A gripe A morreu, viva a gripe A.

A gripe A morreu, viva a gripe A.
Á falta de tres meses para que se cumpra un ano da declaración da pandemeia da gripe A, compre lembrar algúns datos. Nesta nova era, os enfermos deixan de ser pacientes para ser clientes e a publicidade dos medicamentos faise sen pudor desde as institución sanitariarias, os comités de expertos ou calquera organismo por prestixioso que se considere. Precisamos saber a verdade e recoñecer aos responsables.

O Comité de Emerxencia da OMS está ultimando os estudos para declarar que a pandemia da gripe A pasa á fase de transición. A seguinte cuestión que cabe preguntarnos é si xa teñen os datos suficientes para que á volta de 8 ou 10 anos poidamos ter esquecida esta terrible enfermidade e comezar a preocuparnos por outra, que, como non, vai ser devastadora.

Durante os escasos 10 anos que levamos andados do século XXI, a OMS declarou tres posibles pandemias: a neumonía asiática, no 2002, que causou 200 mortos; a gripe aviar, con 282 mortes en 6 anos e a nova gripe porcina ou gripe A. Os últimos datos falan de 14.000 mortos en todo o planeta.

O primeiro caso de gripe aviar foi detectado no ano 1997 en Hong Kong. Os medicamentos "eficaces" como o Tamiflu, xa empezaban a estar dispoñibles nas redes de distribución farmacéutica.

Que está pasando? Poderíamos pensar que, lexítimante, a industria farmacéutica ten dereito a rentabilizar a inversión en novos medicamentos e que as autoridades sanitarias, coa OMS á cabeza, teñen a obriga de previr mortes e enfermidades recomendando o uso destes medicamentos e vacinas.

O razoamento parece insustancial, pero non o é. Precisamente neste marco de "confianza" nas institucións europeas, mundiais, e canto máis extranxeiras mellor, elabóranse as grandes campañas de marketing encamiñadas a dirixir os nosos medos polos camiños que nos marquen.

O desprestixio intencionado das organizacións políticas, das sindicais, dos parlamentos...ao que moitos dos seus membros colaboran activamente, colocan a cidadanía orfa, nos brazos das organizacións de perfil técnico, como a OMS, ONU, FAO...crendo que os seu fins son honorables e puros.

A gripe A é unha proba máis de quén ostenta realmente o poder.

O 11 de xuño de 2009 a OMS declara o nível 6 da pandemia e, un mes antes, modifica a definición do termo pandemia para que a enfermidade teña mellor encaixe neste nível 6, o máximo. Hoxe podemos supor que non había datos obxectivos suficientes que desculparan esta alarma, mais ben, as anteriores experencias na gripe aviar, aconsellaban prudencia nas decisións. Pero, quén é o chulo que lle contradí a OMS a declaración dunha pandemia?. Os estados teñen liberdade para seguir ou non a súas recomendacións, baixo a súa responsabilidade, sen datos e cos ollos pechados.

O médico alemán Wolfgang Wodarg, a traverso da Comisión de Sanidade do Consello de Europa, responsabiliza a OMS de esaxerar a alarma ante a gripe A e pide a demisión da súa directora xeral Margaret Chan. O debate foi duro e a OMS non puido negar que os expertos que traballan na organización non cobran das farmacéuticas.

Rápidamente púxose en marcha unha campaña de desprestixio contra Wodarg, facendo crer que actúaba por rencor, (que pode ser). O Consello de Europa, como bó compañeiro, rebaixa as súas acusacións, aínda que as dúbidas están sen despexar.

Margaret Chan recibiu no 2009 o premio Principe de Asturias, como directora xeral da OMS. Na entrevista que concedeu á organización do evento, declara que a grande aportación que leva feito a OMS a saúde mundial foi "darlle un nome común para todos os compoñentes dun medicamento, e así poder atopalo en calquera continente", para posteriormente engadir que " agora a OMS vai centrarse nas enfermidade de estilo de vida, xa que suporán un grande custe para os estados".

6 de cade 10 mortos nun día no mundo son por enfermidades curables con tratamentos económicos. De gripe A morreron 14.000 persoas. A gripe estacional mata cada ano ao redor de 500.000, dos case 5 millóns de casos. O estado español mercou 13 millóns de vacinas de gripe A e só se usáron 2 millóns. O 40% do invertido en novas moléculas na industria farmacéutica está destinado ao marqueting.

Que está pasando?

Desexo rematar este primeiro artigo con algo máis de optimismo. De todo isto podemos extraer dúas ensinanzas: a primeira é que lavando as máns a miudo e evitando esbirrar na cara do veciño podemos diminuir moito o contaxio da gripe, de calquera gripe, a segunda sería que os organismos técnicos non son tan asepticos e inocentes como nos queren facer crer.

É tempo de demostar a altura das institucións políticas e sociais. Unha boa oportunidade.