Amnesia
Os tres homes da tripulación do bombardeiro B2 Stealth baixan da aeronave na base aérea Whiteman (Missouri) despois dunha misión de vinte e cinco horas. A negra e estilizada silueta do aparello fica no hangar climatizado ao coidado dos técnicos que se encargarán de manter concienciudamente a súa capa externa, insensíbel ao radar, e preparala para a próxima misión. Atrás queda unha esgotadora pero ben sucedida tarefa militar en Libia. Misión de combate? Non exactamente. A superioridade tecnolóxica do Imperio provoca que as posibilidades de entrar propiamente en combate sexan próximas a cero. Trátase de viaxar até alí, ceibar unhas cantas bombas de 2000 libras guiadas por satélite e voltar para a casa. Unha ducha, un cambio de roupa e a cear coa familia.
Imaxinemos que un fallo técnico, máis probábel que unha acción defensiva do inimigo, provoca a caída do aparello en terra allea. Pouco habería de que se preocupar, incluso nese caso extremo. Segundo o relato oficial, unha lexión de cidadáns libios estarían a agardar o infortunado piloto invasor cos brazos abertos, exultantes de gratitude cara “eses homes que están a protexer os nosos ceos”. Toda unha poboación agardando ansiosamente que do ceo baixe a redención en forma das bombas intelixentes da OTAN que rematarían de vez cun “pesadelo de corenta anos”.
Catro anos despois daqueles acontecementos, só catro anos, calquera parecido entre a realidade e aquel paradisíaco escenario é pura coincidencia. Libia, borrada politicamente do mapa, é abertamente tratada de “estado falido” pola prensa do sistema. Bandas armadas repártense un territorio onde campan varios gobernos provisionais. Milicias islamitas controlan áreas do outrora potente estado laico nas que se impón violentamente a lei medieval, decapitando publicamente e á vontade, salpicando con sangue un occidente máis que incrédulo, amnésico.
Amnésico porque xa ninguén lembra que a principal causa de desestabilización nos confíns da opulenta Europa provén da decisión imperial de rematar co goberno estábel dun país que gozaba dos maiores índices de desenvolvemento humano de África e que consideraba libios e só libios os recursos enerxéticos do seu subsolo. Hoxe Libia é a zona cero da traxedia da inmigración mediterránea. Centos de sisudos analistas televisivos esfórzanse en atopar unha causa para a sangría humana que tinxe as augas dese mar. Ningún deles fai lembranza da destrución planificada de Libia, tan próxima no tempo, tan virulenta, tan salvaxe.
Un manto de amnesia cobre as mentes dos bempensantes, dos investidos de argumentos lexitimadores da barbarie, dos donos por decreto do sentido común. Ninguén parece lembrar ao corruptísimo Berlusconi que, cal pirata tabernario que cambia de alianzas como o sopro do vento cambia nas velas, dálle as costas ao amigo coronel, a quen meses atrás recibira con honores, e planifica xunto a outros o seu asasinato. Ninguén lembra que as bombas dos Stealth e os mísiles Tomahawk que mandaron a millóns á miseria e acabaron segando centos de pescozos levaban ben visíbel, e sobre todo ben argumentado cara os mass media, o selo do premio Nobel da paz.
Amnesia de proporcións grandiosas, amnesia contaxiosa que se traslada, sempre de arriba a abaixo, cara unha sociedade aturdida que, como un torpe Polifemo, busca ás apalpadas a causa da desgraza, unha vez que o seu único ollo foi cegado. As mafias, a crise, o integrismo islámico, a presunta incapacidade duns pobos para se gobernaren a si mesmos, o efecto chamada, a globalización: intentos explicativos dentro dos parámetros da corrección política. Bos intentos, ao fin, e ben sucedidos, que esquecen á mantenta algo tan vello na historia da humanidade como a explotación do home polo home, a destrución planificada do país inimigo e a conseguinte apropiación dos seus recursos. Afganistán, Iraq, Libia, Siria: ríos revoltos onde, a pesar de todo, a pesca é mais doada. Demasiadas casualidades xuntas se se quere facer crer que a destrución deses estados foi un simple dano colateral.
Amnesia necesaria para seguir vivindo, para que a máquina imperial siga en plena actividade, como hai cen, douscentos, mil anos. Os tripulantes do B2 Stealth, insensíbeis ao radar e a outras cousas, deixan o hangar climatizado despois de ceibar varias toneladas de bombas que acaban de arrasar un país medianamente próspero, alentar o regreso dos bárbaros e retrasar en decenios o reloxo da humanidade. Eles durmirán ao quente, na súa casa de Missouri. Para outros comeza a epopea da desgraza e o resto seguiremos rodeados pola amnesia.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.