O debate interesado sobre o ERE de telefónica
Xunta de Galicia e Banco de España permitiron que os directivos da caixa galega consolidasen o 25% do salario variable como fixo
Resulta curioso ver como o debate sobre os despedimentos colectivos de telefónica está centrado sobre o pago das prestacións de desemprego nos Expedientes de Regulación de Emprego, si deben pagalos as empresa ou o INEM. Tertulianos e sindicatos do réxime manteñen un "acendido" debate público, pero sen entrar na raíz do problema: o que é inmoral é que alguén poda autorizarse un ERE nunha empresa con beneficios.
Telefónica, a antiga empresa pública, foi a empresa do Estado Español con maiores beneficios no exercicio 2010 con mais de 8.836 millóns de euros. Unha simple visual aos beneficios das empresas do IBEX-35 neste tempo de crise debería ser un motivo de reflexión, por que un numeroso grupo destas empresas milmillonarias en beneficios teñen a súa orixe en antigas empresas públicas ou se beneficiaron do proceso de privatizacións: son os casos de Telefónica, Repsol, BBVA (A de Arxentaría a antiga banca pública), ou Santander. Unha incautación das empresas públicas (defendida por PP e PSOE) que privou ao Estado das empresas mais rendibles permitindo a creación dunha oligarquía empresarial que permanece ao marxe da crise. Pero o debate público limítase a si é moralmente aceptable que Telefónica pretenda "cargar" sobre o INEM parte do custe dos despedimentos colectivos.
As persoas que traballamos no sector financeiro sorpréndenos o cinismo do goberno central, sobre todo cando o Ministerio de Traballo autorizou nas Caixas de Aforros que os altos directivos que cobraban salarios multimillonarios (en euros) se sumasen aos ERE´s previa consolidación de parte do seu salario variable como fixo; que se beneficiaran das exencións fiscais aprobadas polo goberno para as indemnizacións por despedimentos colectivos; e que cobrasen as prestacións de desemprego con cargo ao INEM. Todo isto ademais en empresas que recibiron abondosas axudas públicas.
Xunta de Galicia e Banco de España permitiron que os directivos da caixa galega consolidasen o 25% do salario variable como fixo, unha medida que non é casual. Estes días falase moito do Real Decreto que limitará o salario dos executivos bancarios, un decreto que desenvolve a directiva 2010/76 e que chega tarde. Unha vez coñecida a norma europea, altos executivos de bancos e caixas tiveron tempo para modificar a estrutura dos seus salarios, consolidando parte das retribucións variables como fixas. Sería o caso de novacaixagalicia pero tamén de entidades como Santander (Ana Patricia Botín verá subir o seu salario fixo nun 47,8%) ou Banesto, onde a retribución fixa dalgúns altos directivos supuña o 37% da retribución total, pasando a un 50% para este ano. O goberno central deulles tempo aos banqueiros para burlar a norma europea.
Pero volvendo ao ERE de telefónica con todo o que resulta mais inmoral é que unha empresa con beneficios poda promover despedimentos colectivos, sexa por causas técnicas, económicas, organizativas ou alegando todas elas. Unha posibilidade mais aberta que nunca dende a aprobación da "reforma laboral" do ano 2010. Se destrúe emprego fixo mentres se subcontratan tarefas precarizando as contratacións e as condicións laborais en xeral. Ese polo tanto ese debería ser o centro do debate, nomeadamente sindical.
Un dos maiores problemas que afrontamos aquelas persoas e organizacións que procuramos un cambio social e económico é a capacidade do sistema para xerar debates e respostas inocuas e controladas para evitar centrar o foco na raíz do problema e o caso de telefónica ou o dos salarios dos banqueiros non deixan de ser algúns deles.