Os dereitos do petróleo

Os dereitos do petróleo

E curioso coma en contraposición ao ataque contra Iraque, no que os medios de comunicación "menos conservadores" nun acto de iluminación apuntaban a produción petroleira dese estado coma o motivo principal da agresión militar, perante a labor "pacificadora" da OTAN en Libia evitan calquera mención o ouro negro máis que para sinalar o posíbel alza do seu prezo polo cualificativo xeral de crise árabe.

Un elemento vital amais da abundancia de petróleo que cabe salientar entre as características específicas da república mediterránea para comprender como principalmente Estados Unidos en colaboración coa OTAN puideron sumir a Libia nesta guerra, é un latente conflito nacional, provocado coma no resto do continente, polas fronteiras artificiais creadas polos europeos, que neste caso engloban a tres grandes grupos étnicos que desenrolaran até certo punto unha existencia independente.

Xa no período do "Estado das masas", a gran riqueza económica do país,
reflectía nunha esperanza de vida que rolda os 77 anos, a máis alta da África continental, nunca permitiu sen embargo superar unha forte estrutura tribal, que se acentuou aínda máis cos receios cerados polo forte apoio -en detrimento doutras comunidades- que recibiron as areas de Tripolitana, onde se atopan Sirte, lugar de nacemento de Gadafi, e a capital, Trípoli.

Dende a perspectiva imperialista, cando determinados intereses conflúen, calquer incipiente risco de nacionalismo e un caldo de cultivo para unha ulterior rebelión, e precisamente, cando se logra dar nome ou unha mínima homoxeneidade a estes grupos, fáiselles moito máis doado poder en primeiros lugar presentalos antes os medios coma unha alternativa posíbel, convertendo ante a opinión pública en cada vez máis prescindíbeis aos gobernantes actuais; e moito máis importante, asumir cando sexa preciso o mando da operación e o futuro dese escenario, imposíbel cando as organización diversifícanse coma no
caso de Tunisia ou Exipto.

Este control e fundamental, porque se non se lograsen impor coma no caso de Iraque normas ultraliberais, que levan as empresas transnacionais a non ter que pagar ningunha carga impositiva por extraer e distribuír os recursos que deberían pertencer o pobo, simplemente, estas operación bélicas non serían rendíbeis.

Nesta liña, as razón que levaron a intervir en Libia, e non en Exipto, Palestina, o Sáhara Occidental ou Tunisia as potencias da OTAN son aínda que desta volta non o repitan tanto nos medios de comunicación, económicas, e outra vez máis, o obxectivo principal é o petróleo, coma expón de xeito gráfico Luís Aceval en Periodismo Humano.

Nunha comparación entre as exportacións de barrís diarios, o país que encabeza a lista e Iraque, con 2 millóns antes da invasión, Libia acada 1.3 millóns, a moita distancia, aparecen Guinea Ecuatorial con 370 mil, Iemen con 320 mil, Bahréin só chega a 235 mil, mentres que Exipto e Tunisia rexistran 150 mil e 70 mil respectivamente.

A estes dados hai que agregar os números sobre a relación entre os habitantes e os barrís exportados, entendéndose coma a importancia que o país ten do petróleo e polo tanto, a necesidade de intervir cando sexa un produto imprescindíbel, véndose por iso afectado por unha eventual crise.

Neste orde Exipto e Tunisia atópanse en cabeza, con 535 habitantes por barril e 138, seguidos de Iemen con 72, nación nas que calquer intervención foi descartada, a pesares dar repetidas violación aos dereitos humanos daqueles gobernos cos que ademais facían negocios millonarios.

Seguindo a estatística, ven Iraque -12 persoas por barrís-, Libia, con 4.6, Bahréin con 3.1 e Guinea Ecuatorial con 1.7, deixando a unha beira este derradeiro país, onde o control de ¿Teodoro Obiang mantén inmutábel a situación política aplacando os conflitos; tanto en Iraque como Libia consideraron necesario desencadear unha ofensiva bélica para protexer uns "dereitos" violados dende facía moito e noutros moitos lugares onde a presa por liberalos non e tan patente.

Pola súa parte, en Bahréin, a chegada de tropas provintes de Arabia Saudí en virtude da colaboración entre membros de do Consello de Cooperación do Golfo, avaladas por Estados Unidos, explícita a vontade de manter o réxime a calquer prezo, obviando neste caso a represión aos manifestantes e ate a destrución do monumento que caracterizaba a Praza das Perlas, epicentro das protestas naquel país. Todo isto so ven a confirmar o utilitarismo case científico que aplican os intereses económicos cara os gobernos encarregados de executar as políticas máis axeitadas a consecución do beneficio empresarial.
Estes intereses, dos que o estado español non e alleo, non dubidaron en usa-la suposta zona de exclusión para capitanear a vitoria dos rebeldes libios sobre as tropas gobernamentais, ganando terreo a medida que a OTAN atacaba as posición de Gadafi, acusando ante a resposta da artillería libia ao goberno de viola-lo alto o lume.

Con relación a oposición pública, mal necesario para os gobernantes pero cunha capacidade que nalgúns aspectos puxeron de manifesto os levantamento en varias nacións do Magreb, adormeceuse nesta ocasión o varia-las cotas de poder político que engordan os medios de comunicación masivos, esquecendo as argumentacións que tan só oito anos antes, daban lóxica a súa negativa a invasión de Iraque.

As variacións entre a influencia desexada polos medios percíbense non so na dicotomía? Entre a resposta entón e agora, senón na situación -entre outros factores- daquel 2003 no que a maioría da poboación do estado español posicionouse en contra da intervención, mentres que nos Estados Unidos, outra das pezas daquel eixo, esa mesma opinión pública apoiábana en masa, inverténdose con tempo a tendencia a medida que saían naquel país a luz os abusos da ocupación norteamericana e os verdadeiros motivos que a xustificaron.

Aínda así, e sendo todos somos conscientes da editorialización -por non chamarlle manipulación- da grande maioría das información que nos chegan a cotío, non hai feitos nos que podemos ter tanta certeza de estar enganados até nas noticia en aparencia máis nimias coma os conflitos bélicos, permitindo aos ocupantes manexar a este cerco informativo para en correspondencia coa percepción desexada.

Punto aparte e a vontade das sociedades árabes de acadar maiores cotas de avance material e político, loitas que o imperialismo asume ou en todo caso "permite" que teñan lugar se esa e a intención popular, cando beneficia uns intereses que aínda así non poden agocha-las as xustas reivindicacións por ante todo, un mellor reparto da riqueza, bastante lonxe en todo caso do fin liberal a cabalo das seudodemocracias occidentais que medios e gobernantes queren facernos ver.

Non se albisca o final deste estoupido popular que inunda o Magreb, pero hai que salientar a baixa atención que recibiron as protestas en Arabia Saudí, non so o principal aliado estadounidense na zona, senón un dos produtores máis importantes dos mundo e cabeza da OPEP con 9 millóns de barrís diarios.

Se as protestas continúan, e por moito que a atención dos medios nom vaia abandonar Libia polo momento, a evolución de Arabia Saudí e clave para marca-lo troco definitivo do status quo no Magreb e a perdida de influencia dos Estados Unidos polo peso natural das opinión públicas árabes, poder que coma no caso de Libia, non van soltar sen pelexa de por medio.