Por decisión política e a mantenta, as caixas de aforro en liquidación
O Plan de reforzamento financeiro aprobado polo Goberno central vai en contra das recomendacións dos supervisores bancarios europeos
O vindeiro xoves 10 de febreiro será ratificado, con toda probabilidade, o denominado "Plan de reforzamento do sistema financeiro" no Congreso dos Deputados, ao tempo que o Banco de España dará a coñecer con exactitude os novos requirimentos de capital básico ás entidades do sector financeiro no Estado español.
O Goberno central, a través de varios dos seus voceiros ministeriais, especialmente aqueles que teñen lazos con Galiza, afánase en afirmar que non se trata dunha norma "política" senón "técnica", pois persegue primordialmente asegurar a solvencia do sector financeiro do Estado español no seu conxunto, e non se dirixe a unha determinada tipoloxía de entidades financeiras, en referencia ás caixas de aforro.
Curiosa norma este Real Decreto-Lei 2/2001, aínda sendo de carácter eminentemente técnico, require dunha decisión posterior para saber o concreto alcance da súa aplicación, en función de criterios non publicados senón desenvolvidos por quen ten que supervisar a súa aplicación, de xeito que os seus destinatarios, até que non decida o Banco de España, non están en condicións de poder calcular en que medida lles afectará.
A decisión máis relevante do devandito Real Decreto-Lei consiste en incrementar a esixencia de capital básico das entidades financeiras, entre un 8 e un 10 por 100 en función do coeficiente de financiamento maiorista e tamén da presenza de un mínimo de capital de terceiros. Esa esixencia dun reforzamento das ratios de capital por parte das entidades financeiras non é unha novidade, mais si as cifras impostas e o prazo regulado para atinxilas. Estes dous últimos aspectos citados, son os que abocarán, polo seu difícil cumprimento en contía e prazo, a unha mudanza substancial no mapa financeiro, coa bancarización masiva das caixas de aforros e unha concentración maior aínda do número de entidades, e son produto dunha decisión política deliberada, que ten un obxectivo político, cal é precisamente unha transformación do sector financeiro no Estado español en beneficio da banca privada.
O incremento das ratios mínimas de capital principal que deben posuír as entidades financeiras pertencentes a Estados que adoptaran o euro como moeda oficial, tiña unhas regras deseñadas, nas cales tanto o Goberno español como o Banco de España tiveron presenza e participación no intre da súa elaboración e aprobación.
En decembro de 2009, o Comité de Supervisores Bancarios de Basilea (BCBS), que aglutina as autoridades encargadas da supervisión do sistema financeiro na maior parte dos Estados europeos, propuxo unha serie de medidas para afortalar a resistencia do sistema financeiro perante futuras crises, acollendo entre as mesmas o reforzamento do capital básico. En setembro de 2010, o devandito Comité, aprobou as normas coñecidas como "Basilea III", que estabelecen os novos requirimentos de capital a esixir ás entidades financeiras, ao tempo de fixar un período transitorio até 2019, onde ano a ano se incrementa progresivamente a porcentaxe mínima de "core capital".
Antes da aprobación de "Basilea III" deuse a coñecer un informe elaborado polo "Grupo de Avaliación Macroeconómica", titulado "Avaliación do impacto macroeconómico da transición cara os maiores requisitos de capital e liquidez", datado en agosto de 2010 (dispoñíbel en versión inglesa ), e que focalizaba unha parte da análise no impacto que os novos estándares de capital básico terían sobre a evolución do Produto Interior Bruto, comparando as hipóteses de implantación nun limiar de 2 ou 4 anos. Como conclusión, formulaba que o impacto negativo no medre do PIB sería significativamente máis alta nun modelo de implantación máis rápida das regras sobre os novos requirimentos de capital ás entidades financeiras, aconsellando así apoiar os argumentos a prol dun calendario de aplicación de Basilea III máis demorado no tempo.
Ademais, dito estudo tamén mencionaba outras razóns polas que un período transitorio máis extenso terían un menor efecto negativo na evolución do PIB, entre elas, que (a) outorgaría un maior prazo ás entidades financeiras para axustar os seus modelos de negocio e estruturas, (b) concedería máis tempo para desenvolver vías de intermediación crediticia, (c) reduciría a intensidade do impacto ocasionado polo recurte dos préstamos en sectores dependentes do financiamento bancario, (d) daría aos mercados máis tempo para absorber as ventas de activos, as emisións de débeda e capital.
Á vista do calendario de entrada en vigor plena dos novos requirimentos de capital establecidos en Basilea III, o informe mencionado tivo una especial influencia na decisión final adoptada, xunto coa presión formulada desde algúns Estados, como foi o caso de Alemaña, pendente de que as normas regras sobre capital básico non ameazasen a viabilidade futura das entidades financeiras vencelladas aos Landers, que partillan una natureza semipública coas caixas de aforros no Estado español.
O que vén de facer o Goberno central é variar ese calendario no Estado español, acelerando a súa aplicación, renegando do consenso acadado a nivel europeo. Unha decisión que se aparta das análises técnicas admitidas a nivel europeo, por un obxectivo político: rematar coa presenza no sistema financeiro do Estado español de entidades que non sexan bancos privados, liquidar as caixas de aforro a prezo de saldo (téñase en conta que oportuna é a reflexión a que se facía referencia no informe anteriormente reseñado sobre a concesión de máis tempo para absorber as ventas de activos, as emisións de débeda e capital), e afondar na concentración financeira ao servizo do capital transnacional. Outra cousa non podiamos agardar dun Goberno e dunha forza política (PSOE) conversos aos intereses do capital financeiro, senón esta obediencia cega que demostra ao enterrar -sen tremerlle o bico- un modelo financeiro popular, que ten en conta a raizame do diñeiro e cun século de vida ás costas.