Un congreso con contido


No pasado mes de decembro celebrouse na cidade de Almada o XIX Congreso do Partido Comunista Português baixo o lema Democracia e Socialismo. Os valores de Abril no futuro de Portugal. Neste congreso o PCP procedeu á actualización dun programa que defende unha democracia avanzada para Portugal recuperando os valores e as conquistas da revolución de abril de 1974, e elixiu unha nova dirección que mantén a súa composición con algúns pequenos cambios de entre os que cómpre salientar a saída do Comité Central de militantes históricos como Sérgio Ribeiro, Domingos Abrantes ou Odete Santos.

O congreso aprobou tamén unha ampla resolución política na que se fai unha análise da situación internacional, nacional e do partido ao tempo que propón liñas de actuación nos distintos ámbitos; resolución política na que destacaría seis elementos:

A denuncia da ofensiva ideolóxica do sistema como instrumento esencial da dominación de clase, ofensiva que neste momento baixo o paraugas da crise busca que o pobo asuma recortes de dereitos e outros sacrificios como inevitábeis e considere inútil calquera protesta ou mobilización organizada; unha ofensiva que sitúa en primeiro plano o ataque á política en abstracto buscando crear a percepción na sociedade de que hai unha especie de “clase política” que é culpábel da actual situación, buscando así igualar a todo aquel que realiza actividade política sen ter en conta os intereses que defende cada quen e ocultándose por tanto a responsabilidade das políticas de dereita na actual situación e as características intrínsecas á propia natureza do capitalismo de explotador e opresor.

A atención aos novos movementos de protesta e indignación que amosan un rexeitamento do capitalismo pero aos que a súa heteroxeneidade pode chegar a convertir en instrumentos de utilidade para o propio sistema enfrontándoos co movemento popular organizado política ou sindicalmente. O PCP mantén “… que movimentos supranacionais desligados de reais processos de luta em cada país e construídos a partir de cima com a imposição de «modelos» e «receitas», bem como teorizações em torno de conceitos como «movimento dos movimentos» ou «sujeitos políticos e revolucionários supranacionais», não só não resolvem problemas e desafios apenas ultrapassáveis com o fortalecimento da luta no plano nacional, como podem conduzir ao surgimento de divisões e à descaracterização e assimilação pelo sistema de movimentos e processos de luta.”

A importancia da loita de masas destacada entre o resto de frontes de loita (electoral, institucional, social,…) ao ser a que permite aos traballadores e traballadoras e ao conxunto das clases populares ser protagonistas das súas propias reivindicacións sen delegar da súa responsabilidade. Considerando ademais que a intensificación da loita de masas e a paralela articulación de organizacións fortes e combativas nos distintos ámbitos da sociedade é a mellor garantía de erguer o nivel de conciencia de quen nelas participan.

,A política alternativa, patriótica e de esquerda que só pode partir dunha ruptura coa actual política de dereita, da defensa da soberanía de Portugal para decidir sobre o seu futuro, a protección e o desenvolvemento dos sectores económicos básicos e a garantía dos dereitos sociais e laborais. Unha alternativa que consideran posíbel cun aumento da loita de masas que poida dar paso á creación dunha fronte social que permita unha alteración na actual correlación de forzas e a creación dun goberno alternativo integrado por distintas forzas e co apoio das organizacións de masas e sectores socias anti-monopolistas.

A necesidade de abrir o debate sobre a saída do euro, cando vai alá máis de ano e medio de intervención da economía portuguesa pola troika ninguén pode negar que o PCP tiña razón ao opoñerse á Unión Europea (resultado de distintas transformacións desde o Mercado Común até hoxe) pois é a responsábel do desmantelamento dos sectores básicos da economía portuguesa atopando ademais na actual crise económica unha excusa para ir máis axiña nese desmantelamento e paralelamente eliminar os dereitos laborais e sociais. Nese debate defende “…uma política que, assegurando a libertação do país dos chamados critérios de convergência e das imposições supranacionais, recusando o papel do BCE enquanto instrumentos de dominação e especulação financeira e afirmando o direito inalienável do povo português decidir o seu destino, promova uma linha de acção convergente com outros países da União Europeia vítimas de processos de especulação e ingerência no sentido da luta pela dissolução da União Económica e Monetária; e, simultaneamente, a adopção de medidas que preparem o país face a qualquer reconfiguração da Zona Euro – nomeadamente as que resultem da saída de Portugal do euro, seja por decisão própria ou desenvolvimento da crise da UE – salvaguardando os interesses dos trabalhadores e do povo português, vítimas de décadas de políticas e decisões contrárias às suas justas aspirações e direitos.”

,A importancia da solidariedade internacionalista fuxindo da búsqueda de modelos, para o PCP nesta etapa de crise do capitalismo é máis necesaria se cabe a colaboración entre partidos comunistas e con outras forzas progresistas e anti-imperialistas pero partindo sempre de que os camiños son diversos e froito da evolución da loita de cada pobo, debendo cada partido comunista definir a súa liña de actuación e os seus obxectivos; por iso téndose avanzado nos últimos anos na cooperación e unidade de acción dos partidos comunistas o PCP considera negativas tanto as tendencias social-democratizantes que abandonan as compoñentes fundamentais da identidade comunista como as que coa excusa de manter a ortodoxia buscan a imposición de modelos únicos.

O reelixido secretario xeral Jerónimo de Sousa pechou o congreso coas seguintes palabras:

“Camaradas

Por aqui perpassou a confiança.

Numa situação dura como punhos, quando os trabalhadores, o povo português e o país sofrem o vendaval destrutivo e arrasador da política de direita deste governo, nós afirmamos:

Nada está perdido para todo o sempre.

Quando os trabalhadores e as populações intensificaram e alargaram a luta, o governo abanou. Se essa luta crescer, o governo será derrotado. E contem com este Partido que, com ou sem eleições, nos momentos mais difíceis lá estará, sempre e sempre como força de combate, como força portadora da esperança e da alternativa, com a a convicção de que sim é possível uma vida melhor num Portugal com futuro.”