O consumo, a responsabilidade e as nucleares
A economía de libre mercado baséase no consumo e a competitividade
"Ser consumidor, por definición inclúenos a todos (...) Somos o grupo económico mais grande do mercado, que afecta e é afectado por case que todas as decisións económicas públicas e privadas... pero é o único grupo importante do que os seus pontos de vista, con frecuencia, non son escoitados" John Kennedy, en 1962, no Congreso dos Estados Unidos. Vinte e un anos despois, o 15 de marzo de 1983 celebrouse por vez primeira o dia internacional do consumo, e, dende entón vense celebrando anualmente cada 15 de marzo.
A economía de libre mercado basease no consumo e a competitividade e os consumidores e consumidoras teñen recollido nunha carta os seus dereitos: de seguridade, de elección entre variedades de produtos e servizos a prezos competitivos....e igualmente dereito a ser informados e formados como consumidores para protexerse contra o engano nunha sociedade cada vez mais agresiva e un mercado envorcado aos seus intereses especulativos.
As grandes necesidades de consumo levan implícitas, en todas as sociedades occidentais, grandes gastos en materias primas, grandes impactos no medio ambiente e grandes inxustizas nos procesos de fabricación ao empregar menores ou non pagar prezos nin medianamente xustos na produción. O capitalismo salvaxe conseguiu imporse e facer crer que o progreso leva necesariamente con el esas necesidades e xa non hai volta atrás. Se queremos vivir nas actuais condicións de comodidade e modernidade temos que consumir a un ritmo crecente e imparable do que semella que nunca haberá fin.
Até que un día fatal como foi o 11 de marzo de 2011, unha catástrofe natural, a maiores das grandes perdas materiais e humanas, case fai estoupar unha central nuclear e entón saltan as alarmas todas do perigo das centrais nucleares e da oportunidade ou non de abordar o debate sobre si nucleares sí ou nucleares non. E escoitánse voces a falar da inconveniencia de abordar ese debate, pois é supostamente oportunista e vantaxesta falar agora dos perigos da enerxía nuclear, e escoitase falar de como o mundo non está disposto a renunciar aos avances favorecidos polo maior consumo de enerxía, e de como hai que asumir riscos si se quere vivir no século XXI. Pero a ningunha persoa que viva perto dunha central nuclear se lle pregunta se está disposta a correr o risco de que a central faga o que está a facer a central xaponesa.
A dependencia da produción eléctrica do tipo de sociedade no que nos temos convertido é evidente, pero ten seu aquel preguntármonos se realmente precisamos (e demandamos) toda a electricidade que consumimos. Se botamos unha ollada pola nosa propia casa, ou pola de calquera familiar ou veciño se nós somos ecoloxistas militantes, veremos luces e luciñas en todos os cuartos que realmente non precisamos para nada: O espertador electrónico dixital cos números permanentemente acesos coma se fose imprescindíbel ver a hora durante as 24 horas do día, as luciñas da lavadora que indican o momento do lavado no que se atopa como se fose realmente importante para nós, saber se está no pre lavado ou no aclarado, as luces do forno e os mandos da cociña a lucir en vermello, as do equipo de música que xa non usamos, porque escoitamos a música de internet, pero seguen aí a moverse perennemente coma vermes de cores, as regretas nas que enchufamos os aparellos que, aínda que estean apagados, teñen sempre un indicador de electricidade para avisar de que funcionan correctamente, malia non necesitalos en absoluto..... Evidentemente falo de gastiños de nada, de consumos ínfimos, pero que van sumando e aportando gasto eléctrico e céntimos na factura.
Demandamos nos das empresas todos eses aparellos con eses niveis de gasto eléctrico? Evidentemente o consumidor de a pé pretende conseguir aparellos que lle faciliten a vida, pero tamén sería quen de renunciar a moitas facilidades a cambio dun mundo mais xusto e sostible.
Pretenden que a enerxía nuclear é indispensable e que sen ela o mundo non podería funcionar. A produción de electricidade provén do nuclear nunha media do 20 % nos EE UU e do 28 % na Unión Europeia e mentres que países como Francia dependen grandemente desta produción (case o 80 %), en España esa dependencia é de arredor do 20 %. Os accidentes recíbense de maneira diferente nos distintos lugares, mentres que nos EE UU, despois do accidente de Three Miles Island no 79, non se volveu suxerir a construción de ningunha nova central, en España vólvese recurrentemente ao debate e por parte da dereita ideolóxica suxírese continuamente a enerxía nuclear como a salvación de moitos males (recentemente a Fundación FAES sacou un novo estudo sobre o tema)
Nos últimos tempos imponse a idea de que as materias primas non son infinitas e as grandes empresas comezan a vender sostibilidade: Coidado polo medio ambiente, utilización de renovábeis, preocupación pola saúde pública, apoio as políticas de reciclaxe e reutilización....semella que o sistema asume como propias as ideas antisistema e mentres con unha man promove o "consumir até morrer", coa outra loita pola conservación medio ambiental. Os grandes templos do consumo fan campaña a prol do menor uso de plásticos e da reutilización de envases; as comercializadoras da electricidade queren reducir o consumo do papel das facturas enviándoas polo correo electrónico ou por SMS, os movementos low-tech, que foxen da alta tecnoloxía consumidora masiva de enerxía e emisora de residuos, comezan timidamente a entrar no mercado.
Conmemoracións e días internacionais como a do 15 de marzo poden favorecer o coñecemento por parte dos consumidores e consumidoras dos seus dereitos. Pero as motivacións das empresas teñen moito mais que ver coa incidencia nos beneficios que co aforro enerxético o cal só lles é esixido aos consumidores finais.. As sociedades occidentais basean seus beneficios no grande consumo enerxético e a formación e a información son as poucas armas que os consumidores temos para manter o noso mundo; e debémolas utilizar se non queremos contribuír mais á destrución do planeta.