Non a privatización da Sanidade Pública

Non a privatización da Sanidade Pública

Estes días atopámonos co anuncio de que a Xunta planea privatizar o subministro do material sanitario, e para iso nada mellor que promover unha adxudicación a unha única empresa privada que pasaría a xestionar todo o reparto e subminístraos aos distintos hospitais públicos privados, centros de saúde e ambulatorios.

Escúdanse no obxectivo de que así reduciran custes e os servizo funcionara mellor pero esquecen que este servizo esta sendo realizado por funcionarios e que a empresa privada seguro que empregará a metade do persoal actual.

Calculase que este concurso salga no mes de outubro e alí comprobaremos a que empresa se "beneficia" e o importe desta privatización. Este plan inclúe tamén a xestión das compras do material, e xa veremos si a calidade do subministrado corresponde co prezo pagado, porque dubido moito que dediquen un so minuto en controlar que o subministrado é o correcto, non se vaia desmontar o chiringuito dos beneficios.

Pero esta privatización non é nin a primeira nin será a última, so hai que lembrar a privatización do servizo de cita previa do Sergas por valor de 2 millóns de euros ao ano, a privatización dos teléfonos de atención ao cidadán como o 061 e o 112, que cando chamas che poden atender tele-operadores situados en Sudamérica porque a empresa lle sae máis barato.

Podemos seguir polo modelos de hospitais financiados que queren facer en Vigo e en Pontevedra, novos hospitais que parte do servizo será privado seguindo o modelo de Valencia e Madrid, e todo para o beneficio de empresas privadas "amigas" en detrimento da nosa saúde. So hai que mirar as estatísticas que manexa a plataforma en defensa da sanidade publica.

E moi fácil ser conselleira de sanidade e falar de privatización cando non se coñece a realidade actual que os pacientes están a sufrir. O exemplo máis claro podémolo topar en Montecelo, si vas a consulta do especialista podes esperar media hora a que te atendan, votas 5 minutos dentro da consulta e logo esperas máis dunha hora para coller a vez para unha nova revisión, isto vivímolo moitos dos usuarios que temos que acudir frecuentemente a este hospital, pero tamén pasa no Xeral Cíes, no provincial de Pontevedra, e supoño que no resto, e non intentes pedir cita por teléfono porque iso é misión imposible. Xa me gustaría ver a min a señora Farjas facer cola como facemos a maioría ou esperar meses e meses por unha cita porque non renovan os contratos ao persoal médico e inda din que as listas de espera se reducen, reducen enviando operacións a centros privados e pagando primas.

Pero claro é moi fácil privatizar un servizo público porque total quen privatiza ten a oportunidade de poder ir a sanidade privada e logo van facer a foto aos públicos, iso si, sen facer cola, sen pedir cita previa e esperar meses e reservándolles media planta para eles sos e a mellor atención posible, así ata eu falaría ben da sanidade pública.

Hai unha frase que usamos moitos pacientes que é a de "que nos hospitais non se come ben, e a sopa esta feita a base de auga e avecren e parece auga chirla" imaxinádesvos este servizo nas mans dunha empresa privada sen control? E o servizo de limpeza? ..... mellor nin pensalo pero a este paso sen que ninguén o remedie pronto o vamos vivir.

Crearase unha fenda máis profunda na sociedade en plena época de crise: o rico poderá ir ao privado e a maioría dos galegos a sufrir o deterioro da sanidade. E inda por riba están a estudar a posibilidade de implantar o copago nalgúns servizos, si a maioría dos galegos tivésemos os seus soldos inda se podería considerar pero esquecen que Galiza ten as pensión máis baixas dos estado español, a poboación máis avellentada de todo o estado e o número de parados crece día a día e falan de copago para reducir costas, so hai que ollar a situación da sanidade da comunidade de Murcia.

Pois si queren reducir costas que empecen por eliminar as subvencións a dedo, subvencións a periódicos afíns, subvencións sen ton nin son que so fan pagar favores e con eses cartiños empregados en xestionar adecuadamente o Sergas e a ofrecer servizos en condicións serian mellor empregados, pero non primeiro están os favores e no último escano a saúde dos galegos. A boa xestión non se fai a costa de recortes sociais senón que se fai grazas a non malgastar en cousas innecesarias, no autobombo e en pagar favores. Por iso máis que nunca NON A PRIVATIZACION DA SANIDADE PUBLICA