Realmente existen políticas de emprego?

Realmente existen políticas de emprego?
Mes a mes vemos como o número de parados sigue a incrementarse sen que realmente se adopten medidas efectivas e cun resultado social positivo

Mes a mes vemos como o número de parados sigue a incrementarse sen que realmente se adopten medidas efectivas e cun resultado social positivo. Sen embargo estámonos acostumando a ver como se poñen en práctica diversos plans  que o único que conseguen é perpetuar certos vicios na sociedade e sen ter en conta as características da poboación e territoriais cando as administracións públicas aproban este tipo de medidas.

Galiza non é allea a este incremento do número de parados e no mes de xaneiro o paro subiu en mais dun  6% respeito ao mes de decembro de 2010.  A cifra total de parados galegos no mes de xaneiro situouse en 245.831, incrementándose notablemente o número de mulleres paradas con respeito aos homes.

Esta situación da pe a que dende o goberno central suban a idade de xubilación aos 67 anos poñendo por diante que esta en risco o sistema de pensións públicos e mentres por outro lado en vez de investir en creación de emprego invisten en fomentar parados pagados e esquécense de que a poboación se envellece a pasos axigantados, como é no caso de Galiza.

De que serve pagar  400 ou 426 euros ao mes aos parados polo simple feito de levar tempo no paro? E non é mellor que ese soldo que se lles subvenciona levasen asociado iniciativas de formación e de servizos a comunidade?

E moi sinxelo ficar parado mentres se cobra unha prestación e dicir que non se atopa emprego porque estamos en crise e mentres as arcas públicas están a soportar uns gastos enormes que se poderían ver reducidos se se aplicase o sentido común. O problema xurde cando remata a prestación, continuase no paro e moitos parados ficaron cos brazos cruzados esperando que alguén os chamase e mentres tanto temos moitas eivas na comunidade que se poderían cubrir aplicando o de: vas cobrar unha prestación por desemprego pero media xornada vala adicar a traballos sociais ou doutra índole para así acadar formación e experiencia laboral e a outra metade a buscar emprego.

Cobro unha prestación por desemprego pero a cambio teño que adicar 4 horas do meu día a traballos sociais, traballos para a comunidade, en prevención de lumes coidando os nosos montes, en protexer e velar polo noso patrimonio, etc... Son moitas as veces que escoitamos que non hai orzamentos para a lei da dependencia pois que bo seria que os parados que reciben este tipo de prestacións se incorporasen as tarefas de acompañamento dos nosos anciáns, isto implicaría que a lei da dependencia podería chegar a un maior número de persoas que o mellor so necesitan unha persoa 2 horas o día para acondicionarlles un pouco o fogar onde viven porque non esquecemos que as prazas de residencia pública son irrisorias.

Canto nos custa os galegos os lumes forestais nos nosos montes? E todo porque se atopan en condicións pésimas por falta de coidados. Que bo sería poder mantelos decentes de paso que pagamos prestacións e sen que supoñan un custe extra para as arcas públicas.

De que serve destinar 75 millóns de euros a programas de cooperación onde din que se van a contratar 6.000 persoas se a maior parte destes contratos son de 6 meses un ano como moito e logo  moitos concellos os usan para cubrir as vacacións dos funcionarios ou reforzar servizos de tempada de verán como poden ser contratación de auxiliares de policía local, limpeza de praias,... pero que o rematar o contrato non hai posibilidade de consolidar o posto de traballo?  Simplemente poder anunciar que no mes de maio o paro baixou en 6.000 pero obviando que en outubro volve a subir de novo  6.000. 

A inaptitude destas medidas esta máis que demostrada ao igual que a inaptitude daqueles que teñen a capacidade de idealas e de poñelas en práctica, é máis fácil pagar silencios que enfrontarse a realidade social do noso país e logo atopámonos exemplos como o do anterior presidente da patronal, un empresario que levou todas as súas empresas a  quebra, que podemos agardar?. Hai futuro sempre e cando se crea nel.