O rural e as políticas de Feixóo
O PP unha clara campaña de abandono do rural mediante políticas de destrución do investimento público
Visitar terras do centro de Estado permíteche ver con claridade as grandes diferenzas que existen entre o noso territorio e aquel. No noso país calquera camiño, calquera pista, levan a algún lugar habitado, mentres que alí os núcleos aparecen compactos na súa localización e definidos e delimitados polo espazo despoboado e ermo, sen casas espalladas no horizonte. Claro que alí a propiedade é inmensa, con abondosos latifundios, e os labregos non son adoito propietarios, e por iso non viven nas súas terras.
A nosa realidade é ben diferente. Propiedade habitualmente atomizada e vivendas esparexidas por todo o país. Paisaxes nos que descansa a vista e nos que os accidentes naturais forman parte da realidade física e social galega. Accidentes que non teñen por que seren barreiras, cando esas barreiras non son "naturais", pero que se converten en serios problemas cando son os nosos propios gobernantes quen as crean. Levamos décadas falando do despoboamento do rural, e décadas sen facer nada para evitalo. O nacionalismo intentou cambiar esa dinámica con actuacións como o Banco de Terras ou a Rede de Servizos Sociais e Galescolas. Iniciativas que o PP comezou a destruír horas despois de chegar ao goberno da Xunta.
A cotío, o noso rural acumula páxinas de prensa e minutos de televisión, no relato da súa decadencia demográfica e económica. A maiores, estes últimos días comprobamos como tamén se ceban as desgrazas con poboacións que teñen que sumar ás dificultades propias da súa orografía as dificultades propias de políticas absolutamente lesivas para o seu futuro.
Un deses territorios é o concello de San Román de Cervantes, un dos máis impresionantes de Galiza, a nivel paisaxístico e patrimonial, centro xeográfico dos Ancares, e gabeta dunha boa chea das nosas tradicións, que adoita ser noticia por diferentes motivos. Por desgraza, esta semana por unha serie de sucesos negativos, tráxicos para as vítimas, familias e amigos, e tristemente representativos.
Nos últimos meses foron varios os accidentes de tráfico con tráxico final de xente moza que, a pesar das dificultades, segue a vivir e a residir en Cervantes. Moitas veces eses accidentes veñen propiciados polas deficientes vías de comunicación existentes e polos moitos quilómetros que teñen que facer eses veciños para manter os seus postos de traballo, xeralmente fóra da montaña lucense.
Pero ás xentes de Cervantes, non lles chegaron soas estas malas novas. Tamén estes días confirmóuselles o pechamento do colexio de Donís. Xa sabemos que para o PP é ben sinxelo poñerlle o cadeado a un centro escolar do rural galego. Abonda con coller o metro das cifras e dos cartos para vendernos o rigor económico da medida. E u-lo rigor social? Onde quedan esas ostentosas frases de defensa do rural? A partir de agora e grazas á austeridade do PP, os nenos e as nenas de Cervantes van ter que desprazarse en autobús máis de dúas horas diarias por pistas para seguiren escolarizados. Esa é unha alternativa. A outra: que seus pais se vexan na obriga de se trasladaren con eles, na busca dun novo destino escolar e de vida, para que os seus fillos accedan ao ensino sen ter que pasar parte da súa xornada nas estradas. Porque o PP non só lle está poñendo a caravilla a un centro de ensino. O PP o que está facendo é retirarlle, por vía de decreto, os seus dereitos a unha poboación na que non cre, a homes, mulleres, nenos e nenas que non lle importan o máis mínimo porque só son estatísticas. Números e cifras: pecharon ducias de colexios, elimínanse centos de prazas de mestres, morren en accidente decenas de persoas, ducias de vivendas baleiras...
Pero detrás deses números e cifras hai persoas. Esas estatísticas, esas porcentaxes teñen nomes e apelidos. A min, no caso de Cervantes sempre se me veñen á cabeza dúas mulleres, que seguramente representan a imaxe dunha sociedade que non quere desaparecer, pero que tampouco quere ser tutelada desde fóra, porque esa xente, foi a que mantivo con vida Os Ancares, cando durante tantos anos ninguén se acordaba daquela terra. Mulleres que representan a forza dun territorio que se nega a aceptar, sen máis, as frías e insensíbeis estatísticas e que se enfrontan a todas aquelas políticas que van en contra desa maneira de entender a vida e o país.
A estratexia do PP no agro está centrada no abandono de todo tipo de políticas dirixidas a fixar poboación, o noso grande cabalo de batalla. Hai un par de anos e a raíz doutra polémica sobre o papel das mulleres no que Cervantes tamén se viu tristemente implicado, eran moitas as voces que alegaban que boa parte da culpa desa decadencia, recaía nas propias mulleres que, polo visto, non queriamos residir no rural. Que seica nos volveramos esixentes e que xa non estamos dispostas aos sacrificios... Curiosa expresión esa, que nos retrotrae a esas etapas nas que as mulleres non podiamos decidir que tipo de vida queríamos para nós e para os nosos. Retorcido argumento o de culpar e responsabilizar a propia vítima da situación que vive. Cúlpase a quen esixe servizos médicos, a quen reclama unha gardaría, a quen demanda un colexio para que os seus fillos non anden estrados polas pistas durante horas, con neve e xeada, durante os fríos invernos da montaña lucense.
As mulleres dos Ancares son esixentes, é certo, e por iso se mobilizaron durante meses para que non se pechase o colexio de Donís, porque elas si que saben o que significa ese peche. Significa menos servizos, porque este é o primeiro paso doutros que o PP ten pensado dar. Comezan cos colexios e detrás virá todo o demais. E se non lle facemos fronte, non vai ser só a montaña o territorio elixido. Xa están pechando os Centros de Atención á Muller que o nacionalismo abriu na lexislatura pasada, non se cobren baixas de médicos, nin as de mestres, paralizouse a apertura e privatízanse centros de día e gardarías. Todo un plan definido de destrución dos servizos públicos e de abandono do rural. E nesa viaxe as mulleres temos moito que perder, e non só as dos Ancares.