Fondos voitre, Novagalicia e algo máis
A chegada dos fondos voitre ao Estado Español non é casual, como tampouco o é en Grecia ou en Portugal
Os fondos voitre, que operan a través de paraísos fiscais, mercan barato, reestruturan duro (incluíndo a venda de activos como xeito de conseguir liquidez “cash”, ao tempo que eliminan partes das empresas que non consideran centrais) quedándose co “core” do negocio para vendelo caro.
José María Castellano, actual Presidente de Novagalicia cargo ao que accedeu da man de Alberto Nuñez Feijoo despois de que este contactase con el o 13 de marzo do 2011, representa a fondos norteamericanos, algo que nunca negou, o que sempre negou é o apelido destes fondos:
Todo o proceso de reestruturación das Caixas Galegas seguiu o esquema clásico dos fondos, ao fin o obxectivo era entregarlla. Dende a súa chegada asistimos a segregación da empresa (UGAS, EVO e Novagalicia), sufrimos a maior reestruturación de todo o sistema financeiro español; foron vendidos activos incluídas participacións industriais e os bancos do grupo, tamén rede de oficinas; impulsaron un recorte do 60% do cadro de persoal, recortando tamén as condicións laborais; incluso a quita aos posuidores de débeda subordinada formou parte do esquema. Parte do traballo para os fondos está feito, pero non todo, queda por aplicar parte da redución do cadro de persoal (sen desbotar novos despedimentos no futuro), recortes salariais, ou a venda de UGAS con 700 persoas, tampouco se pode desbotar mais vendas de oficinas.
Se ata o de agora o Banco de España mantiña unha posición clara en contra da toma de control dunha Entidade financeira por parte dos voitres, dados os riscos para a estabilidade do sistema financeiro, co PP mudou esta posición. Con todo ata o ultraliberal PP mantén certas reservas e estableceu algunhas limitacións solicitando algunhas garantías aos voitres. Semella que pretenden evitar que podan entrar en Novagalicia á procura de liquidez coa que realizar novos investimentos, e que se produza un baleirado da entidade (algo no que os fondos son especialistas). Para iso tería establecido un depósito de 700 millóns en garantía e a posibilidade de que un fondo financiase a operación asociado a un banco.
A entrada dos fondos voitre na banca americana (os mesmos Elliot ou JC Flowers, que ambicionan Novagalicia) orixinou un debate nos EEUU que aquí pretenden obviar, coma si os fondos fosen almas caritativas e o carne de galeguidade o expenderá un especulador de Virxinia. Malia que na Galiza de Feijoo, os medios apostan por este fondos na poxa por Novagalicia, a actuación dalgúns destes ten acaparado portadas no pasado.
Foi o caso da retención da fragata arxentina “Libertad” en Ghana como consecuencia unha denuncia de Paul Singer, o propietario do fondo “Elliot”, un fondos voitre que conta coa beizón do PP para poxar por novagalicia. Elliot, que opera dende as Illas Caimán, mercou débeda Arxentina polo seu valor residual, cando este país renegociou a débeda Paul Singer opúxose e ten demandado o cobro polo 100% do valor, 284 millóns de euros mais. Este é o seu xeito habitual de actuar, está especializado en mercar débeda barata de Estados empobrecidos e despois reclama aos Estados o 100%, foi o caso do Congo mercou débeda por 11 millóns e reclamou ata que cobrou 58 millóns; ou Perú pais do que mercou débeda por 20 millóns pola que conseguiu cobrar 90 millóns. Por certo Paul Singer é doante do Partido Republicano e foi asesor do candidato á presidencia Mitt Romney.
No cadro Executivo do Guggenheim, que está sendo investigado pola SEC norteamericana (equivalente á CNMV) polas súas relacións con Mikel Milken un especulador sancionado que operaría a través deste fondo, figuran persoas que tiveron as máximas responsabilidade en Entidades quebradas dos EEUU (Drexel ou Bearn Stearn) que provocaron a crise económica actual. A ninguén se lle ocorrería pensar que un fondo liderado polo Méndez e o Gayoso optase a facerse con un banco que controlase o 40% do sistema financeiro dos EEUU, somos unha colonia.
Co estoupido da crise as reunións do G-20 centráronse na necesidade de reestruturar o sistema financeiro. EEUU e o Reino Unido (moitos fondos teñen sedes na City londinense) teimaron en abrir a economía europea aos fondos e froito da súa presión a UE aprobou unha Directiva Comunitaria que baixo a aparente intención de “regular o funcionamento dos fondos” abriulles a porta coa creación dun pasaporte europeo.
Os fondos atacaron o euro, non é política ficción, foi algo que investigou incluso o Departamento de Xustiza dos EEUU. Atacaron a débeda dos países, nomeadamente do sur de Europa, (foi triste ver a Zapatero reunido en Wallstreet con representantes dos fondos para tratar de acougalos). Agora que a economía tocou fondo chegou o momento de caer sobre as cadavéricas economías do sur da Europa para saciar o seu desmedido apetito.
A chegada dos fondos voitre ao Estado Español non é casual, como tampouco o é en Grecia ou en Portugal (Apollo que mercou EVO, opta a poxa dunha aseguradora de Caixa Geral en Portugal). Arruínan países atacando a súa débeda, a súa moeda, a súa economía, desvalorizando as súas empresas e os bens dos cidadáns, co obxectivo de mercar a prezo de saldo e tirar negocio das desgrazas que provocan. Por moito que digan Feijoo e Rajoy, Montoro ou Botín, a súa chegada non é unha mostra de confianza na economía, todo o contrario os voitres aliméntanse da prea.