Minimus pan et maximus circensis
Nunca tan poucos foron capaces de roubar a tantos durante tanto tempo
A sabia fórmula do Imperio Romano "pan et circensis" que serviu para domesticar as conciencias dos súbditos escravizados está sendo reformada á baixa no século vinte e un polos novos emperadores do Fondo Monetario Internacinal: "Mínimus pan et máximus circensis".
Se o Imperio é capaz de ter a xente entretida impedindo que reflexione e intercomunique as súas reflexións, pode coducila a donde lle pete como un rabaño de ovellas casteláns; e digo casteláns porque en Castela as ovellas seguen ao pastor, na Galiza o pastor, ou pastora, van detrás e en moitas ocasións elixen elas o camiño.
A pesares de que morreu DEUS, o MERCADO, o que todo o pode e todo o sabe; e morreu sen pena nen groria, e sen facerlle enterro, os santos pais do becerro de ouro seguen amosándonos desde as basílicas da BOLSA o brazo furioso da iracunda crise que somente nos devolverá ao colo do benestar se antes nos apretamos o cinto, nos axionllamos, nos arrastramos, nos poñemos cinza e cilicios e pagamos ao pecado de ter quizais vivido por riba das nosas posibilidades, o terríbel pecado, a maioría das ocasions de terlle feito caso ao deus Mercado e ter pasado a vida hipotecados para ir chegando a unha vivenda, un auto, darlle algo de xeito aos fillos, o que puido, e probar un churrasco algún fin de semana.
O BNG, remata de presentar unha sacrílega proposta contra a crise que recomenda unhas prácticas relixiosas totalmente contrarias as dos santos pais do becerro de ouro e dos seus sancritáns, como a Sra. Merkel ou o Sr. Zapatero, con todos os respectos.
O problema que se nos prantexa agora aos nacionalistas é como transmitir á sociedade unhas propostas tan sensatas e tan ben pensadas namentras a xente ten os seus cinco sentidos superocupados en poder subsistir física e psiquicamente cada paso con menos pan e con mais circensis.
Os do becerro de ouro conducíronos sabiamente a consumir o seu lixo de noite e de día, e o que non teña os bonos da súa santidade en forma de moeda ou tarxeta que roube ou que estafe que iso tamén xera negocio. A única práctica relixiosa que na santa igrexa do becerro de ouro te pode elevar aos altares é o negocio... E cando non esteas facendo negocio conéctate a calquera pantalla directa ou indirecta, pon o ruxido que poidas aturar e desconecta en canto notes que algén está conducíndote a reflexinar en serio sobre da túa existencia ou a dos teus semellantes, ou que apareza calqueira manifestación artística que sexa máis complicada que "GRAN HERMANO". Se te desvías destas prácticas caerán sobre ti bandadas de paxaros, unha boa parte socialdemócratas, e as veces tamén nacionalistas (non falemos xa das gaivotas e dos miñatos) que te acosarán co seguinte arrechouchío: "Déixate de filosofías". E din moi ben, a filosofía é a amizade coa sabiduría e coa ciencia; e deus tróuxonos ao paradiso capitalista para consumir ou para ser consumidos pero non para ser sabios ou científicos. O sistema capitalista non é unha ciencia é unha relixión; ou cres nel ou non cres. Foi precisamente Felipe González un dos predicadores deste dogma cando decía: "Vivimos no mellor dos mundos posíbeis". E tivo sorte, que Zapatero saíulle bo discípulo; está estes días intentando aplicar o catecismo mariano (non o da Nosa Señora, no mes das flores de maio, senon o de Mariano Rajoy no "Camino que le marca su Escriba").
Sexamos sacrílegos:
Imaxinémonos, que é moito imaxinar, que se realiza unha folga xeral en Galiza pola defensa de todo o que conqueriron os nosos antepasados e máis nós, e nos queren roubar estes días os do becerro de ouro.
Imaxinémonos, que é moito imaxinar, que prefiren os " sumos sacerdotes" e os seus sancristáns ternos tres días dentro dos centros de traballo facendo exercicios espirituais sobre das causas e causantes da crise que ternos nas rúas.
Imaxinémonos, e isto pódese imaxinar, que contamos con persoas capacitadas para imprimirlle dinámica a un debate serio sobre das CAUSAS E CAUSANTES da actual crise económica.
Se todo isto fora posíbel poderíamos abrir para estes debates un pequeno cuestionario referido a como percibe cada quen a súa vida laboral ou persoal, outro sobre de como percibe a doutros axentes sociais, e un terceiro propoñendo medidas contra a crise que non perxudiquen a quenes viviron e viven de traballar. Damos por suposto que se trata de traballadores e traballadoras e que os cregos das igrexas do becerro de ouro non están presentes nestes exercicios espirituais porque non lle lo permite a sua relixión. Como moito mandarán algun espía para estar informados.
1ªPregunta:
Considérase vostede corresponsábel da crise por traballar pouco, por malgastar fondos públicos, por gastar máis do debido, por administrar mal, por hipotecarse demasiado? Considera vostede, xubilado ou xubilada que ten responsabilidade na crise por ter unha pensión moi elevada, por xubilarse moi cedo, por seguir traballando despois de xubilado ou por causarlle moitos gastos á Seguridade Social? Considera vostede parado ou parada que ten parte da culpa da crise por estar moito tempo e sen necesidade cobrando moito diñeiro do paro? Considera vostede pai ou nai de familia que ten malgastado moito diñeiro público das axudas familiares que percibe para os seus fillos?
2ªPregunta:
Sabe vostede cantas persoas en Galiza teñen un patrimonio declarado de máis dun millón de euros? Sabe vostede cantas persoas en Galiza en idade de traballo viven sen traballar e dispoñen de mais de doce mil euros para gastar ao mes. Sabe vostede cantas persoas ricas viven fóra de Galiza a conta do traballo dos galegos? Sabe vostede canto diñeiro de galegos ou galegas que se adican aos negocios está depositado en bancos ou paradisos fiscais sen que lle conste a Facenda Pública? Considera vostede que a crise se debe a que lle pagan aos traballadores/as salarios demasiado elevados ou que se lle paga demasiado aos labregos polos seus productos? Sabe vostede as cantidades que se lle entregaron durante estes anos aos bancos supostamente para que resolveran a crise? Sabe vostede a cantidade de diñeiro de impostos dos galegos que vai parar a Madrid para pagar ademais de grandiosas infraestruturas a tres centos mil funcionarios?
3ªPregunta:
Imos recurrir ao pecadento sentido común e facer preguntas en forma de propostas que se non fora polo fanatismo relixioso dos cofrades do becerro se faría calquera. Cómo é que non sabemos donde gastaron os bancos todo o apoio económico que recibiron do Estado estes anos? Se nos apretamos o cinto non estaremos aforrando para unha nova crise? Que provoca máis custo no tecido empresarial, a subida do xornal dos traballadores/as nun tres por cento ou a da enerxía nun cento por cento? Cómo se vai estimular a economía se baleiramos os petos da xente normal? Porqué mandou deus e máis Aznar adelgazar o Estado vendendo as empresas públicas e agora mandan engordalo aumentándonos a todos os impostos, menos aos ricos? Estas mesmas medidas anticrise non lle las aplicou xa estes anos o Fondo Monetario Internacional a moitos países e fundiron aínda máis as economías e as industrias deses países? Están seguros os gregos de que merece a pena ser europeos? Tivemos os cidadáns que nos adicamos toda a vida a traballar algunha capacidade de decidir sobre o emprego do diñeiro? Non son os bancos os que cobran incluso a nosa nómina e deciden cando prestan, a quen lle prestan e en que condicións lle prestan? Porqué temos que arrimar o lombo para erguer unha trabe os mesmos que a puxemos no teito e que foron outros quen a tiraron? Que fixeron coa riqueza aqueles que a controlan e que fai pouco decían que estaban desbordados pola abundancia?
Conclusión: A riqueza e o benestar producímolo os que traballamos, a crise prodúcena os parásitos, e todo ese rexoubeo que nos meten cos "Grandes Hermanos", coa tolemia futboleira e cousas semellantes, non é que nos fagan as cóxegas senon que temos enriba unha capa de sarna que como non a desinfectemos un pouco imos ter que rañar por moito tempo.
No suposto de que se deran estes tres días de reflexión atoparíamos ao cuarto día un fervor mediático traéndonos ao bo camiño con preguntas transcendentais para as nosas vidas tales como:
Quen gañará a liga? De que cor será a Mitra que o Santo Pai porá en Compostela? Permitirá a moral católica capar as gatas do Pazo de Oriente para que a Casa Real teña menos familia que manter contribuíndo así a reducir a crise? Non será moi machista a proposta? Non sería mellor capar os gatos?...