A sombra do narcotráfico

A sombra do narcotráfico

Cando Felipe Calderón foi elixido Presidente de México no 2006, tomou a banda que o condecoraba como tal sumido en denuncias de fraude en detrimento de Andrés Manuel López Obrador, do Partido Revolucionario Democrático(PRD), o que avantaxou segundo as cifras oficias en apenas 0.6 por cento dos votos.

Calderón pasou por diante de Obrador co 97% dos votos recontados, e xerou no partido que saíu derrotado unha espiral autodestrutiva que os levou a perder boa parte dos réditos electorais, sendo absorbidos pola impacto informativo que desenrolou o equipo de Calderón, sen embargo, mantén vivos os seus posicionamentos -en sensíbel minoría- no órgano lexislativo, con setenta e un de cincocentos deputados, e vinteseis de cento vinteoito senadores.

O sobre pasar dúas terceiras partes da xestión presidencial, e coa vista posta nunhas novas elección presidenciais, a maioría lexislativa da que dispón o Partido Revolucionario Institucional (PRI) e o desgaste polas políticas levadas a cabo polo executivo, abren a porta a que despois de doce anos (no momento dunha nova chamada a votar) un presidente de esquerda poda reconducila situación do país que encadra algunhas das cidades máis perigosas de todo o continente.

A xestión do mandatario, compañeiro do Partido Acción Nacional(PAN) de Vicente Fox, o Presidente saínte, comezou cun rumbo económico pregado os intereses neoliberais, en liña co seu predecesor e cos intereses norteamericanos, sen defender sequera a soberanía e as cláusulas do NAFTA (Tratado de libre comercio de América do Norte) coas restricións impostas os transportistas mexicanos co gallo da crise financeira que naquel momento daba os primeiros pasos, ou o esclarecemento do asasinato dun menor o mes pasado a mans dun garda de fronteiras do veciño do norte.

A medida estrela do seu goberno foi declara-la guerra aberta e directa contra o narcotráfico, un dos maiores problemas que afronta o país, impelido de coito pola incansábel demanda do mercado estadounidense, o que provoca altos índices de violencia provintes en parte desta actividade económica ilegal, doutra banda disiparon o debate da relación entre o compoñente socioeconómico e a violencia, centralizada nos estados fronteirizos, que elevan as medias estatísticas de todo o país.

Para reducila incidencia dos narcos, Calderón iniciou unha purga dentro dos corpos de seguridade do Estado, infiltrados polos traficantes, e con competencias superpostas entre eles polo número de forzas policiais que suman no país entre federais, estatais, municipais. Naquel momento a entidade estatal que menos contacto -en teoría- tiña con estas actividades era o exército, entón o novo presidente decidiu que este cubrira as funcións do resto de forzas, e, literalmente, sacouno a rúa.

A militarización dos Estados máis conflitivos deu pe a un sen número de violacións os dereitos humáns polas actuacións dos uniformados, preparados para a guerra e no para facer vale-los dereitos dos cidadáns, a base de detencións arbitrarias e malleiras diluíuse o apoio da poboación as tácticas de Calderón; amais, estas formulacións represivas non conseguiron danar -case que o contrario- as estrutura que crea o narcotráfico, e si minou os apoios populares cos que puido conta-lo Presidente, o defenderen ate ben entrada a lexislatura, que viola-la inmunidade do exército impedía unha loita axeitada contra a violencia.

Tendo en conta a relación -case que sanguínea- coa Galiza, hai que salienta-lo nomeamento de Juán Camilo Mourinho, fillo do presidente do Celta nestes intres, coma Secretario de Estado (unha caste de Ministro de Interior); finou en novembro do 2008 xunto a outros altos cárregos do goberno mexicano o caer o avión no que viaxaba nunha zona do centro da capital azteca, a responsabilidade do accidente recaeu nos pilotos da aeronave, ate que estes dados saíron a luz pública a hipótese dun atentado dos capos do narcotráfico estendeuse como a opción máis lóxica, síntoma do poder e do medo que conflúe na percepción desta clase de organizacións.

Outro das sinais da falta de compromiso real coas transformacións sociais que precisa o país máis poboado de Centroamérica, e o sangrante exemplo de Ciudad Juárez, tumba de miles de mulleres, culpables só polo seu xénero, por teren nacido mulleres, e pobres; a taxa de homicidios de Ciudad Juárez semella a dunha nación en guerra; como noutras latitudes, a introdución dos militares nas rúas da cidade non reduciu a perigosidade de camiñar pola cidade, senón que introduciu un elemento máis de conflito, tendo que ser retirado os arredores da vila o continxente do exército fai tres meses, pola carencia de resultado obtidos.

A difícil situación pola que atravesa o país a nivel interno, levou tamén a unha perda de poder de influencia e toma de decisións nas esferas internacionais, deixando o tradicional papel que lle asignaban coma "interlocutor" de Latinoamérica en mans de Brasil, que coa habilidade de Lula estase postulando coma o necesario coordinador por chamalo dalgunha forma para resolución de calqueira conflito, froito da credibilidade que mostrou a diplomacia brasileira nos derradeiros oito anos, acadando acordos con tódolos actores, inclusive en disputas antagónicas sementadas de prexuízos tanto ideolóxicos coma económicos, coma o caso iraniano.

A dous anos dunha nova elección presidencial, México recupera -de xeito paulatino- os índices da economía que sufriu o maior retroceso do continente, e os efectos do NAFTA seguen deixando un rastro de éxodo rural, abandono dos sectores produtivos pola eliminación de aranceis, impunidade criminal e fame na terra dun dos pobo indíxenas máis avanzados culturalmente.

Aínda non se visualizan candidatos concretos para representares os diferentes partidos, -cabe lembrar que non se permite a reelección inmediata- pero a posición cada vez máis feble de Calderón non debería beneficia-lo PAN, que, aínda así, conta con aparato de comunicación público e unha parte moi relevante do privado para impoñe-la súa decisión; en base os resultados das elección a deputados do pasado ano, o PRI leva a dianteira o semellaren a oposición máis sólida -cuantitativamente- ao goberno e podería ese voto de castigo recaer neles; o PRD, cunha ideoloxía progresista se cadra máis formada, agarda xerar unha nova onda popular, que a pesar de partir con desvantaxe, poida despois de tantos anos devolve-la soberanía e recupera-la equidade social para que México, ocupe o lugar que lle corresponde na construción dunha América solidaria.