IV Congreso Galego de Comunidade de Montes

IV Congreso Galego de Comunidade de Montes

A premio Noblel de Economia do ano 2009, Elionor Ostrom, demostrou que a titularidade  colectiva, garanta unha mellor xestión dos recursos desde os puntos de vista social, medioambiental e económico.

Esta teoria da Premio Nobel de Economía, está posta en práctica por un fato de comunidades de montes que no ano 1997 levaron adiante o I Congreso Galego de comunidades de montes. Este IV Congreso ten que significar un avance neste camiño.

Os dias 22 e 23 de Maio de 2010, no concello do Carballiño, vai ter lugar o IV  Congreso Galego de comunidades de montes, que terá como lema central "un monte veciñal multifuncional e vivo: garantia do seu futuro". No decurso deste IV Congreso, debateranse tres relatorios: Consolidación da titularidade veciñal; Monte veciñal, defensa da terra e xeración de emprego e Alianzas para lograr un monte veciñal multifuncional nun medio rural vivo .

Este IV Congreso Galego de comunidades de monte, que de seguro, pasará desapercibido polos medios de comunicación dominantes, vaise desenvolver nun contexto socio-politico marcado  pola intención dos grandes intereses económicos urbanísticos e especulativos de eliminar a figura do monte veciñal en man común, esa outra forma de pusuír que temos os galegos e as galegas, ese sinal de identidade do noso País, xunto coa lingua. E neste intento, atópanse amparados pola actual Conselleria do Medio Rural e contan coa complicidade de certas asociacions forestais .

Para facilitar esta eliminación do monte veciñal en mán común, a actual Consellería do Medio Rural, tenta impedir o logro dun monte veciñal multifuncional e sustentable, para destinalos á plantación de especies de crecemento rápido para a producción de pasta de papel e a plantación de cultivos enerxéticos  para producir biomasa para materia prima das centrais. É dicir, quere destinar o monte veciñal a duas produccions que non xeran valor engadido no contorno e no Pais. Duas produccions que son, xa que logo, de tipo colonialista .

Neste IV Congreso, os veciños e veciñas comuneiros, teremos que atopar as fórmulas para consolidar esta titularidade singular, para situala no mesmo plano que as outras titularidades: a pública e a privada. Temos que estreitar as relacions monte veciñal -produccions agrogandeiras no camiño de lograr a soberanía alimentaria. Teremos que acadar  alianzas estables cos sectores que viven e desenvolven as suas actividades no medio rural, xa que o monte veciñal é unha peza mais do medio rural e o seu futuro esta vencellado a un medio rural multifuncional e vivo , e decir , con poboación.

Temos que logar a complicidade dos habitantes do medio urban como consumidores dos productos e dos servizos sociais e mediambientais que xera o medio rural.

Ante esta agresión en toda regra ao monte veciñal en man común, as comunidades de montes, seguramente, só temos unha arma, a unidade. Mais é unha arma poderosa, capaz de vencer a este intento de eliminación do monte veciñal. Capaz de vencer. xa que da unidade, se deriva a organización e a mobilizacion social . E historicamente  hai probas de que se pode vencer.

No século XIX, a sociedade labrega, impediu que as leixes desmortizadoras procederan a venta dos montes veciñais. No século XX, os veciños e veciñas comuneiros, recuperaron os montes veciñais usurpados pola dictadura franquista. ¿Por que no seculo XXI , os veciños e veciñas comuneiros e a sociedade galega non van a impedir a eliminación destas titularidades singulares? Parafreseando ao poeta do Courel, Uxío Novoneira , temos que manifestar que a forza da unión, da organización e da movilización das comunidades de montes e do pobo galego, non pode ser inutil, non pode ser inútil na defensa do monte veciñal .

O IV Congreso Galego de comunidades de montes, debe significar unha mobilización das comunidades de montes e da sociedade galega .interesada obxetivamente na supervivencia dos montes veciñais. Para que estes sigan sendo o que sempre foron: titularidades colectivas, espazos abertos, bens de caracter social sexan de identidade do Pais .