O monte como protagonista
2011, Ano Internacional das Florestas
O 20 de decembro de 2006, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución pola que se declaraba 2011 Ano Internacional dos Bosques, co obxectivo de concienciar á opinión pública de que os bosques son esenciais para a sostenibilidade do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Baixo o lema "Bosques para a xente", preténdese salientar o papel da cidadanía e dos habitantes do rural na conservación e aproveitamento sustentábel das nosas florestas. Como apunta a ONU, precísase un enfoque integral do monte que atenda aos seus múltiples valores e funcións.
Os bosques cobren algo máis do 30% de todas as terras do mundo, conteñen o 90% da biodiversidade terrestre coñecida e aproximadamente o 60% de toda a auga doce do planeta provén de áreas boscosas. Calcúlase que ao redor de 1.600 millóns de persoas dependen directamente dos recursos forestais para a súa supervivencia. Ademais, no actual contexto de cambio climático os bosques son esenciais para regular o clima, para conservar a biodiversidade e o chan, así como para asegurar os dereitos e medios de vida dos pobos dependentes deles.
Nesta mesma liña o 2 de febreiro celébrase o día internacional dos humedais que este ano ademais de celebrar o 40 aniversario da sinatura do convenio internacional Ramsar, ten por lema: bosque para a auga e humedais.
A situación do noso monte
Galiza ten unha superficie total de 29.574 km² (2.957.400 ha), das que o 69% ten uso forestal e máis de 596.000 ha son monte desarborado. En canto ao tipo de propiedade, aproximadamente o 68% da superficie forestal pertence a propietarios privados individuais, o 30% a comunidades de montes veciñais en man común e o 2% restante é monte público. Os montes veciñais en man común (MVMC) son espazos abertos de titularidade colectiva e carácter social, ligados a un uso tradicional en torno a un núcleo rural, e polo tanto cunha gran importancia no noso país.
A multifuncionalidade do monte galego constitúe unha fonte inesgotábel de recursos económicos, ambientais, sociais e culturais. Subministra materias primas renovábeis e respectuosas co medio ambiente e desempeña un papel imprescindíbel no desenvolvemento económico, no emprego e na prosperidade do noso país, especialmente no medio rural. Os montes galegos son os principais produtores de madeira do Estado, cun volume de cortas anuais que, no ano 2008, ascendeu a 8 millóns de metros cúbicos, máis do 50% da produción estatal. As empresas do sector madeireiro galego facturan preto de 2.500 millóns de euros o ano, dando emprego directo a 26.000 traballadoras e traballadores do sector forestal e xerando, aproximadamente, o 3,5 por cento do produto interior bruto de Galiza.
Podemos afirmar, que o futuro do sector forestal en Galiza é prometedor, sempre e cando saiba adaptarse aos novos criterios e obxectivos que a sociedade demanda. Isto leva consigo resolver parte dos problemas que a xeito de lastres acompañan ao sector, diversificar a gama de produtos e ofrecer novos servizos ligados a un desenvolvemento humano sostible. É necesario incidir no aumento da xestión, introducindo no aproveitamento, os factores ambientais que xeren un maior beneficio neto nos recursos naturais.
Non podemos esquecer o enlace do sector forestal co mundo rural e en boa medida a súa coevolución virá dada a raíz de fomentar o desenvolvemento rural sustentable fundamentado en: permanencia nos asentamentos, recuperación de valores e recursos endóxenos, xeración dun maior valor engadido dos produtos; e en global mellorar a calidade de vida.
O noso monte está sendo obxectivo da especulación do PP, destruíndo todas as iniciativas xeradas polo BNG na anterior lexislatura e apostando por unha política liberal no territorio que ten a súa máxima expresión nas SOFOR; onde "os mercados" van ser a solución para os problemas do noso rural.
Apostar polo noso monte para darlle unha oportunidade
Destacan as propostas da declaración de Lugo da mesa da madeira no ano 2008 dentro de Foresgal, onde se conseguíu a través da consellería nacionalista do Medio Rural un amplo consenso de todas as partes (sindicatos, persoas propietarias, empresas e administración) para apostar polo noso monte. Entre elas cabe resaltar os seguintes compromisos:
· Defender un marco normativo e fiscal que dea estabilidade e permanencia ao monte dada a especificidade das inversións a longo prazo do sistema forestal, introducindo leis e melloras que apoien o desenvolvemento do sector e que articulen as normativas concorrentes.
· Fomentar as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR) como unha fórmula de cooperación e agrupación de propietarios forestais baseada na posta en marcha dun mecanismo de xestión conxunto de terreos forestais que debe dar resposta a un problema conxuntural do noso país.
· Buscar a implicación e concienciación de toda a sociedade galega sobre o valor do noso monte e a defensa dos seus recursos fronte a actividade delitiva incendiaria e todo elo a través de actitudes e aptitudes co fin de establecer principios de colaboración e corresponsabilidade mutua.
· Manter, conservar, restaurar e aumentar a diversidade biolóxica e vitalidade dos bosques galegos incluíndo os seus recursos xenéticos mediante a xestión forestal sustentábel.
· Mellorar a información sobre os montes, sobre o tecido industrial baseados neles e tamén mellorar as calidades de produtos de bosque. Os profesionais, así como os consumidores, necesitan ser informados acerca das características económicas, técnicas e ambientais de madeira, como materia prima renovábel, reciclábel e amigábel co medio.
Nestes tempos de crise a valorización do noso monte, é necesaria máis que nunca. O noso monte, merece que lle dediquemos un par de minutos de atención, e nos preguntemos pola causa da súa situación actual. Despois poderemos seguir facendo o que queiramos . . . ou o que nos deixen facer; pero recordade que cambiar as cousas tamén está na nosa man.
Que o ano internacional das florestas serva para reflexionar sobre o noso monte e a situación do noso rural !
Por un monte en +, por un rural vivo.