Contra Galeano
De México a Arxentina, en deceas de edicións piratas, dous libros de pensamento inundaban o chan das beirarrúas latinoamericanas: Los conceptos elementales del materialismo histórico, da pensadora marxista chilena Marta Harnecker, e Las venas abiertas de América Latina, do escritor uruguaio Eduardo Galeano.
Non había máis. Eran as «biblias» de todos. Obreiros, universitarios, revolucionarios. Non había máis que ler que eses dous libros. Un para saber o por que e outro para mudalo. Ben é verdade que o ensaio de esquerda latinoamericano está inzado de obras e autores cun rigor excepcional en cantidade e calidade, por exemplo o peruano Mariátegui, pero os dous libros anteriores son os Libros.
O recente pasamento de Galeano trouxo un infantil tento por parte do pensamento máis reaccionario de Latinoamérica de desprestixiar a súa obra, asegurando que o autor recoñecera que, no momento de escribila, pouco sabía de economía e que, de ser hoxe, non a escribiría tal como está escrita.
Para contrapór a abafante influencia de Las venas abiertas de América Latina no pensamento político latinoamericano, a caverna miameira desempoou o libro do venezuelano Carlos Rangel Del buen salvaje al buen revolucionario (1976), prologado polo gastrónomo e pensador francés Jean-François Revel, quen máis tarde se encargaría de camuflar de pensamento político a campaña presidencial de Mario Vargas Llosa en Perú, financiada en parte polo millonario hispano-venezuelano Gustavo Cisneros, propietario da canle de televisión Venevisión, na que Carlos Rangel tiña un programa diario de entrevistas.
,O libro de Rangel é unha crítica ao revisionismo histórico da esquerda latinoamericana, da historia oficial de guerra de independencia entre españois e crioulos-americanos (cando na realidade foi unha guerra de clases entre españois peninsulares e españois americanos) e da dominación por outros medios do imperio estadounidense sobre as febles repúblicas do sur. Rangel culpa esa esquerda da desfeita vida republicana independente e responsabilízaa dunha especie de complexo de inferioridade con respecto ao imperio do norte e dunha obsesiva e perniciosa intromisión do Estado na vida económica que só trouxo pobreza.
A curiosidade do libro de Rangel é que para a época en que foi escrito, 1976, só existía un goberno de esquerda en Latinoamérica, Cuba, mentres que todo o resto pertencía a falidos e inxustos sistemas de libre mercado, que efectivamente mantiñan a poboación na máis absoluta miseria. Era o intre álxido das ditaduras militares detentadas co beneplácito e apoio de Estados Unidos e dos golpes de Estado ante calquera insinuación marxista (Allende, Velasco…).
,
«A mentira populista»
O libro advirte do que estaba por vir, o empoderamento do pobo nunha segunda loita pola independencia nunha guerra de clases que comezou en 1800 e perdeu o pobo, até a chegada da revolución cubana, primeira vitoria popular e alicerce de todas as outras que vemos na actualidade. Citando a FAES na análise da obra de Rangel «A mentira populista actual (latinoamericana) procura a causa dos fracasos no pasado. É unha política do espello retrovisor. A boa política ten que ollar para o futuro».
Eis o erro de Rangel e dos Chicago boys actuais. Esquecer o pasado e facer políticas cara ao futuro esquecendo o presente como se a xente fose unha estatística e Las venas abiertas un libro de economía (que afortunadamente non o é).
Por iso ten son tan importantes (e perigosas para o status quo) as mudanzas en Latinoamérica, porque parten dun alicerce enraizado na terra, dunha beirarrúa e un libro pirata de Harnecker ou Galeano que alguén, despois de saír da fábrica, mercou e leu, e non dun despacho dunha fundación con orzamentos multimillonarios que pretende ensinar a xente de a pé o que é mellor para eles.
Así, pretender opor a Carlos Rangel contra Galeano non deixa de ser tan futil coma inxenuo.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.