O núcleo da corrupción
Un recente estudo confirma que entre o 20% e 40% das axudas concedidas para o desenvolvemento son para subornos
A corrupción é o resultado dun modelo económico-cultural que vicia e perverte, de xeito ilimitado, as relacións humanas e as relación dos pobos. Constitúe, en certa maneira, parte das características e comportamentos dun nada desprezábel abano da sociedade. Sendo vista por moitas persoas coma un dos factores que incide na desigualdade, xa que a igualdade de oportunidades queda estrullada. Se acatamos as informacións que percibimos ou nos chegan de certos medios de comunicación, esta asemella estar relacionada, fundamentalmente, coas institucións e os cargos políticos. Esquecendo ou pasando de largo, un sector, que con toda seguridade, é unha parte fundamental.
Aludo ao mundo do empresariado, en concreto, aos dos grandes beneficios. Que ademais de estragar as sociedades e as súas economías de conxunto, danan gravemente aos pequenos e medianos empresarios. Asi, podemos percibir con maior claridade esa teima informativa de condenar a uns e salvar a outros. O amo ordena e manda. Sería demasiado, que ademais de ser os causantes directos da crise que sufrimos, encima, a sociedade percibise con nitidez o papelón que xogan no mundo da corrupción. Así que, o mellor é facernos pagar a todos. Así que pretende facernos responsábeis desas práticas ilegais e irrespetuosas co ser humano, é un obxectivo vital para os que escravizan a Galiza. Din, é cousa de todos, toda as persoas fan o mesmo. Descredito, nacional e universal, e o peor, crear a sensación de que ren se pode facer. Pois, nós non somos responsábeis dese mundo corrupto, e as nosas accións encamíñanse a erradicar esta lacra. Na nosa sociedade hai homes e mulleres dispostos a facer da nosa terra un lugar para a vida digna e respetuosa.
Abofé, comprobar que os das grandes fortunas (banca e grandes empresas) son os menos investigados e denunciados polos aparatos administrativos e xurídicos, causa noxo, e non ven máis que a confirmarnos a influencia e poder que teñen en tódos os estamentos (politicos, xurídicos, administrativos, ...) que bailan ao son da sua música. Son os privilexiados, non o é o povo. Como é posíbel que nunha situación económica coma a presente, estes sectores sigan tendo suculentas ganancias e o gobernos de turno nada fagan? Como se lles pode dar diñeiro, que son de todos nós, ao sistema financeiro e non esixirlles as mínimas compensacións. Como é posíbel que se queira até privatizar as caixas, ou deixalas ao marxe do control político?
Ninguén, no seu san xuízo, dúbida dos subornos realizador polas grandes empresas para orientar e influír nos gobernos. Por exemplo, un recente estudo confirma que entre o 20% e 40% das axudas concedidas para o desenvolvemento son para subornos. Para sacar suculentos beneficios de concesións administrativas que para nada se axustan as regras establecidas. Para saquear os fundos e riquezas públicas. Para influír na ciencia e nos medios de comunicación. Para orientar os prestamos bancarios cara os seus particulares intereses. Para buscar miles de argucias coa finalidade de evadir impostos ou eludir as leis.
Sen dúbida unha boa parte da responsabilidade da corrupción esta nas grandes fortunas económicas que todo o limitan ás ganancia sen regras, nen aprezo algún pola sociedade e moito menos polos traballadores. Sometendo as súas gadoupas a gobernos e institucións, socavando as regras de xogo da sociedade. En fin, arruinando a vida económica e cultural de persoas e pobos. Os galegos damos fe pública.