Reconversión, privatización e estrés-test
O proceso de privatización das Caixas de Aforros, pactado polo PSOE e PP no verán do 2009, seguía o guión doutros procesos de privatización de empresas públicas
A folla de ruta para a privatización das Caixas de Aforros foi pactada entre o PSOE e o PP no mes de xuño de 2009, data de aprobación do decreto do FROB (Fondo Restruturación Ordenada Bancaria), malia os desencontros polo camiño rematou coa aprobación conxunta da nova LORCA (Lei de Caixas a Nivel Estatal). Malia que os estrés-test demostraron que o modelo das Caixas é viable, son dúas Caixas as entidades máis solventes do Estado por diante dos grandes bancos privados.
O sindicalismo nacionalista denunciou desde o primeiro momento que o proceso de privatización das Caixas de Aforros, pactado polo PSOE e PP no verán do 2009, seguía o guión doutros procesos de privatización de empresas públicas. Houbo unha primeira fase de centralización e concentración, acompañada dunha fase de saneamento e reconversión laboral, impulsada coa posta en marcha do decreto do goberno central coñecido como FROB, que na súa tramitación parlamentar recibiu o apoio do PP.
O seguinte paso no camiño é a privatización das Caixas de Aforros e a súa entrega ao capital privado, que se consagra co decreto de reforma da LORCA (Lei de Órganos Rectores das Caixas de Aforros), que na súa tramitación parlamentar recibiu o apoio do PP.
Xustificaron esta lei en base a dúas necesidades, a primeira en base a necesidade de fortalecer a solvencia coa entrada de capital privado nas Caixas, a segunda pola necesidade de "despolitizar" as entidades apostando pola súa "profesionalización" someténdoas a disciplina do mercado.
Hai que denunciar que a suposta "politización", é dicir o control público que non partidista non foi o problema das Caixas, é mais certo que a lexislación anterior daba plenos poderes ás Direccións Xerais e aos Comités de Alta Dirección, que controlaban a composición dos órganos de goberno e o seu funcionamento. Era o controlador controlado.
Resulta incoherente falar de someter as Caixas á disciplina do mercado cando estamos ante unha crise económica que tivo a súa orixe no sistema financeiro, os mercados non regulan, especulan (Malia que a crise provocada polos bancos americanos podería formar parte dunha guerra económica por parte dos USA contra Europa para desestabilizar o euro).
En canto a necesidade de fortalecer a solvencia das Caixas de Aforros, que xustificaría a entrada de capital privado nas Caixas, tal e como argumentou o Presidente do Goberno como resposta a unha lúcida intervención do compañeiro Jorquera, segundo os recentes estrés-test, dúas Caixas de Aforros (a BBK e a Kutxa) son as dúas entidades mais solventes do Estado nun escenario adverso e por diante dos grandes bancos que contan con capital. A BBK cun Tier1 do 14,1% e a Kutxa cun 10,6 superan ao Santander ea o BBVA que Zapatero puxo como exemplo de solvencia.
A solvencia da BBK e da Kutxa, Caixas vascas que foron xestionadas e supervisadas baixo unha óptica de país polo nacionalismo vasco, demostra o problema non é a natureza xurídica destas entidades, que as Caixas non teñan capital é inherente ao modelo de seu e non foi durante mais dun século, nin actualmente é un problema para que sexan solventes.
É innegable que hai Caixas que teñen graves problemas, pero é froito dun modelo de xestión deseñado na CECA (Confederación Española de Caixas de Aforros), o lobby de presión das cúpulas directivas. Aquelas Caixas que porfiaron mais en implantar un modelo que equiparou a estas entidades coa banca privada (e pola especulación incluída a do sector do ladrillo) e que teimou pola súa transformación en macroentidades de caracter estatal a través dunha expansión fora do seus respectivos territorios de orixe, son as que hoxe teñen problemas.
Haberá quen diga maliciosamente que a situación das Caixas Vascas é debido a estar centradas nun territorio próspero e rico do Estado, pero iso non explicaría por que Caixa Catalunya (co socialista Narcis Serra) ou Caja Madrid (co dereitista Rodrigo Rato) tiñan ratios de solvencia por baixo de Cajasur, entidade intervida polo BdE. Por certo tamén as Caixas Galegas terían un Tier1 por baixo de Cajasur de non ser pola inxección de capital público, os 1.162 millóns do FROB.
En definitiva o FROB avanzou nun camiño que remata coa LORCA, a transformación das Caixas en Bancos Privados de carácter estatal e a súa entrega aos grandes grupos empresarias amigos dos partidos estatais do poder. Agora toca garantir a través da adaptación da lei de Caixa Galega que a nova entidade que nacerá cun gran custe económico, social e laboral non remate privatizada, o nacionalismo político debe tomar de novo a iniciativa para que Galiza teña unha Caixa de Aforros.