Os extremos da demagoxia
Poucos podían imaxinar que a pacífica Noruega sería o seguinte país europeo en viviren un atentado terrorista en toda regra, o ser estoupado o pasado 22 de xullo un coche bomba a porta do complexo gobernamental da capital, nunha rúa do centro de Oslo, onde se acumulan ministerios e até o xornal máis importante do país, o VG, seguido polo asasinato de mozos laboristas na illa de Utoya, a 45 quilómetros da capital, contabilizando 76 mortos.
Se ben a base do sistema económico noruegués é capitalista, coas contradicións que isto conleva, a chegada ao poder do Partido Laborista tralo final da 2ª Guerra Mundial, cunhas condicións socioeconómicas pésimas no país, danse as circunstancias para que até o ano 1965, cando o laborismo deixa de ser a forza hexemónica, técese unha rede de servizos sociais que o converten ademais do país co segundo PIB máis alto do mundo, o primeiro en desenrolo social e un dos máis seguros, todo isto como resultado dunha concepción mixta da explotación económica, que leva ao Estado a manexar sectores claves a través de empresas públicas para que os recursos estratéxicos do país poidan reflectir no pobo, como é o caso de petróleo, planificando estatalmente ese ámbito da actividade industrial e permitindo a liquidez suficiente coma para afrontar o sistema de benestar social creado no país. Todo isto tamén, coma contraparte capitalista da Unión
Soviética, co que precisaban que fora un escaparate digno daquel sistema, de xeito similar ao acontecido coa Alemaña Federal e os múltiples compoñentes sociais daquel sistema por efecto da presenza o seu carón da Alemaña Democrática, protección social xurdida naquel tempo que chega en parte até estes días.
Por isto, eles mesmos eran os derradeiros que agardaban que algo así podía chegar a suceder, entendendo a dificultade de que nunha sociedade na teoría tan igualitaria puidesen xerminar ideas antagónicas a cada vez maior politización da xente nova, que formase na crenza de que a través da democratización da sociedade e os seus recursos e posíbel seguir profundando nas conquistas sociais e na toma de conciencia das masas, pola especificidade da experiencia de evolución económica e social daquel país, todo isto sen deixar de lado os intereses nacionais e foráneos os que coma todo país está sometido, pero é innegable esa capacidade de rachar cos centros de poder que lle outorga esa formación xeral, coma demostraron en dous plebiscitos nos que rexeitaron entrar a formar parte da Unión Europea co obxectivo de non verse obrigados a ceder a súa soberanía.
Outro dos aspectos a ter en conta xa nun plano internacional é a coñecida proliferación de organización de extrema dereita en todo o continente europeo, acadando incluso importantes resultados nos torneos electorais, coma e o caso do Partido do Progreso na mesma Noruega, e o FPÖ en Austria, que convenceron a unha cuarta parte de cadanseu electorado, o que ademais de reforzar a percepción de lexitimidade desas ideas, permite que teñan una maior difusión e unha maior aceptación. O pivote principal sobre o que xiran estas novas organizacións que tentan asimilarse ao xogo democrático burgués e principalmente a loita contra a inmigración, principalmente de persoas provintes das culturas máis afastadas da órbita nacional, neste caso, maioritariamente africanos e asiáticos, personalizando nela os problemas que asolen ao estado en cada momento.
Xa chegados a ese punto, perde importancia o feito de que o asasino confeso militara aínda ou non no mencionado Partido do Progreso -do que se separou fai dous anos analizando o impacto ulterior desas ideas, o declarar Anders Behring Breivik que a eliminación da multiculturalidade e da ameaza marxista creada no seu país era o obxectivo dos ataques; cualificando o PKN, Partido Comunista de Noruega, o feito coma un extremo activo da demagoxia contra socialistas e comunistas, recalcando que o terrorismo contra a democracia sempre viu dende a dereita asemade, chama o pobo noruegués a garantir que o ataque terrorista non se use como pretexto para restrinxir os dereitos e a liberdade persoal, fin da situación de medo creada polos ataques.
Tamén hase de ter en conta para valorar os efectos que poden provocar estes atentado, tanto en Noruega coma en Europa, o paradigma que se racha cando co auxe do terrorismo islámico nos derradeiros anos, e un cidadán comunitario o que sementa o terror, cando máis coa idade dos rapaces aos que se dirixiu e as características sanguentas e de porte militar do asalto á Illa de Utoya. Para boa parte da élite europea, que quedou abraiada, non entenderon como o que consideraban en toda regra "un deles" puido chegar a tales extremos, descualificando así cada vez máis a discriminación e o control tácito das comunidades cunha orixe relixioso musulmán e aceptando non so a visión eurocéntrica da sociedade, senón a categorización de potenciais criminais e terroristas a traballadores tan dignos de respeito coma os de calqueira nacionalidade, coas dificultades engadidas de terse que estabelecerse e desenrolar a súa existencia a tanta distancia do seu fogar.
Cabe salientar que as primeiras sospeitas e declaración institucionais apuntaban ao terrorismo de cariz islámico, comunidade sobre a cal prestaran maior atención e adicaran máis recursos ao servizo de intelixencia noruegués, coma os autores dos atentados, fomentados por unha aceptación de autoría do ataque dun suposto grupo defensor da yihad a nivel mundial, que despois foi desmentido, ante este panorama, moitos preconceitos hanse axustar entre os habitantes de Noruega, que por outra parte, semellan decididos a impedir que os feitos do de xullo deriven nunha regresión das conquistas que con tanto esforzo acadaron nas pasadas décadas, puidendo instar incluso
dadas as circunstancias e se a conciencia política da mocidade segue medrando, a profundar no modelo democrático e social, aumento aínda máis a transparencia da administración que demostraron nesta crise, como pedra fundamental do acceso informativo da poboación e polo tanto, da toma de decisión conscientes da cidadanía.