Malgastando fondos públicos non se fai país
Comezou o ano escolar con recortes na ensinanza pública pero as consecuencias destes recortes non so son que este ano moitos mestres quedaran sen traballo, aumentando así o número de parados, senón que as consecuencias vana sufrir os nosos nenos. Pero cando os que teñen competencias na materia se esquecen de que a ensinanza é un dereito non un negocio é sinal de que algo esta fallando.
E o negocio o ven nas escolas privadas onde estes centros non sofren recortes senón que inda se lles incrementan as subvencións disfrazándoas de axudas extraordinarias a maiores do propio concerto que teñen estabelecido estes centros coa administración galega para que contraten persoal especifico mentres que nas públicas se despiden mestres porque non hai orzamento e hai que rebaixar custes. E non so afecta ao profesorado senón tamén os equipamentos como a dotación de portátiles do proxecto Abalar onde a maioría dos centros beneficiarios son centros privados fronte aos públicos.
Quizais esqueceron que estamos en tempos de crise, crise que cando lles conven enseguida nola lembran para dicir que non hai cartos e hai que facer recortes iso si sempre a conta dos mesmos de sempre e por suposto facendo diferenza entre clases socias según o tamaño dos petos. E inda che dirán que senón estas contenta coa pública sempre che queda a privada.
Empezaron coa sanidade pública promocionando a construción de hospitais con capital privado e dentro de pouco aplicaran esta formula aos centros escolares, porque non pensan no fin destas obras nin nos servizos que teñen que dar senón so pensan en pagar o favor do construtor de turno ou do beneficiario das concesionarias.
Sen embargo se repasamos as últimas subvencións dámonos conta que cartos hai pero é máis sinxelo repartilo entre os amigos para pagar favores que poñerse a xestionalos en beneficio do país e dos galegos, é mellor gastar unha chea de euros en autopublicitarse antes que invertelos en sanidade ou educación, non vaia ser que non saibamos que na en tal consellería fixeron tal estudo, as obras non requiren publicidade pois o velas xa todos sabemos que foi feita, pero si que os nosos nenos precisan de máis profesorado especifico.
Cartos non hai, pero si hai cartos para unha axuda de 15 millóns de euros para Telefónica, baixo a escusa de que así todos os galegos teremos banda ancha no 2ns13, si nos pode pasar por diante da porta pero como non teñamos traballo para poder pagarlle a Telefónica a liña creo que de pouco vai servir ese investimento.
Debe ser porque Telefónica é unha "ONX" que esta disposta a pornos Internet gratis e con eses 15 millóns de euros crear un plan de emprego para os galegos pero vai ser que non senón todo o contrario. Hai que lembrar que esta empresa solicitou un ERE para o 25% dos seus empregados porque non gañaron o suficiente, so 10.167 millóns de euros en todo o mundo no 2010 supoñendo un 31% máis que o 2009, e non teñen cartiños para pagar as prexubilacións e quere que llas paguemos entre todos cos nosos impostos pero si teñen 450 millóns de euros para accións dos seus directivos e un presidente que cobrou 8,6 millón de euros (máis da metade da axuda concedida pola Xunta) e inda por riba temos as tarifas máis caras de toda Europa.
E pola contra a Xunta so destina 5,3 millóns de euros aos concellos con terreo en Rede Natura para a súa conservación e posta en valor esquecendo que un plan axeitado para esta posta en valor e conservación podería crear postos de traballo e atraer turismo. Pero é mellor primar a empresa privada que total teremos pan para hoxe e fame para maña.
Sigamos malgastando os fondos públicos para beneficiar aos mesmos de sempre, sigamos destruíndo o público para beneficiar ao privado e sigamos gobernando as costas do pobo que tarde ou cedo o pobo ten que abrir os ollos ao igual que o fixeron os nosos antepasados na primavera de 1467. Cando o pobo farto dos agravios que sufría por parte dos nobres, dos amos e da igrexa levantouse en armas dando lugar a Revolta Irmandiña.
Xa temos o presidente da Xunta créndose o señor feudal e que o seu poder se alongue mais aló da fronteira do Reino de Galiza e chegue ao centro da península Ibérica, temos os nobres compracentes hoxe chamados conselleiros, temos un clase gremial que se aproveita dos beneficios polo apoio prestado ao señor feudal a conseguir o seu castelo que traducido a hoxe en día tratase de empresarios que axudaron na campaña a Feijoo e que hoxe este llo devolve en forma de subvención. E por último temos o poder da Igrexa que si antes sometía ao pobo agora volve a facelo baixo o estandarte da conferencia episcopal e como os grandes defensores da familia.
Si nesa época baixo o lema "todos a unha" lograron cambiar a historia agora tócanos a nos demostrar que lle queremos a esta terra, a este país, que temos capacidade e temos dereito ao ensino e a sanidade públicos e de calidade.