Chámanlle FROB pero queren dicir ESTAFA
Mentres fan desaparecer o público e a clase traballadora se empobrece a pasos axigantados, a banca española gana cartos e as grandes fortunas acumulan máis e máis euros
A realidade da crise económica fai que cada día tome actualidade a frase de Marx: “A historia da humanidade é a historia da loita de clases”. O aumento da produtividade en toda Europa só serviu para aumentar cada vez máis as rendas do capital e diminuír as rendas do traballo. En 2012 as rendas do capital representaron no Estado Español o 58,4% do PIB. As políticas neoliberais, que aplicarían os gobernos europeos -socialdemócratas- durante os anos 80, buscaban elevar a competitividade aumentando as exportacións, a costa de diminuír a demanda doméstica -reducindo salarios. O grande aumento das rendas do capital, fronte as rendas do traballo -coa consecuente baixada da demanda privada- foi salvada con grandes investimentos do sector público en infraestruturas e co endebedamento da clase traballadora que tiña moi fácil o acceso ao crédito, sobre todo coa chegada do euro.
Estas políticas fixeron que a rendibilidade fora moito máis elevada no sector especulativo que no produtivo, aumentando o peso do capital financeiro -resultante do endebedamento das familias e da actividade especulativa-.
E ca única finalidade de seguir facendo rendíbel o sector especulativo, o capital organiza un grande roubo a clase traballadora e poñen a súa fronte no Estado Español ao FROB - Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria- e a SAREB -Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria- ou coñecido popularmente como banco malo.
O pasado venres 26 de xullo coñecíanse as contas de 2012 do FROB no que da por perdidos 36.000 millóns de euros dos 52.000 millóns de euros que inxectara durante o pasado ano na banca española.
Por entidades, entre o perdido entre 2011 e 2012, só Bankia suma 13.641 millóns, Catalunya Banc, 9.642 millóns, 6.649 millóns Novagalicia Banco e 5.498 millóns do Banco de Valencia vendido por 1 euro a CaixaBank.
Según as contas de 2012 do FROB Catalunya Banc ten un valor de 2.410 millóns, que podería reducirse a cero ou mesmo ter valor negativo si os compradores piden axudas para quedarse coa antiga Caixa Catalana. Novagalicia Banco está valorada en 2.334 millóns, unha cifra que seguro que tamén será rebaixada cando se subaste.
O furado patrimonial que ten o FROB a día de hoxe é de 21.831 millóns. Para tapalo, o fondo utilizará os cartos do préstamo da UE, o MEDE, que lle concedera ao Estado Español 40.000 millóns de euros e que o Estado -neste caso, as/os traballadoras/es-, ao contrario que a banca española, si teremos que devolver. E para poder devolverlle aos bancos- sobre todo alemáns- os cartos que lle facían falla a banca española, hai que facer recortes, privatizar e liberalizar até chegar a escravitude o mercado laboral.
E o peor é que o roubo acaba de comezar. As estimacións que organismos oficiais fan do custe da reestruturación do sistema financeiro español é de 220.000 millóns de euros. Dito de outra maneira, se no estado español hai 47 millóns de habitantes dos que menos de 17 millóns son poboación activa, cada traballador/a aportará 12.900€ para pagarlle os pufos aos banqueiros e especuladores.
E só un dato máis sobre o FROB, aínda que en número de millóns é o chocolate do loro, representa moi ben a fraude que é o sistema económico e social no que vivimos. Durante o 2011 o FROB gastou en informes 5 millóns e pico de euros e 8,8 millóns en 2012. Estes informes sobre a situación da banca española non os puideron realizar funcionarios do Ministerio de Economía ou do Banco de España, organismos dos que depende o FROB, senón que tiveron que encargarllos a consultoras e bancos de investimento internacionais, principais protagonistas da especulación financeira. En maio de 2011- aínda co PSOE no goberno-, o FROB contrata as consultoras Ernst & Young, KPMG e BDO para que valoren a Unnim, Novagalicia e CAM. O Banco de España (por encargo do Ministerio de Economía) desembolsou 31,39 millóns de euros por unha "prueba de resistencia global a la banca española” a consultora estadouniense Oliver Wyman e á alemá Roland Berger.
Para deseñar o SAREB –banco malo, gastaron 2 millóns de euros en contratar a Alvarez & Marsal, que a sua vez subcontratou a consultora británica PwC -na que traballaba Luis de Guindos- e ao banco de investimento xaponés Nomura.
Mentres fan desaparecer o público e a clase traballadora se empobrece a pasos axigantados, a banca española gana cartos e as grandes fortunas acumulan máis e máis euros.
Unha nova volta de torca dun sistema perverso e estafador que segue acumulando capitais custe o que custe. A variación interanual dos salarios no Estado foi de -0,7%, mentres en Galiza o custe salarial baixou en 2012 o -3,3% (26.507€). Unha traballadora ou un traballador galego tivo uns ingresos polo seu traballo de 19.431€ anuais de media. Mentres os salarios siguen baixando – 80.000 galeg@s quedaron sen convenio laboral- a multinacional galega INDITEX gañou en 2012 un 22% máis e o seu principal accionista ingresou só de beneficios de 2012 813 millóns.