desestabiliza aos "mercados". Valeiraran aínda máis os gobernos das Comunidades Autónomas, porque os "mercados" consideran máis eficaz un poder centralizado en Madrid.

As/os nacinalistas galegas/os quedounos o consolo, de que cando menos durante cinco minutos, os/as señores/as do PP e PSOE, tiveron que escoitar, moi ao seu pesar, a contundente e clara intervención do noso compañeiro Francisco Jorquera. Unha voz que foi ocultada escandalosamente, unha vez máis, polo medios de comunicación.

O mesmo día no que PP e PSOE humillábanse publicamente diante dos "mercados" e convertian en texto constitucional os recortes nos servizos públicos e condenaban a desaparición calquera intervención pública na economía, o PSOE en Galiza, por boca do Sr. Pachi Vázquez arremetia contra os tesourazos do PP, que considerou un ataque a liña de flotación do Estado e vaticinou "desigualdade, exclusión social e violencia" como consecuencia dos "recortes sociales e o desmantelamento do Estado" que atribuiu aos populares. O mesmo día na Coruña, a portavoz dos socialistas no Concello, tamén daba unha rolda de prensa para denunciar os recortes que o PP de Carlos Negreira xa está a facer no concello. Esto non é máis que un exercicio de cinismo, senvergoñería e falta de respeto polo pobo.

Como se vai atrever agora o PSOE en Galiza a criticar os graves recortes sociais que o PP ten preparado para os orzamentos de 2012 en concellos e na Xunta de Galiza?

Estamos diante dunha grave situación. Esta reforma da Constitución deixa aínda máis fora do sistema ao nacionalismo galego. E dicimos isto porque imos ter que traballar nun contexto no que o noso dereito a decidir coma pobo estará aínda máis anulado. Nin dereito de autodeterminación nin marxe desde as institucións para as políticas a prol das maiorias sociais.