Non se ve o fondo do túnel
A débeda da banca coa facenda pública en concepto de créditos fiscais e fondo de comercio situase arredor dos 71.000 millóns de euros
Non hai luz a esta altura do túnel para os que levamos padecendo a crise desde os seus inicios. As mesmas e os mesmos que deseñaron as políticas que nos trouxeron até aquí, aquelas e aqueles que xestionaron a situación para beneficio do grande capital, tentan agora convencervos das bondades do se vadecum afirmando que o peor da crise rematou. Porén a realidade é outra ben distinta, até o punto de que non hai un só indicador que nos permita falar da recuperación da taxa de actividade, tampouco ningún dado que desminta a situación de quebra xeneralizada do sistema financeiro, corazón e cerebro do capitalismo maduro, e moito menos novas para concluír que a correlación de forzas está a mudar sendo quen de alterar o rumo que segue desde 2008 a loita de clases. Acabaramos, na nosa man está continuar polo vieiro marcado polos grandes poderes económicos, co seu correlato de empobrecemento para as maiorías sociais, ou abrir novos camiños que permitan darlle a volta a esta situación a comezar pola devaluación das rendas do capital.
Non hai respiro para o Sistema Financeiro do Estado Español que continúa enfrontando unhas perdas escandalosas, que na maioría dos casos non consegue maquelar co seu negocio internacional. Se os dados de 2012, aos que nos temos referido en anteriores artigos neste medio, implicaron auténticos fitos en canto a resultados negativos para a banca, os números de 2013 seguen a presentar a mesma tendencia, cifrando o Banco Internacional de Pagos de Basilea as minusvalías do Santander, BBVA, Caixa Bank e Popular no primeiro semestre do ano en 1.758 millóns de euros. Agora ben, isto non é nada se atendemos a contía das axudas que en forma de créditos fiscais, os famosos activos fiscais diferidos sobre os que tanto calou o Banco de España, beneficiaron en 2012 ao conxunto do sistema financeiro e que segundo fixo público o Ministerio de Facenda representan arredor de 56.000 millóns de Euros. As achegas públicas ás que nos vimos de referir, posto que os créditos fiscais a pesar de operar como unha sorte de esquema de protección de activos coa que se pretende reducir a carga impositiva da banca responden a esa natureza, completáronse con outro beneficio fiscal, neste caso o denominado fondo de comercio, que aforrou a banca 15.000 millóns e que en conxunto representaron 71.000 millóns. Non lle deamos máis voltas foi esta a vía deseñada polo Goberno do Estado para cubrir o furado de capital de 50.000 millóns que tería que enfrontar en 2013 o sistema financeiro do Estado coa entrada en vigor de Basilea III.
Non é unicamente a reforma das pensións, é a reforma coa que se pretende fechar definitivamente o circulo da devaluación interna. O anteproxecto de lei do Goberno Rajoy responde a mesma orientación doutros textos lexislativos aprobados desde 2008, pensemos na reforma laboral, está animada pola escasa contundencia da oposición social aos mesmos, particularmente a reforma laboral, inspirase no mesmo corpo doutrinal, o eixo segue a ser desvincular o seu valor do IPC, evidencia as relacións xerarquicas na zona euro e clarifica sobre a folla de ruta do capital. Alén destas consideracións debemos reparar que a propia memoria do anteproxecto informa que xa en 2014 significará un aforro para o estado de 810 millóns de euros, 1640 en 2015, 2490 en 2016 e 3359 en 2017o que repercutira na contía e cobertura das pensións, desde o momento que a base de calculo non segue o IPC e que a suba situarase por baixo do mesmo, concretamente no 0,25% cando os gastos sexan superiores aos ingresos. Tanto é así que a totalidade dos informes publicados até a data, fixan a baixa do poder adquisitivos dos pensionistas para os vindeiros 15 anos entre o 14,8% e o 28,3% cunha particular incidencia naqueles territorios onde a poboación está máis avellentada e onde a contía das pensións son xa hoxe máis baixas.
Non é unha batalla calquera, esta si, é a batalla final. Se até agora a ausencia dunha resposta á altura das circunstancias fixo da contrareforma en marcha un paseo militar, unha posición semellante diante das medidas gobernamentais que xa están aquí situaríanos ás portas dun cenário letal. Un primeiro cenário que nos vai dar unha foto fixa do estado da correlación de forzas e da fondura da agresión do capital na medida en que sexa quen de desvincular o poder adquisitivo da suba dos prezos, algo que xa conseguiu coa reforma laboral e que agora persigue coa reforma do réxime das pensións. Un segundo cenário que mantiveron entre sombras até despois das eleccións en Alemaña que vai desmentir o retrato feito polo capital coas súas análises só atendendo á variábel beneficio respecto á saúde do Estado e que está vinculado a necesidade dunha nova inxección masiva de capital á banca que sitúa o Banco Internacional de Pagos de Basilea arredor dos 50.000 millóns de Euros. E por último, como cuestión definitiva,un terceiro cenário que vai ser unha nova fase na intervención do Estado Español nese rescate/secuestro no que estamos inmersos nos últimos anos. A fondura da agresión do capital vai ser proporcional a capacidade de resposta dos sectores populares, xa que logo resolución dos cenários que enunciamos esta na nosa man.