FMI. Gravísimo erro de cálculo, ou perspectiva perversa conxénita?
un pensa que este enfoque presuntamente trabucado, é, en realidade, un defecto conxénito ou unha manifestación máis do perverso que é o sistema
Lía hai uns días en “L’humanité” que o FMI recoñecera que a austeridade que impuxo aos gobernos para saír da crise fora un erro de cálculo, polo que dous eminentes economistas desa organización (Olivier Blanchard e Daniel Leigh) entoaban un mea culpa recoñecendo o seu “erro de predición económica”, e pedindo perdón pola grave equivocación que os levou a mergullar a 26 países nunha crise mortal de austeridade por “un error de modelo matemático”. O fallo tería sido que o seu modelo non previra nin o nivel das taxas de interese nin o efecto da austeridade sobre o consumo interior. Recoñecen, igualmente que o seu modelo subestimou moito a subida do paro, e así torceuse toda a predición dos ingresos fiscais dos estados. Mesmo, seica chegan a “pedir perdón polos mortos” deste “erro de cálculo”, en Grecia e noutros países europeos.
En primeiro lugar, chamoume a atención, e pareceume gravísimo, a falla de eco dunha información tan salientable nos titulares dos medios de comunicación deste país. Recoñezo que non vin ese día nin no seguinte, tódolos telexornais, nin tódolos diario radiofónicos, nin os diarios en papel galegos e españois… pero os que si vin non deron en ningún deles esa noticia bomba; só saíu en algún medio alternativo. Evidentemente, na España do PP era unha noticia incómoda, para o goberno e os que mandan, cos leus medios lacaios e o resto de políticos cómplices.
Pero, de seguida, un, que sabe moito menos de economía que eses sapientísimos economistas, pensa: pero ti es parvo ou tómasme a min por parvo? O razoamento paréceme tan elemental, e xa se ten dito tanto desde hai meses por activa e por pasiva, ata nos mesmo carteis das manifestacións, que non é comprensible que se “caia na conta” tan tarde por parte dos que din que saben de economía. E por citar un eminente economista dos que se estudan nos manuais, Keynes dicía en 1936 que “as decisións humanas que comprometen o porvir das persoas, política ou economicamente non se poden inspirar nunha estrita previsión matemática, xa que a base de tal previsión non existe”.
Máis ben, un pensa que este enfoque presuntamente “trabucado”, é, en realidade, un defecto conxénito ou unha manifestación máis do perverso que é o sistema. E, por iso, non só sospeito, senón que penso firmemente, que, seguramente, tal “erro” agora recoñecido non sirva de lección para este órgano que, xunto co loby económico ao que serve -que ten máis poder que os mesmos estados- para que a institución saque unha lección consecuente e pida cambiar o rumbo da economía, até que sirva aos intereses particulares dos poderosos, que medraron coa crise como as fortunas que se fixeron co estraperlo na postguerra. Esa institución perversa para os intereses da meirande parte da xente, sobre todo os máis humildes, non “abriu ollos”, confrontándose coa realidade-real, porque non hai peor cego que o que non quere ver, como xa dicía sabiamente o mestre nazareno.