Oligopolistas enerxéticos: espoliadores da economía galega
Unha das pezas centrais do progreso da economía dunha nación, como a galega, está certamente na capacidade enerxética con que conte
Un das pezas centrais do progreso da economía dunha nación, como a Galega, está certamente na capacidade enerxética con que conte. Afirmación seguramente non cuestiona. A batalla por facerse coas enerxías é das máis ímpias do planeta e a que os saqueadores internacionais prestan toda a atención e utilizan todos os resortes para controlalas. Decláranse guerras si é necesario, aniquílanse povos ou colonízanse novas nacións e territorios. Coa finalidade de ter o ouro mais prezado. Galiza para nada está ao marxe desta realidade mundial. Nós, os galegos e galegas, padecemos este estado de cousas dun modo violento. Como se non chamarlle ao constante roubo da nosa produción enerxética, das nosas riquezas? É que nome lle daremos ao paro ou a emigración...?
Os galegos, o noso país, por moitos que algúns o considerar insignificantes e pouca cousa, por mor deses conceptos e ideas colonizadoras que furan as nosas conciencias tan fráxiles aos mimetismos alleos. Mimetismos que teñen un efecto estragador en todo o que sexa pensar en e para Galiza. As veces perguntome, porque os galegos non aplicamos a etimoloxía da desconfianza para os conceptos ou ideas que nos chegan de fora por medio de todas unha maquinaria ideolóxica, política, económica e cultural. Aplicando esta san desconfianza, quizá o noso pensamento estivese un pouco mais libre e as nosas análises mais enraizadas neste povo
Resulta que este país ignorante e pouca cousa produce, entre outras cousas, enerxías e conta cunhas boas condicións para o desenvolvemento das mesmas. Que temos potencial enerxético, caramba!. Que temos a panca que pode mover a nosa economía nacional, para progresar con dignidade. Para superar a crise, para batallar contra o paro, para evitar a miseria da emigración. Para, en fin, buscar o que todo ser humano persegue, unha vida digna con servizos que cubran as necesidade que temos como galegos e persoas.
Temos o carro ateigado de ouro, pero os bois que o tiran non son nosos. Son españois. Así que esta riqueza sae das casas galegas, para engordar as arcas das casas alleas. Como é que nos deixamos roubar?
Nesta colosal batallas polo noso, polas nosas vidas, vemos como Galiza é maltrata cunha maldade perfectamente deseñada. Cando parece que albiscamos outro futuro, cando entrevemos outro grado de conciencia, cando afloran na nosa sociedade sensacións positivas, chega a noite podre de soberbia e ruindade españolizante. As tebras, ben amestradas, buscan asolagarnos, desanimarnos, paralizar o nosa actividade. Derrotarnos. Así comezaran a ganar esta batalla, os destrutores.
A tristeza do parado, a da dona da taberna baleira, a do tendeiro sen cliente. A do autónomo angustiado. A da nena sen bola de pan. A da nai despedindo ao fillo emigrante. Envólvennos en magoas fatais. Magoas e angúria que temos que transformar en coraxe e revitalizados folgos para o combate contra esta lacra produto dunha españolidade intolerante.
Irrefutábel, ao meu ver, é a análise teórica que o nacionalismo ten elaborado ao longo da historia, da nosa realidade social como povo. A validez da mesma e a seguridade dos seus fundamentos soportaron calquera investida teórica e infelizmente cumprense os seus peores prognósticos sobre o rol que nos teñen asinados os sucesivos gobernos españois. Falo dese papel periférico-colonial. Fai corenta ano, Fenosa co apoio do ditador tratábanos como tal. Quen non lembra Castrelo de Miño, As Encrobas... ? Houbo un tempo despois, en que semellou invernar. Pode que fose por mor de falta de interese momentáneo da empresa ou por termos nós fortes diques de contención contra elas. Agora volve a carga.
Galiza agora, a nosa economía, está a sufrir unha das mais brutais encirradas colonias por parte dos oligopolios. Vemos como volven a pular os buscadores de ouro no noso país. Buscan facerse cos nosos minerais novamente, dunha maneira gratuíta. Darannos esmolas. Onde a nosa economía enerxética é una claro expoente.
Pequenas e medianas empresas, administracións e galegos en xeral, estamos a ser espoliados polos prezo das facturas da luz. Uns señores fannos a vida insoportábel a maioría dos galegos, mentres eles amasan ganancias vergoñentas. Sabemos que dous dos oligopolios enerxéticos españois están entre as 10 empresas europeas que mellores beneficios acadaron no ano 2011. Ollade o que pasou en Ferrol, estes días, cando Fenosa corta a enerxía e non se pode realizar unha exposición comercial. Vede nos vosos círculos mais próximos como aplican dunha maneira descarnada o corte de subministro as familias que non poden pagar o recibo da luz. A tarifa eléctrica ten subido un 80% desde o ano 2004.
É isto faise cunha nación que é produtora de enerxía e que exporta entre o 35 e 40% da mesma. Aínda así, todos a pagamos a prezo de ouro. Resulta que as empresas galegas, as familias galegas, non podemos beneficiarnos de algo que é de todos os galegos. Os que controlan a produción, comercialización e xeración, nada deixan no país. Non deixan no país, nin beneficios, nin postos de traballo, nin sequera cotizan as súas empresas na Galiza. Mentres o goberno español fai leis destinadas a engordas estes oligopolios coa consecuente ruína das pequenas e medinas empresas enerxéticas, das economías non oligopolistas en xeral. Non esquezamos que a nosa industria consume sobre o 54,1 % , sendo o consumo domestico do 22,3% , quedando un 18% en servizos. De nada serviu até agora que Galiza conte cun ampla produción de enerxética. Dá o mesmo que tiveramos xerado 2.447 ktep no ano 2009 e só consumido 1.769 ktep no mesmo ano. É claro que xeramos nestes sector mais da que consuminos. Dá o mesmo que a nosa potenciación hidráulica atinxa o 21% da do estado ou que teñamos o 20% da produción eólica. Dálles o mesmo que os sector represente o 3,5 do PIB Galego. Dálles o mesmo que sexa esta produción enerxética a que produce o 32,1% do GEI (emisión de gases de efecto invernadouro). Nada substancial queda para os galegos e galegas. Ren podemos aproveitar os consumidores en xeral, nin os sectores produtivos en particular. Que alivio seria para as nosas explotacións agrarias, en especial para as do sector lácteos nestes momento de crise, poder pagar menos polo consumo da electricidade.
Os nacionalistas, debemos demandar sen demora. Unha política enerxética ao servizo de Galiza. Unha lei galega que regule o sector, non deseñada polos monopolios. Que entre outras moitas cousas debería sustentarse nunha produción a pequena escala, nunha descentralización territorial por así dicir, para achegar a produción aos lugares de consumo. Rexeitando os mastodónticos centros de xeración enerxética que son feitos para alegrar os oligopolios. Batallemos por unha economía con directrices non monopolistas. Unha economía ao marxe destes matagalegos, que a vez salvagardan os intereses da metrópole. A metrópole da españolidade que por certo non produce enerxía. Para que si xa ten a nosa a prezo de saldo. Españolitos, pagade o que nos levades.
Hai que batallar para que o prezo da enerxía para os galegos sexa mais reducido. Hai que rexeitar os prezos inflados de custes que nos manifestan os oligopolios para seguir a subirnos o recibo da electricidade.. Hai que apoiar ao pequenos produtores das enerxías renovábeis para romper os monopolios, con partidas orzamentais para o desenvolvemento das renovábeis e dos proxectos de aforro enerxético. Precisamos políticas de aforros enerxéticos par as administración empresas e consumidores en xeral.
Si queremos podemos resolver a cuestión. Para iso é preciso identificar ben os causadores de tales males. Para tal fin é necesario que o poder político e social na Galiza sexa dos galegos. É vital convencernos e convencer de que as políticas soberanistas son as únicas validas para gobernar. Aquí temos a nosa política económica e social alternativa ao modelo actual. Os valores soberanistas/independentistas fundamentan a alternativa ao modelo vixente. Deixemos ensinar pola historia destes últimos anos e vexamos onde nos situaron as políticas autonomistas / rexionalismo. No desastre. Nun clamoroso fracaso, ao non servir para atallar os problemas estruturais do país.