A comezo do ano pagáronse ós canteiros, Juan de Riss, Diego Pico e Alonso López por facer a calzada que vai de San Roque a Nosa Señora do Camiño, 99 reais.
Ribadeo: Calzadas E Outras Obras No Ano 1623.
O concello librou mandamento para que rectifique a Juan de Riss e ós demais compañeiros que acaban de facer a calzada que vai a Nosa Señora do Camiño que arranxen “quanto a las piedras grandes”, pena de non facelo terán cárcere e a súa costa se arranxe.
No consistorio do 2 de Maio pagouse a Bartolome Pérez de Solmaior 16 reais que son polo camiño que se fixo desde a porta de Cabanela á casa en que vive Domingo de Villaselan por estar en mal estado.
O 22 de maio acordaron que por canto a carnicería desta vila está nunha rúa das principais por onde pasa a procesión do Santísimo Sacramento o día de Corpus e outras xenerais e dar mal “olor” por que está posta no medio “día a donde la carne ace daño y no conveniente”. E propiedade do hospital desta vila e págase cada ano dous ducados de renda, sacouse executoria para que se quitase de alí, como consta nesa executoria.
E por haberse atopado un sitio “comodo” para a dita carnicería na rúa dos fornos, pegado á muralla que o leva e posee Diego García de Castrillón e María López a súa dona por foro do dito hospital en 60 mrs. anuais.
Acordouse que se compre dito sitio ó mencionado Diego e a súa dona e habendo tratado con el concertouse en 24 ducados e medio os 24 para Diego e o medio a Domingo Pérez arrendatario da Alcabala.
O 24 de xuño acórdase facer o camiño que vai desta a Santa María do Campo e a San Francisco e se limpe e poña de modo que esté ben e decente porque no inverno caen nel as mulleres e os homes e saen con perigo as procesións do Santísimo Sacramento e outras procesións.
Acórdase poñer un andamio e blanquear e pintar onde ande la mano del Relox desta vila por non estar feito ata agora.
Nas casas consistoriais o 6 de Setembro acórdase que por canto se mandara facer a calzada desde a porta principal desta vila que sae do campo ata a Igrexa Colexial desta vila e desde a fronte da porta do hospital e esquina da casa de Francisco Rodríguez concertouse con Hatonin Pegor, empedrador francés a dous reais cada braza dándolle un peón para cavar a terra e que a dita obra medida se acharon 132 brazas que montan un total de 264 reais. Mais 6 reais por un reloxo de sol que fixo.
Así mesmo para esta obra, achar a parte onde se fixo a calzada ata a igrexa maior dende a porta da vila e toda a prazuela ata o dito hospital poñer a cruz onde agora esta, e achar o camiño ata San Francisco e o camiño que atravesa dende o hospital ata a igrexa maior e pintar o dito e dourar a man do reloxo e poñer as letras e pintar dita cruz o óleo coas súas mans douradas e aderezar o lavadoiro que está fora da porta da vila onde se gastaron pedras de cantería labradas, gastouse o seguinte:
- Bartolome de Solmeyor por achar e facer os encañados que van desde o lavadeiro ata a cruz e axudar e servir o empedrador trinta e tres días e medio que montaron 83 reais e 3 cuartillos
- Andrés da Corredoyra labrador que traballou en ditas obras 40 reais.
- Juan Fernández que traballou 14 días 28 reais
- Pedro do Coutro polo seu traballo 13 reais e 26 reais.
- O fillo de San Juan das travas 15 días 30 reais.
- Juan López de Cabanela oito días 16 reais.
- Felipe tres días 6 reais.
- Tedado 32 reais.
- Callobre criado que foi do Convento e traballou 25 días, 50 reais.
- Pedro, estafero e correo traballou dous días 4 reais
- Un soldado “empedrador” un día 3 reais.